Europa é un dos satélites naturais de Xúpiter, foi descuberto en 1610, é o sexto en tamaño e o máis pequeno dos catro satélites galileanos descubertos por Simon Marius e Galileo Galilei.
Este satélite ten un diámetro de 3.121 Km, 350 Km menos que o diámetro da Lúa e unha cuarta parte aproximadamente da do noso Planeta. Seu período de rotación é de 3 días e 14 horas e a súa temperatura é de -163ºC a 223ºC nos polos, e ao igual que a Lúa, Europa ten unha rotación sincrónica, é dicir, dende a superficie de Xúpiter sempre se vería a misma cara do satélite. Isto dáse cando a velocidade de rotación angular e de translación orbital coinciden.
O satélite Europa púxose no punto de mira de futuras misións espaciais pola posibilidade de encontrar formas de vida extraterrestre baixo a súa capa de xeo, de entre 80 a 170 Km de profundidade. Estímase que Europa podería ter 2 ou incluso 3 veces máis auga que o no noso planeta, sendo máis pequeno que a Lúa.
En outubro de 2024 lanzarase unha sonda espacial interplanetaria chamada Europa Clipper co obxectivo de sobrevoar Xúpiter para así estudar o satélite galileano.
Esta non é primeira misión que se fai sobre Europa sino que é unha continuación da sonda espacial Galileo que estivo orbitando durante 15 anos o planeta gaseoso. Esta sonda descubriu un océano líquido baixo a capa de xeo do satélite o que fixo aparecer a posibilidade da existencia de vida simple, como bacterias. A súa misión finalizou no 2003 cando se desintegrou na atmosfera de Xúpiter intencionadamente para así evitar contaminar o satélite.
A misión Clipper é unha sonda desenvolvida pola NASA coa colaboración da axencia espacial de Elon Musk, Space X, que se ocupara da fabricación da nave e do servizo de transporte.
Ata o de agora, a misión máis ambiciosa que se propuxo é Europa Lander que buscara aterrar no satélite. Inicialmente esperábase que se lanzara 2 anos despois da misión Europa Clipper pero comprobouse que os prazos eran imposibles de cumprir, polo presuposto dispoñible e porque non teria sentido lanzar unha nova misión sen ter antes os datos recollidos por Europa Clipper. A día de hoxe a misión Europa Lander non se espera lanzar antes do 2030.
Que pasaría si Tea non colapsara coa Terra fai 4533 millóns de anos?
Primeiramente non teríamos a nosa Selene, mais ben coñecida como Lúa, o noso único satélite natural. Ademais, a vida na terra non sería a mesma tal e como a coñecemos, xa que sería imposible de que se deran as condicións de vida actuais.
Sen ela non existirían as subidas e baixadas do nivel do mar, grazas a gravidade do satélite que tira da Terra, e viceversa. Tamén está demostrado que a Lúa se vai afastando 3cm anuais e damos a supoñer que fai millóns de anos estas subidas e baixadas serían de quilómetros. Ademais, a lúa mantén a estabilidade do clima e o ciclo de estacións. Se a Lúa nos tirara cara ela na noite, a Terra tardaría 8h en dar unha volta completa, o que afectaría con ventos mais violentos, maior campo magnético e o ano tería 1095 días.
Xa sabemos que a Lúa é unha parte fundamental da nosa existencia, pero a gran pregunta é, como se formou Selene? A principal teoría que explica a formación da Lúa é a gran colisión de Teia ca Terra. Pero, que é Teia?
Tea, Teia ou Theia é un protoplaneta hipotético (do tamaño de Marte) do noso Sistema Solar, que segundo a teoría do impacto xigante, chocou contra a Terra primitiva. Existen 5 puntos de Lagrange na órbita terrestre onde os efectos da gravidade do planeta se anulan con respecto aos do sol, e facilita o acercamento, e neste caso a colisión, ca Terra. Neste punto, se cría que en L4 Tea empezou a formarse hasta chegar un punto no que era tan grande como Marte e non puido quedar mais tempo nesta órbita. A forza gravitacional impulsaba a Tea fora de L4 hasta que chegou un punto no que choca contra a Terra. Inicialmente se pensaba que Teia chocou contra a Terra con un golpe oblicuo e que destes restos creados se xuntaron hasta crear dúas lúas, que posteriormente chocaron formando a Lúa actual.
