COMO BOLAS DE BILLAR
A teoría do Big Bang é a teoría máis acertada de como o universo comezou. O seu nome "big bang" en inglés significa gran explosión.
En 1927, un astrónomo chamado Georges Lamaître tivo unha grande idea. O que fixo foi dar a teoría de que o universo comezara sendo un pequeno punto que era moi quente e nin se podía producir átomos onde estaba concentrada toda a enerxía e materia, e que pouco a pouco arrefriándose íase expandindo ata chegar a ser tan grande como agora, e que seguirá agrandándose cada vez máis e máis. Así é como se creou tamén o espazo-tempo.
Con o paso do tempo a medida que a materia era un punto case inexistente e infinitamente pequena con gran cantidade de densidade, chegado a un momento dado se expandiu en todas as direccións posibles. Chegou un punto en que todo o universo acabou arrefriándose tanto que así se formaron as primeiras partículas subatómicas. Máis tarde formáronse os átomos creando cada vez máis elementos e ata chegaron a crearse estrelas e incluso galaxias, e todo o que hoxe en día coñecemos.
O Big Bang ten 7 etapas que debemos ter en conta:
- Inicial.
- Inflación.
- Formación da Materia.
- Primeiros átomos.
- Incendio do Universo.
- Formación de estrelas.
- Formación da materia escura.
Segundo a teoría do Big Bang o universo antes estaba formado basicamente por luz e enerxía. Nada que ver con o que se ve hoxe en día.
Edwin Hubble en 1929 fixo un descubrimento crucial. Dende o observatorio do Monte Wilson en L.A. deu coa teoría que acabaría sendo certa de que as galaxias non son estáticas si non que se manteñen en movemento e cada vez se van afastando máis do planeta Terra. Isto danos a entender que non só as galaxias se moven, senón que todo o universo o fai.
A mediados do século XX, Stephen Hacking, Roge Penrose e George F.R Ellis, tres astrofísicos deron coa teoría da relatividade e prestáronlle atención poñendo a proba o que entendemos como o tempo. Eles deron a entender que o espazo e o tempo tiveron un inicios finitos que corresponden coa orixe da materia e a enerxía.
Hai moitas teorías de como o universo comezou, pero o Big Bang é a máis realista e a que con moitísima probabilidade sexa totalmente verdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.