10 outubro 2023

RÍO DE LEITE

 



A Vía Láctea é unha galaxia pero, que é unha galaxia? Unha galaxia é unha estrutura astronómica que contén estrelas e materia interestelar como planetas, gases (fundamentalmente hidróxeno), meteoros que se manteñen unidos nun lugar máis ou menos definido pola atracción gravitacional.

A Vía Láctea é unha galaxia e como todas elas consta de 3 partes:

  • Halo: Estrutura esférica que rodea a galaxia, contén un pequeno número  de estrelas e nubes de gas, sen embargo contén gran cantidade de cúmulos globulares, conxuntos de estrelas vellas que xiran arredor da galaxia e materia escura que inflúe gravitacionalmente no movemento da mesma.
  • Disco: Estrutura onde están contidas a maior parte das estrelas novas, a diferencia do halo no disco atópase a maior parte do gas e é onde teñen lugar os procesos de nacemento das estrelas.
  • Bulbo: Rexión central da galaxia con maior densidade estelar, ten unha forma esférica aplanada.
Onde se atopa exactamente a Vía Láctea e cando se formou? A Vía Láctea atopase nun cúmulo dunhas corenta galaxias chamado o Grupo Local, dentro de este conxunto esta catalogada como a segunda máis brillante. 

A formación da galaxia tivo lugar hai uns 12 o 13 mil millóns de anos, unha idade moi próxima á estimada para o cosmos enteiro, ao longo de moitos anos foron sumándose varias galaxias novas ata chegar ao actual tamaño da Vía Láctea.

O nome de Vía Láctea procede das antigas culturas grega e romana, os gregos e os romanos, cando miraban cara o ceo e vían a Vía Láctea recordáballes a un río de leite. E tanto foi así que crearon un mito grego para darlle nome a esa estrutura do ceo. Pero o nome en si provén do latín e significa "camiño de leite".
Algunhas características xerais da Vía Láctea son:        
  • A súa forma de espiral plana, que ten 200 mil anos luz de largo.
  • As entre 100 e 400 mil millóns de estrelas. 
  • A existencia dun burato negro no medio da galaxia, chamado Saxitario A.
  • A súa futura unión coa súa galaxia veciña Andrómeda.
  • A existencia dunha galaxia practicamente igual ca nosa chamada A Irmá.
  • Pode verse a simple vista.
Aínda que a Vía Láctea se poda ver a simple vista, as imaxes de google da Vía Láctea non son reais, son representacións de como pensamos que é, xa que non podemos observala desde fóra para poder saber como é exactamente.

Como xa mencionei varias veces a Vía Láctea pode verse a simple vista, aínda que só sexa unha parte, concretamente o bulbo, este pódese observar nunha noite cerrada lonxe de luces artificiais que poidan interferir.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...