As análises químicas feitas á Lúa indican que esta composición é moi parecida a da Terra, xa que os isótopos de osíxeno son a forma de identificar a planetas e meteorítos. Estes son moi diferentes no sistema solar, e, por outro lado, os da Terra e a Lúa son moi similares. Como non se sabe con certeza de onde veu Tea, podería estar formada por partes da Terra ou podería ter xurdido noutra parte do sistema solar.
Pero isto non acaba aquí, xa que se descubriu que o manto de Tea sería máis denso que o da Terra facendo que se xuntara en pilas termoquímicas no manto da Terra.
Non sabemos con certeza moitas preguntas sobre o universo, e cada vez podemos saber con máis certidume algúns aspectos do noso planeta e os seus arredores.
Algunhas estrelas poñen fin á súa evolución nunha explosión cósmica masiva coñecida como supernova. Estas explosións producen gran parte do material do universo, incluíndo elementos como o ferro, que conforma o noso planeta. As supernovas engaden elementos ás nubes de po e gas do espazo, favorecendo así a diversidade interestelar, e producen ondas de choque que condensan as nubes de gas e axudan á formación de novas estrela. Moitas arrefrían e terminan os seus días como ananas brancas. Unha anana branca é o que queda despois de que unha estrela do tamaño do noso Sol queda sen combustible. Ademais disto, este tipo de supernovas é empregado polos científicos para medir a distancia no espazo.
Hai moitos tipos de supernovas desde a I ata o II-L. As supernovas producidas por ananas brancas pertencen ao tipo Ia. Dentro de todos estes tipos podemos atopar dous moi claros os cales son as supernovas termonucleares e as gravitacionais. As termonuclearesson as supernovas nas que unha anana branca rouba materiais a unha estrela próxima facendo que a anana branca explote xerando unha supernova. As supernovas gravitacionais son aquelas producidas pola explosión dunha estrela masiva. Esta sucede por unha inestabilidade da presión da estrela o que ocasiona un colapso da súa capa externa o que desenvolve na explosión masiva da estrela xerando unha supernova.
Aínda que se poda pensar que suceden moitas supernovas na nosa galaxia a verdade e que non, os astrónomos afirman que na nosa galaxia, a Vía Láctea, só suceden dúas ou tres supernovas cada século.
Entón preguntaraste: Como saben tanto sobre elas? Pois iso é grazas a diferentes telescopios espaciais (Por exemplo: O NuSTAR, que usa os raios X para investigar o universo) que permiten visualizar supernovas noutras galaxias, permitíndonos saber máis sobre elas.
Antiga vida en Marte? Posible vida en Marte? Futura vida en Marte? Preguntas con, ou sen resposta?
Marte, tamén chamado "planeta vermello" sendo desta cor polo ferro oxidado que ten no solo, é o cuarto planeta do Sistema Solar respecto á súa proximidade ao Sol. Forma parte do grupo de planetas rochosos ou interiores.
Foi creado polo Big Bang, unha explosión que deu lugar ao comezo do universo. Como resultado da gravidade, os restos da explosión comezaron a colapsarse entre eles dando lugar ao Sol. Posteriormente a gravidade atraeu ao resto de partículas agrupándoas en corpos máis grandes, formando os planetas, e polo tanto, formando tamén Marte. Esas partículas eran de diferentes tamaños, por iso existen planetas máis grandes ou máis pequenos que outros. No caso de Marte, é, máis ou menos, a metade do tamaño da Terra.
Na actualidade, é un planeta seco, no que abundan as rochas, inhóspito e frío, pero no pasado foi máis cálido e estivo cuberto de auga. Diferentes probas lévannos a pensar que antigamente houbo inundacións. De feito crese que puido ser habitado uns 100 mil anos antes ca Terra.
Ademais hai indicios de que houbo vida, xa que no planeta había auga, compostos orgánicos que contiñan carbono e reaccións químicas activas que proporcionaban enerxía.
Nestes momentos hai auga principalmente no seu po xeado e nas finas nubes, e crese que pode haber unha gran cantidade de microbios resistentes, que segundo certos estudos, algúns estarían sobrevivindo baixo terra en estado conxelado.
Ao igual que o noso planeta, Marte tamén ten estacións, casquetes polares, volcáns, canóns e clima. A súa atmosfera é pouco densa e está feita por dióxido de carbono, nitróxeno e argón.
A pesar destas semellanzas, as posibilidades de poder vivir en Marte, de momento son moi baixas. Hai máis CO, pouca gravidade, unha radiación diferente á do noso planeta e perderíamos a masa ósea en dous ou tres anos.
