18 outubro 2023

MINEIRO ESPACIAL

Giuseppe Piazzi

Que é un asteroide?

Un asteroide é un corpo rochoso celeste que orbita a redor do sol a unha distancia inferior á de Neptuno. O seu tamaño é reducido (menor que un planeta pero maior que un meteoroide) e adoitan ter formas irregulares. O termo asteroide foi creado en 1802 por William Herschel aínda que non foi ata 2006 que se lle empezou a chamar de ese modo. Giuseppe Piazzi descuriu o primer asteroide(Ceres) no século XIX, pero en 2006 pasou a ser considerado planeta anano, polo que na actualidade Palas é considerado o primer asteroide en ser descuberto.

William Herschel


Para levar a cabo investigación dos asteroides fixéronse varias misións de lanzamentos de sondas ao espazo, entre elas atopase OSIRIS-REx.





 

Que é OSIRIS-REx?

OSIRIS-REx (Origins, Spectral Interpretation, Resource Identification, Security-Regolith Explorer) é unha sonda espacial da NASA que ten como misión principal  alcanzar o asteroide Bennu e recoller mostras de material da superficie para posteriormente traelas á Terra e analizalos. Isto axudará aos  científicos a comprender mellor a composición, a historia dos asteroides e os posibles riscos que poden supoñer para á Terra no futuro.

A sonda lanzouse o 8 de setembro do ano 2016 dende Cabo Cañaveral en Florida, Estados Unidos. Viaxou durante dous anos facendo varias correccións da súa traxectoria ata que chegou a Bennu o 3 de decembro de 2018.

Como é Bennu?



  • É un asteroide de tipo B, o que significa que está composto principalmente por carbón, o que lle da unha cor escura.
  • Ten un diámetro aproximado de 500 metros.
  • É un asteroide próximo á Terra (NEA o Near-Earth Asteroid )polo que pertence aos asteroides potencialmente perigosos. A súa distancia de intersección orbital coa terrestre e de 0,05ua ou menor.

Que descubriu a sonda sobre Bennu?

Despois de chegar ao asteroide a sonda empezou a facer estudos e fixo varios descubrimentos:

  • Asteroide é unha acumulación de entullo.
  • Pequenos fragmentos da superficie saian despedidos do asteroide dende o ecuador. Algúns de estes fragmentos volvían a posarse sobre a superficie pero outros quedaban en órbita. Isto último ocorre debido a tres factores: a baixa gravidade e a rotación rápida do asteroide, e a baixa velocidade que teñen os fragmentos. Había teorías sobre isto pero non había probas reais.
A cápsula chegou á superficie da Terra o 24 de setembro de 2023 con 250 gramos de mostras recollidas. Agora as mostras atópanse no Centro Espacial Jhonson da NASA en Houston.

A misión OSIRIS-REx e o estudio de Bennu é un exemplo do esforzo que fai a comunidade científica para comprender mellor o sistema solar e os desenvolvementos técnicos que poden axudar a evitar impactos de asteroides na Terra.












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...