22 outubro 2023

TODAS AS NOITES SEN LÚA


Que pasaría si Tea non colapsara coa Terra fai 4533 millóns de anos?

Primeiramente non teríamos a nosa Selene, mais ben coñecida como Lúa, o noso único satélite natural. Ademais, a vida na terra non sería a mesma tal e como a coñecemos, xa que sería imposible de que se deran as condicións de vida actuais.

Sen ela non existirían as subidas e baixadas do nivel do mar, grazas  a gravidade do satélite que tira da Terra, e viceversa. Tamén está demostrado que a Lúa se vai afastando 3cm anuais e damos a supoñer que fai millóns de anos estas subidas e baixadas serían de quilómetros. Ademais, a lúa mantén a estabilidade do clima e o ciclo de estacións. Se a Lúa nos tirara cara ela na noite, a Terra tardaría 8h en dar unha volta completa, o que afectaría con ventos mais violentos, maior campo magnético e o ano tería 1095 días.

Xa sabemos que a Lúa é unha parte fundamental da nosa existencia, pero a gran pregunta é, como se formou Selene? A principal teoría que explica a formación da Lúa é a gran colisión de Teia ca Terra. Pero, que é Teia?

Tea, Teia ou Theia é un protoplaneta hipotético (do tamaño de Marte) do noso Sistema Solar, que segundo a teoría do impacto xigante, chocou contra a Terra primitiva. Existen 5 puntos de Lagrange na órbita terrestre onde os efectos da gravidade do planeta se anulan con respecto aos do sol, e facilita o acercamento, e neste caso a colisión, ca Terra. Neste punto, se cría que en L4 Tea empezou a formarse hasta chegar un punto no que era tan grande como Marte e non puido quedar mais tempo nesta órbita. A forza gravitacional impulsaba a Tea fora de L4 hasta que chegou un punto no que choca contra a Terra. Inicialmente se pensaba que Teia chocou contra a Terra con un golpe oblicuo e que destes restos creados se xuntaron hasta crear dúas lúas, que posteriormente chocaron formando a Lúa actual.

As análises químicas feitas á Lúa indican que esta composición é moi parecida a da Terra, xa que os isótopos de osíxeno son a forma de identificar a planetas e meteorítos. Estes son moi diferentes no sistema solar, e, por outro lado, os da Terra e a Lúa son moi similares. Como non se sabe con certeza de onde veu Tea, podería estar formada por partes da Terra ou podería ter xurdido noutra parte do sistema solar.

Pero isto non acaba aquí, xa que se descubriu que o manto de Tea sería máis denso que o da Terra facendo que se xuntara en pilas termoquímicas no manto da Terra.  

Non sabemos con certeza moitas preguntas sobre o universo, e cada vez podemos saber con máis certidume algúns aspectos do noso planeta e os seus arredores.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...