Moitas misións chegaron a Marte coa intención de investigar e coñecer máis sobre o planeta, pero ningunha delas foi tripulada.
Proxéctase poñer astronautas na órbita marciana sobre o ano 2030. Antes que os humanos, hai unha posibilidade de que as primeiras pisadas en Marte sexan de robots.
Por último comentarei a terraformación, que é o proceso, de momento teórico, de modificar a atmosfera e a temperatura, neste caso dun planeta, ata deixalo nas condicións adecuadas, para soster un ecosistema confortable para os seres vivos da Terra. A posibilidade de crear unha biosfera planetaria noutro planeta parecida á da Terra aínda precisa ser desenvolvida. Sería un proceso moi lento.
Marte é o candidato máis problable para as primeiras experiencias en terraformación, xa que é o planeta máis próximo e parecido á Terra. A NASA está estudando formas de quecer o planeta e de alterar a súa atmosfera coa tecnoloxía dispoñible.
COMO BOLAS DE BILLAR
A teoría do Big Bang é a teoría máis acertada de como o universo comezou. O seu nome "big bang" en inglés significa gran explosión.
En 1927, un astrónomo chamado Georges Lamaître tivo unha grande idea. O que fixo foi dar a teoría de que o universo comezara sendo un pequeno punto que era moi quente e nin se podía producir átomos onde estaba concentrada toda a enerxía e materia, e que pouco a pouco arrefriándose íase expandindo ata chegar a ser tan grande como agora, e que seguirá agrandándose cada vez máis e máis. Así é como se creou tamén o espazo-tempo.
Con o paso do tempo a medida que a materia era un punto case inexistente e infinitamente pequena con gran cantidade de densidade, chegado a un momento dado se expandiu en todas as direccións posibles. Chegou un punto en que todo o universo acabou arrefriándose tanto que así se formaron as primeiras partículas subatómicas. Máis tarde formáronse os átomos creando cada vez máis elementos e ata chegaron a crearse estrelas e incluso galaxias, e todo o que hoxe en día coñecemos.
O Big Bang ten 7 etapas que debemos ter en conta:
Inicial.
Inflación.
Formación da Materia.
Primeiros átomos.
Incendio do Universo.
Formación de estrelas.
Formación da materia escura.
Segundo a teoría do Big Bang o universo antes estaba formado basicamente por luz e enerxía. Nada que ver con o que se ve hoxe en día.
Edwin Hubble en 1929 fixo un descubrimento crucial. Dende o observatorio do Monte Wilson en L.A. deu coa teoría que acabaría sendo certa de que as galaxias non son estáticas si non que se manteñen en movemento e cada vez se van afastando máis do planeta Terra. Isto danos a entender que non só as galaxias se moven, senón que todo o universo o fai.
A mediados do século XX, Stephen Hacking, Roge Penrose e George F.R Ellis, tres astrofísicos deron coa teoría da relatividade e prestáronlle atención poñendo a proba o que entendemos como o tempo. Eles deron a entender que o espazo e o tempo tiveron un inicios finitos que corresponden coa orixe da materia e a enerxía.
Hai moitas teorías de como o universo comezou, pero o Big Bang é a máis realista e a que con moitísima probabilidade sexa totalmente verdade.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, conta cun diámetro ecuatorial
de 3474,8 km, é o quinto satélite máis grande do sistema solar, pero é o satelice de maior tamaño proporcional respecto a o seu planeta, ten
unha superficie moi escura. A lúa ten influencia sobre as mareas debido á gravidade, e sobre o medio ambiente. Por outra banda como podemos ver a Lúa non se ve todos os días coa mesma iluminación do noso planeta, se non que pasa por diferentes fases segundo a posición respecto á Terra e ó Sol.
As principais fases da Lúa son catro: Lúa nova, Lúa chea, cuarto crecente e cuarto minguante. Pero ata chegar a elas prodúcense fases como: crecente cóncava, crecente convexa, minguante cóncava e minguante convexa.
A Lúa Nova: Durante esta fase, a Lúa atópase entre a Terra e o Sol, o que significa
que a metade lunar que vemos non está iluminada e a Lúa vólvese
practicamente invisible no firmamento.
Cuarto Crecente: A medida que aumenta a superficie iluminada da Lúa, adéntrase nunha fase coñecida como crecente e menos da metade parece chea.
Lúa Chea: Nesta fase, a Lúa atópase detrás da Terra respecto ao Sol e a súa cara está totalmente iluminada.
