Amosando publicacións coa etiqueta #universo #nasa #asteroides #impacto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #universo #nasa #asteroides #impacto. Amosar todas as publicacións

22 outubro 2023

UN CHOQUE UNIVERSAL

 




Xa se sabe que en un futuro Andrómeda (que e a galaxia máis próxima a Vía Láctea a cal é a galaxia na  que nos atopamos) chocará e fusionarase coa Vía Láctea, para este suceso aproximase que faltan uns 4000 millóns de anos. Cando isto suceda, pensase que as dúas galaxias van formar unha nova galaxia en espiral (son un tipo de galaxia de forma plana e redonda no centro, desde o centro saen brazos con forma de espiral, este tipo de galaxia ten un contido variado entre estrelas e planetas xoves) 



Que vai pasar cando estas dúas galaxias choquen?

O máis probable e que nos xa non existamos, xa que o sol vaise expandir ata engulir a Terra, cando a Vía Láctea se fusione con Andrómeda o sol xa terá medrado o suficiente como para tostar a Terra ata extinguir toda vida que se atope nela.

Agora has dúas galaxias están separadas por 2.5 millóns de anos luz e estanse aproximando unha a outra a unha velocidade de 402.000 Km/h. Cando pasen os 4000 millóns de anos ámbalas galaxias chocaran, cando isto pase has galaxias voaran unha a través da outra, facendo que has constelacións cambien, unha das razóns polas que isto vai pasar e por que a colisión entre galaxias vai provocar un bucle estrelado, este bucle mantease uns miles de millóns de anos ata que finalmente has dúas galaxias terminen de fusionarse por  completo.





10 outubro 2023

BALLET CELESTIAL

A misión DART da NASA, que tivo lugar o 27 de setembro de 2022 ás 00:55 hora española, é un feito significativo na exploración espacial e na investigación. Esta misión tiña como obxectivo probar a impactar unha sonda espacial contra un asteroide, e poder desviar a súa traxectoria. Neste caso, o obxectivo era Dimorpho, unha pequena lúa do asteroide Didymos con 160 metros de diámetro, como o tamaño do Coliseum Romano. Foi lanzado a unha velocidade de aproximadamente 6,6 quilómetros por segundo (km/s) ou ao redor de 23,760 quilómetros por hora (km/h) foron 10 meses de viaxe.
A misión DART logrou con éxito o seu obxectivo modificando a órbita de Dimorfo en 32 minutos. Isto marcou un gran logro na capacidade da humanidade para alterar as traxectorias de asteroides perigosos que poderían chocar coa Terra no futuro. A modificación da órbita considerouse un éxito cando a corrección se conseguiu en pouco máis de 73 segundos. Os científicos calculan que o impacto do DART desprazou ao espazo máis de mil toneladas de rochas polvorientas, (suficiente para encher seis ou sete vagóns de ferrocarril).

Esta misión é histórica porque é a primeira vez que os científicos demostran con éxito a capacidade de cambiar a órbita dun corpo celeste mediante un impacto controlado. Este coñecemento é fundamental para futuras misións de defensa planetaria, nas que é posible que debamos intervir para desviar os asteroides que supoñen unha ameaza para a Terra.

Dimorfo non foi o único estudado. Hai asteroides moito máis grandes, de 140 metros ou máis, que, se chocan contra a Terra, poderían provocar catástrofes a gran escala, comparables a un accidente nuclear. Polo tanto, comprender como cambiar a traxectoria dos asteroides é garantir a nosa seguridade.
A misión DART da NASA é un paso importante na capacidade da humanidade para defenderse contra asteroides perigosos que poden ameazar a Terra no futuro. O éxito desta misión foi un precedente para a investigación de defensa planetaria e prepáranos mellor para afrontar as posibles ameazas espaciais.




A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...