Que pasaría si Tea non colapsara coa Terra fai 4533 millóns de anos?
Primeiramente non teríamos a nosa Selene, mais ben coñecida como Lúa, o noso único satélite natural. Ademais, a vida na terra non sería a mesma tal e como a coñecemos, xa que sería imposible de que se deran as condicións de vida actuais.
Xa sabemos que a Lúa é unha parte fundamental da nosa existencia, pero a gran pregunta é, como se formou Selene? A principal teoría que explica a formación da Lúa é a gran colisión de Teia ca Terra. Pero, que é Teia?
As análises químicas feitas á Lúa indican que esta composición é moi parecida a da Terra, xa que os isótopos de osíxeno son a forma de identificar a planetas e meteorítos. Estes son moi diferentes no sistema solar, e, por outro lado, os da Terra e a Lúa son moi similares. Como non se sabe con certeza de onde veu Tea, podería estar formada por partes da Terra ou podería ter xurdido noutra parte do sistema solar.
Pero isto non acaba aquí, xa que se descubriu que o manto de Tea sería máis denso que o da Terra facendo que se xuntara en pilas termoquímicas no manto da Terra.
Non sabemos con certeza moitas preguntas sobre o universo, e cada vez podemos saber con máis certidume algúns aspectos do noso planeta e os seus arredores.





:quality(70)/cloudfront-us-east-1.images.arcpublishing.com/metroworldnews/2U652NQFCRE4HNAH2BGK35LVMQ.jpg)