Os volcáns son brechas na codia terrestre polas que saen gases e rochas fundidas desde o interior da Terra cara superficie. Adoitan coincidir cos bordos de placa e poden atoparse tanto na superficie da Terra como no fondo do mar.. Non só atópanse na Terra, tamén hai volcáns noutros planetas e satélites.
Os volcáns pódense clasificar de diversas formas, dependendo do seu tipo de actividade, da súa forma, da súa orixe etc...Tamén se poden clasificar segundo os distintos tipos de erupcións que varían segundo a viscosidade, temperatura e elementos disoltos no magma.
Os tipos de erupcións son:
- Erupción Hawaiana. Nestas erupcións a lava é moi fluída e non hai desprendementos gasosos explosivos. A lava desborda ao exceder o cráter e forman correntes que se deslizan polas ladeiras do volcán, que adoitan ser de pouca pendente, percorrendo grandes distancias.
- Erupción Estromboliana ou Mixta.Neste tipo de erupción os materiais en erupción altérnanse, o que dá como resultado un cono volcánico estratificado en capas de lava fluída e materiais sólidos. Como na erupción Hawaiana lava é fluída, pero a diferenza desta a lava non percorre tanta distancia e ademais despréndense gases violentamente, escouras e lapilli.
- Erupción Vulcaniana. Nestas erupcións prodúcense grandes desprendementos de gases e explosións moi fortes que pulverizan a lavan producindo unha gran cantidade de cinzas. A lava é máis espesa e consolídase rapidamente, ao solidificarse, os gases que desprende rompen a propia lava e vólvea irregular formando lava de tipo Aa. Estes volcáns teñen un cono volcánico moi empinado.
- Erupción Pliniana ou Vesubiana. Nestas erupcións a gran presión dos gases produce violentas explosións, que en ocasións extremas pode formar coadas piroclásticas que baixan rapidamente polas ladeiras do volcán e sepultan en cuestión de minutos grandes superficies de terreo, mesmo cidades enteiras como paso en Pompeia co Vesubio, ao arrefriarse estas coadas fórmase un tipo de rocha chamada ignimbrita. A parte das coadas piroclásticas tamén se forman nubes de cinzas que se precipitan sepultando grandes extensións. Este tipo de volcán adoita ser de grandes dimensións debido á superposición de estratos formados pola alternancia de erupcións de piroclastos e erupcións de lava.
- Erupción Freatomagmática ou Surtseyana. Este tipo de erupcións danse en volcáns de tipo freatomagmático os cales se atopan en augas pouco profundas. No cráter destes volcáns hai lagos e ás veces tamén fórmanse atolóns. As súas erupcións son particularmente violentas debido á enerxía producida pola expansión do vapor de auga quentada de súpeto. A diferenza dos tipos de erupcións anteriores esta non expulsa lava nin rochas.
- Erupción Peleana. Nestas erupcións lava é moi viscosa e consolídase moi rápido, como consecuencia o cráter queda tapado pola propia lava formando o que se denomina como pitón. No interior do volcán acumúlanse gases que exercen presións moi altas o que produce unha gran explosión que nalgúns casos levanta o pitón e noutros rompe a parte superior de ladeira do propio volcán.
- Erupcións fisurais. Estas erupcións prodúcense en fisuras na codia terrestre que poden chegar a ter quilómetros de lonxitude. A actividade nestes volcáns fisurais non é explosiva, a lava expulsada e fluída e forma grandes mesetas ou traps.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.