Cuarto Minguante: Pódese ver o lado esquerdo no Hemisferio Norte e ó revés no hemisferio sur.
Isto que acabo de contar xa o sabemos todos pero agora, vos diredes, como se creou a Lúa ? Pois ben teremos que trasladarnos uns 4500 millóns de anos. Como vos acabo de dicir a orixe da Lúa foi fai 4500 millóns de anos producida por unha explosión de detritos producida por mor da colisión dun protoplaneta do tamaño de Marte, chamado Tea, contra a Terra. Esta teoría coñécese como a Teoría do gran Impacto.
Pasando disto tamén cabe destacar a importancia que tivo no home e a Humanidade: O ser humano sempre tivo relación coa Lúa. A Lúa empregouse tamén para explicar por exemplo, as mareas altas e baixas dos océanos, os noso estados de ánimo etc.A chegada do home a Lúa ocorreu durante a Guerra Fría ,esta propiciou a carreira espacial entre EEUU e a Unión soviética. Ambas nacións pretendían demostrar a súa superioridade militar e tecnolóxica contra o adversario. O Programa Apolo estivo composto por 14 misións distintas, sendo a 11 a que marcou un precedente de gran tamaño para a historia espacial. A histórica misión do Apolo 11 despegou de Cabo Canaveral, Florida, o 16 de xullo de 1969, levando ao comandante Neil Armstrong, ao piloto do módulo de mando Michael Collins e ao piloto do módulo lunar EdwinAldrin a bordo.
A NASA no mes de xullo do ano 1960 puxo en marcha o Programa Apolo, xusto antes de que rematara outro programa chamado Programa Gemini. A idea principal deste era atopar un lugar axeitado para que unha viaxe tripulada se pousara na Lúa, mais pola presión da carreira espacial fixeron deste programa o proxecto definitivo para que o home pisara a Lúa por primeira vez.
O Proxecto Apolo foi un triunfo moi importante para a tecnoloxía moderna, destas seis misións lograron pousarse na superficie lunar con éxito; foron o Apolo 11, 12. 14, 15, 16 e 17. Pero houbo un erro no Apolo 13 xa que non puido chegar á súa alunizaxe pola explosión dun tanque de osíxeno líquido no módulo de servizo pero tódolos tripulantes chegaron sans e salvos. Nesta misión foi na que o astronauta Jack Swigert exclamou a famosa frase: ``Houston, temos un problema.´´ Esta misión retomou a atención do público cando parecía que xa non había interése por este programa, foi o sétimo voo que a NASA enviaba ao espazo é o terceiro que tiñan pensado que alunizara. Esta nave foi enviada no ano 1970.
Ademais os Apolos 2, 3, 4, 5, e 6 foron lanzamentos automáticos. Os Apolo 7e 9 foron dúas probas tripuladas pola órbita terrestre e por último dúas probas máis. o Apolo 8 e 10 que foron unhas misións só orbitais a Lúa, é dicir que non chegaron a realizar a alunizaxe. Hasta o ano 1975 onde se lanzou a última nave Apolo.
No ano 1967 pouco antes do lanzamento do Apolo 1 cunha misión tripulada por tres astronautas, sucedeu unha traxedia, na proba dos sistemas do módulo de mando, houbo un incendio producido pola chispa dun cortocircuíto e osíxeno 100% puro o cal fixo que entrara en combustión e levou por diante a vida dos tres astronautas da NASA.
Pero foi o 20 de Xulio de 1969 cando alunizou o mítico Apolo 11 cos astronautas Neil Amstrong e Edwin Buzz Aldrin os cales puideron alunizar, pero tamén estaba a bordo o astronauta Michael Collins o cal quedou na nave, arredor da órbita lunar. Estes foron os primeiros homes que pisaron a Lúa e trouxeron mostras para analizar como rochas, fotografías ou panorámicas. O primeiro que dixo Neil Amstrong ao poñer un pé no noso satélite foi: "Un pequeno paso para o home, un gran paso para a humanidade". O módulo lunar alunizou as 103 horas do seu despegue, aproximadamente.
En conclusión as viaxes espaciais serviron para coñecer o universo dende outras perspectivas entendelo mellor. O programa Apolo foi unha das investigacións máis importantes ata o momento.
