Algunhas estrelas poñen fin á súa evolución nunha explosión cósmica masiva coñecida como supernova. Estas explosións producen gran parte do material do universo, incluíndo elementos como o ferro, que conforma o noso planeta. As supernovas engaden elementos ás nubes de po e gas do espazo, favorecendo así a diversidade interestelar, e producen ondas de choque que condensan as nubes de gas e axudan á formación de novas estrela. Moitas arrefrían e terminan os seus días como ananas brancas. Unha anana branca é o que queda despois de que unha estrela do tamaño do noso Sol queda sen combustible. Ademais disto, este tipo de supernovas é empregado polos científicos para medir a distancia no espazo.
Hai moitos tipos de supernovas desde a I ata o II-L. As supernovas producidas por ananas brancas pertencen ao tipo Ia. Dentro de todos estes tipos podemos atopar dous moi claros os cales son as supernovas termonucleares e as gravitacionais. As termonucleares son as supernovas nas que unha anana branca rouba materiais a unha estrela próxima facendo que a anana branca explote xerando unha supernova. As supernovas gravitacionais son aquelas producidas pola explosión dunha estrela masiva. Esta sucede por unha inestabilidade da presión da estrela o que ocasiona un colapso da súa capa externa o que desenvolve na explosión masiva da estrela xerando unha supernova.
Aínda que se poda pensar que suceden moitas supernovas na nosa galaxia a verdade e que non, os astrónomos afirman que na nosa galaxia, a Vía Láctea, só suceden dúas ou tres supernovas cada século.
Entón preguntaraste: Como saben tanto sobre elas? Pois iso é grazas a diferentes telescopios espaciais (Por exemplo: O NuSTAR, que usa os raios X para investigar o universo) que permiten visualizar supernovas noutras galaxias, permitíndonos saber máis sobre elas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.