A misión DART da NASA, que tivo lugar o 27 de setembro de 2022 ás 00:55 hora española, é un feito significativo na exploración espacial e na investigación. Esta misión tiña como obxectivo probar a impactar unha sonda espacial contra un asteroide, e poder desviar a súa traxectoria. Neste caso, o obxectivo era Dimorpho, unha pequena lúa do asteroide Didymos con 160 metros de diámetro, como o tamaño do Coliseum Romano. Foi lanzado a unha velocidade de aproximadamente 6,6 quilómetros por segundo (km/s) ou ao redor de 23,760 quilómetros por hora (km/h) foron 10 meses de viaxe.
A misión DART logrou con éxito o seu obxectivo modificando a órbita de Dimorfo en 32 minutos. Isto marcou un gran logro na capacidade da humanidade para alterar as traxectorias de asteroides perigosos que poderían chocar coa Terra no futuro. A modificación da órbita considerouse un éxito cando a corrección se conseguiu en pouco máis de 73 segundos. Os científicos calculan que o impacto do DART desprazou ao espazo máis de mil toneladas de rochas polvorientas, (suficiente para encher seis ou sete vagóns de ferrocarril).
Esta misión é histórica porque é a primeira vez que os científicos demostran con éxito a capacidade de cambiar a órbita dun corpo celeste mediante un impacto controlado. Este coñecemento é fundamental para futuras misións de defensa planetaria, nas que é posible que debamos intervir para desviar os asteroides que supoñen unha ameaza para a Terra.
Dimorfo non foi o único estudado. Hai asteroides moito máis grandes, de 140 metros ou máis, que, se chocan contra a Terra, poderían provocar catástrofes a gran escala, comparables a un accidente nuclear. Polo tanto, comprender como cambiar a traxectoria dos asteroides é garantir a nosa seguridade.
A misión DART da NASA é un paso importante na capacidade da humanidade para defenderse contra asteroides perigosos que poden ameazar a Terra no futuro. O éxito desta misión foi un precedente para a investigación de defensa planetaria e prepáranos mellor para afrontar as posibles ameazas espaciais.
A misión DART da NASA é un paso importante na capacidade da humanidade para defenderse contra asteroides perigosos que poden ameazar a Terra no futuro. O éxito desta misión foi un precedente para a investigación de defensa planetaria e prepáranos mellor para afrontar as posibles ameazas espaciais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.