Xa se sabe que en un futuro Andrómeda (que e a galaxia máis próxima a Vía Láctea a cal é a galaxia na que nos atopamos) chocará e fusionarase coa Vía Láctea, para este suceso aproximase que faltan uns 4000 millóns de anos. Cando isto suceda, pensase que as dúas galaxias van formar unha nova galaxia en espiral (son un tipo de galaxia de forma plana e redonda no centro, desde o centro saen brazos con forma de espiral, este tipo de galaxia ten un contido variado entre estrelas e planetas xoves)
Que vai pasar cando estas dúas galaxias choquen?
O máis probable e que nos xa non existamos, xa que o sol vaise expandir ata engulir a Terra, cando a Vía Láctea se fusione con Andrómeda o sol xa terá medrado o suficiente como para tostar a Terra ata extinguir toda vida que se atope nela.
Agora has dúas galaxias están separadas por 2.5 millóns de anos luz e estanse aproximando unha a outra a unha velocidade de 402.000 Km/h. Cando pasen os 4000 millóns de anos ámbalas galaxias chocaran, cando isto pase has galaxias voaran unha a través da outra, facendo que has constelacións cambien, unha das razóns polas que isto vai pasar e por que a colisión entre galaxias vai provocar un bucle estrelado, este bucle mantease uns miles de millóns de anos ata que finalmente has dúas galaxias terminen de fusionarse por completo.
Un asteroide é un corpo rochoso celeste que
orbita a redor do sol a unha distancia inferior á de Neptuno. O seu tamaño é
reducido (menor que un planeta pero maior que un meteoroide) e adoitan ter
formas irregulares. O termo asteroide foi creado en 1802 por William Herschel
aínda que non foi ata 2006 que se lle empezou a chamar de ese modo. Giuseppe Piazzi descuriu o primer asteroide(Ceres) no século XIX, pero en 2006 pasou a ser
considerado planeta anano, polo que na actualidade Palas é considerado o primer asteroide en ser descuberto.
William Herschel
Para levar a cabo investigación dos asteroides
fixéronse varias misións de lanzamentos de sondas ao espazo, entre elas atopase
OSIRIS-REx.
Que é OSIRIS-REx?
OSIRIS-REx (Origins, Spectral Interpretation,
Resource Identification, Security-Regolith Explorer) é unha sonda espacial da NASA que ten
como misión principal alcanzar o asteroideBennu e recoller mostras de material da superficie para
posteriormente traelas á Terra e analizalos. Isto axudará aos científicos a comprender mellor a
composición, a historia dos asteroides e os posibles riscos que poden supoñer para
á Terra no futuro.
A sonda lanzouse o 8 de setembro do ano 2016
dende Cabo Cañaveral en Florida, Estados Unidos. Viaxou durante dous anos
facendo varias correccións da súa traxectoria ata que chegou a Bennu o 3 de
decembro de 2018.
Como é
Bennu?
É un asteroide de tipo B, o que significa que
está composto principalmente por carbón, o que lle da unha cor escura.
Ten un diámetro aproximado de 500 metros.
É un asteroide próximo á Terra (NEA o Near-Earth
Asteroid )polo que pertence aos asteroides potencialmente perigosos. A súa
distancia de intersección orbital coa terrestre e de 0,05ua ou menor.
Que descubriu
a sonda sobre Bennu?
Despois de chegar ao asteroide a sonda empezou
a facer estudos e fixo varios descubrimentos:
Asteroide é unha acumulación de entullo.
Pequenos fragmentos da superficie saian
despedidos do asteroide dende o ecuador. Algúns de estes fragmentos volvían a
posarse sobre a superficie pero outros quedaban en órbita.
Isto último ocorre debido a tres factores: a baixa gravidade e a rotación
rápida do asteroide, e a baixa velocidade que teñen os fragmentos. Había teorías
sobre isto pero non había probas reais.
A cápsula chegou á superficie da Terra
o 24 de setembro de 2023 con 250 gramos de mostras recollidas. Agora as mostras
atópanse no Centro Espacial Jhonson da NASA en Houston.
A misión OSIRIS-REx e o
estudio de Bennu é un exemplo do esforzo que fai a comunidade científica para
comprender mellor o sistema solar e os desenvolvementos técnicos que poden axudar a evitar impactos de
asteroides na Terra.
A Vía Láctea é unha galaxia pero, que é unha galaxia? Unha galaxia é unha estrutura astronómica que contén estrelas e materia interestelar como planetas, gases (fundamentalmente hidróxeno), meteoros que se manteñen unidos nun lugar máis ou menos definido pola atracción gravitacional.
