A NASA no mes de xullo do ano 1960 puxo en marcha o Programa Apolo, xusto antes de que rematara outro programa chamado Programa Gemini. A idea principal deste era atopar un lugar axeitado para que unha viaxe tripulada se pousara na Lúa, mais pola presión da carreira espacial fixeron deste programa o proxecto definitivo para que o home pisara a Lúa por primeira vez.
O Proxecto Apolo foi un triunfo moi importante para a tecnoloxía moderna, destas seis misións lograron pousarse na superficie lunar con éxito; foron o Apolo 11, 12. 14, 15, 16 e 17. Pero houbo un erro no Apolo 13 xa que non puido chegar á súa alunizaxe pola explosión dun tanque de osíxeno líquido no módulo de servizo pero tódolos tripulantes chegaron sans e salvos. Nesta misión foi na que o astronauta Jack Swigert exclamou a famosa frase: ``Houston, temos un problema.´´ Esta misión retomou a atención do público cando parecía que xa non había interése por este programa, foi o sétimo voo que a NASA enviaba ao espazo é o terceiro que tiñan pensado que alunizara. Esta nave foi enviada no ano 1970.
Ademais os Apolos 2, 3, 4, 5, e 6 foron lanzamentos automáticos. Os Apolo 7 e 9 foron dúas probas tripuladas pola órbita terrestre e por último dúas probas máis. o Apolo 8 e 10 que foron unhas misións só orbitais a Lúa, é dicir que non chegaron a realizar a alunizaxe. Hasta o ano 1975 onde se lanzou a última nave Apolo.
No ano 1967 pouco antes do lanzamento do Apolo 1 cunha misión tripulada por tres astronautas, sucedeu unha traxedia, na proba dos sistemas do módulo de mando, houbo un incendio producido pola chispa dun cortocircuíto e osíxeno 100% puro o cal fixo que entrara en combustión e levou por diante a vida dos tres astronautas da NASA.
Pero foi o 20 de Xulio de 1969 cando alunizou o mítico Apolo 11 cos astronautas Neil Amstrong e Edwin Buzz Aldrin os cales puideron alunizar, pero tamén estaba a bordo o astronauta Michael Collins o cal quedou na nave, arredor da órbita lunar. Estes foron os primeiros homes que pisaron a Lúa e trouxeron mostras para analizar como rochas, fotografías ou panorámicas. O primeiro que dixo Neil Amstrong ao poñer un pé no noso satélite foi: "Un pequeno paso para o home, un gran paso para a humanidade". O módulo lunar alunizou as 103 horas do seu despegue, aproximadamente.
En conclusión as viaxes espaciais serviron para coñecer o universo dende outras perspectivas entendelo mellor. O programa Apolo foi unha das investigacións máis importantes ata o momento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.