A Lúa é o único satélite natural da Terra, conta cun diámetro ecuatorial
de 3474,8 km, é o quinto satélite máis grande do sistema solar, pero é o satelice de maior tamaño proporcional respecto a o seu planeta, ten
unha superficie moi escura. A lúa ten influencia sobre as mareas debido á gravidade, e sobre o medio ambiente. Por outra banda como podemos ver a Lúa non se ve todos os días coa mesma iluminación do noso planeta, se non que pasa por diferentes fases segundo a posición respecto á Terra e ó Sol.
- A Lúa Nova: Durante esta fase, a Lúa atópase entre a Terra e o Sol, o que significa que a metade lunar que vemos non está iluminada e a Lúa vólvese practicamente invisible no firmamento.
- Cuarto Crecente: A medida que aumenta a superficie iluminada da Lúa, adéntrase nunha fase coñecida como crecente e menos da metade parece chea.
- Lúa Chea: Nesta fase, a Lúa atópase detrás da Terra respecto ao Sol e a súa cara está totalmente iluminada.
- Cuarto Minguante: Pódese ver o lado esquerdo no Hemisferio Norte e ó revés no hemisferio sur.
Isto que acabo de contar xa o sabemos todos pero agora, vos diredes, como se creou a Lúa ? Pois ben teremos que trasladarnos uns 4500 millóns de anos. Como vos acabo de dicir a orixe da Lúa foi fai 4500 millóns de anos producida por unha explosión de detritos producida por mor da colisión dun protoplaneta do tamaño de Marte, chamado Tea, contra a Terra. Esta teoría coñécese como a Teoría do gran Impacto.
Pasando disto tamén cabe destacar a importancia que tivo no home e a Humanidade: O ser humano sempre tivo relación coa Lúa. A Lúa empregouse tamén para explicar por exemplo, as mareas altas e baixas dos océanos, os noso estados de ánimo etc. A chegada do home a Lúa ocorreu durante a Guerra Fría ,esta propiciou a carreira espacial entre EEUU e a Unión soviética. Ambas nacións pretendían demostrar a súa superioridade militar e tecnolóxica contra o adversario. O Programa Apolo estivo composto por 14 misións distintas, sendo a 11 a que marcou un precedente de gran tamaño para a historia espacial. A histórica misión do Apolo 11 despegou de Cabo Canaveral, Florida, o 16 de xullo de 1969, levando ao comandante Neil Armstrong, ao piloto do módulo de mando Michael Collins e ao piloto do módulo lunar Edwin Aldrin a bordo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.