A Vía Láctea é unha galaxia e como todas elas consta de 3 partes:
Halo: Estrutura esférica que rodea a galaxia, contén un pequeno número de estrelas e nubes de gas, sen embargo contén gran cantidade de cúmulos globulares, conxuntos de estrelas vellas que xiran arredor da galaxia e materia escura que inflúe gravitacionalmente no movemento da mesma.
Disco: Estrutura onde están contidas a maior parte das estrelas novas, a diferencia do halo no disco atópase a maior parte do gas e é onde teñen lugar os procesos de nacemento das estrelas.
Bulbo: Rexión central da galaxia con maior densidade estelar, ten unha forma esférica aplanada.
Onde se atopa exactamente a Vía Láctea e cando se formou? A Vía Láctea atopase nun cúmulo dunhas corenta galaxias chamado o Grupo Local, dentro de este conxunto esta catalogada como a segunda máis brillante.
A formación da galaxia tivo lugar hai uns 12 o 13 mil millóns de anos, unha idade moi próxima á estimada para o cosmos enteiro, ao longo de moitos anos foron sumándose varias galaxias novas ata chegar ao actual tamaño da Vía Láctea.
O nome de Vía Láctea procede das antigas culturas grega e romana, os gregos e os romanos, cando miraban cara o ceo e vían a Vía Láctea recordáballes a un río de leite. E tanto foi así que crearon un mito grego para darlle nome a esa estrutura do ceo. Pero o nome en si provén do latín e significa "camiño de leite".
Algunhas características xerais da Vía Láctea son:
A súa forma de espiral plana, que ten 200 mil anos luz de largo.
As entre 100 e 400 mil millóns de estrelas.
A existencia dun burato negro no medio da galaxia, chamado Saxitario A.
A súa futura unión coa súa galaxia veciña Andrómeda.
A existencia dunha galaxia practicamente igual ca nosa chamada A Irmá.
Pode verse a simple vista.
Aínda que a Vía Láctea se poda ver a simple vista, as imaxes de google da Vía Láctea non son reais, son representacións de como pensamos que é, xa que non podemos observala desde fóra para poder saber como é exactamente.
Como xa mencionei varias veces a Vía Láctea pode verse a simple vista, aínda que só sexa unha parte, concretamente o bulbo, este pódese observar nunha noite cerrada lonxe de luces artificiais que poidan interferir.
A misión DART da NASA, que tivo lugar o 27 de setembro de 2022ás 00:55 hora española, é un feito significativo na exploración espacial e na investigación. Esta misión tiña como obxectivo probar a impactar unha sonda espacial contra un asteroide, e poder desviar a súa traxectoria. Neste caso, o obxectivo era Dimorpho, unha pequena lúa do asteroide Didymos con 160 metros de diámetro, como o tamaño do Coliseum Romano. Foi lanzado a unha velocidade de aproximadamente 6,6 quilómetros por segundo (km/s) ou ao redor de 23,760 quilómetros por hora (km/h) foron 10 meses de viaxe.
A misión DART logrou con éxito o seu obxectivo modificando a órbita de Dimorfo en 32 minutos. Isto marcou un gran logro na capacidade da humanidade para alterar as traxectorias de asteroides perigosos que poderían chocar coa Terra no futuro. A modificación da órbita considerouse un éxito cando a corrección se conseguiu en pouco máis de 73 segundos. Os científicos calculan que o impacto do DART desprazou ao espazo máis de mil toneladas de rochas polvorientas, (suficiente para encher seis ou sete vagóns de ferrocarril).
Esta misión é histórica porque é a primeira vez que os científicos demostran con éxito a capacidade de cambiar a órbita dun corpo celeste mediante un impacto controlado. Este coñecemento é fundamental para futuras misións de defensa planetaria, nas que é posible que debamos intervir para desviar os asteroides que supoñen unha ameaza para a Terra.
Dimorfo non foi o único estudado. Hai asteroides moito máis grandes, de 140 metros ou máis, que, se chocan contra a Terra, poderían provocar catástrofes a gran escala, comparables a un accidente nuclear. Polo tanto, comprender como cambiar a traxectoria dos asteroides é garantir a nosa seguridade. A misión DART da NASA é un paso importante na capacidade da humanidade para defenderse contra asteroides perigosos que poden ameazar a Terra no futuro. O éxito desta misión foi un precedente para a investigación de defensa planetaria e prepáranos mellor para afrontar as posibles ameazas espaciais.