10 xuño 2024

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO


Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso corpo? Que cambios experimentamos?
Pero, antes de entrar ao concepto de puberdade, que é a adolescencia? É o mesmo que a puberdade?

A adolescencia é unha etapa máis ampla do desenvolvemento humano que inclúe a puberdade pero tamén abarca o desenvolvemento psicolóxico, emocional e social. É o período de transición entre a infancia e a idade adulta. 
Ademais dos cambios físicos da puberdade, a adolescencia inclúe o desenvolvemento da identidade persoal, a capacidade de pensamento abstracto e o establecemento de relacións sociais máis complexas e profundas.
En cambio, a puberdade, esta é a primeira fase da adolescencia, na que se producen os cambios característicos do paso da infancia á idade adulta.

En xeral, a adolescencia, considérase que oscila entre os 10-12 anos e os 18-20 anos, aínda que estes límites poden variar dependendo das definicións culturais e sociais. Durante esta, prodúcense cambios significativos en varias áreas, como o crecemento e desenvolvemento sexual: O corpo experimenta un rápido crecemento e cambios hormonais que conducen á maduración sexual. Nas nenas, prodúcese o cambio de nena a muller, isto inclúe o inicio da menstruación e o desenvolvemento do peito. Nos nenos obsérvase un aumento do tamaño dos testículos e do pene, así como a aparición de vello facial e corporal. Nos dous, hai un aumento da altura e do peso, así como cambios na distribución da graxa e no desenvolvemento muscular. 











Nesta etapa prodúcese a creación de hormonas, como xa comentamos, pero que son?
As hormonas son mensaxeiros químicos do corpo. Viaxan polo torrente sanguíneo ata os tecidos e órganos, ademais teñen un lento efecto e, co paso do tempo, afectan a moitos procesos diferentes, entre eles o crecemento e desenvolvemento.
En canto as hormonas sexuais, estas, teñen múltiples funcións tanto en homes como en mulleres. En xeral, estas hormonas son as responsables da aparición de caracteres sexuais secundarios durante a puberdade e, posteriormente, son as encargadas de regular todo o ciclo reprodutivo.


Nas mulleres, as hormonas sexuais son producidas polo ovario e son as encargadas de regular todo o ciclo menstrual e de actuar sobre o endometrio.
En relación ás hormonas sexuais masculinas, sintetízanse nos testículos e interveñen na produción de espermatozoides.

Entre as funcións máis importantes reguladas polas hormonas están o correcto funcionamento de múltiples órganos, o crecemento e desenvolvemento do corpo humano, a reprodución, as características sexuais, o uso e almacenamento de enerxía e o control dos niveis de líquidos no sangue glicosa.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...