Europa é un dos satélites naturais de Xúpiter, foi descuberto en 1610, é o sexto en tamaño e o máis pequeno dos catro satélites galileanos descubertos por Simon Marius e Galileo Galilei.
Este satélite ten un diámetro de 3.121 Km, 350 Km menos que o diámetro da Lúa e unha cuarta parte aproximadamente da do noso Planeta. Seu período de rotación é de 3 días e 14 horas e a súa temperatura é de -163ºC a 223ºC nos polos, e ao igual que a Lúa, Europa ten unha rotación sincrónica, é dicir, dende a superficie de Xúpiter sempre se vería a misma cara do satélite. Isto dáse cando a velocidade de rotación angular e de translación orbital coinciden.
O satélite Europa púxose no punto de mira de futuras misións espaciais pola posibilidade de encontrar formas de vida extraterrestre baixo a súa capa de xeo, de entre 80 a 170 Km de profundidade. Estímase que Europa podería ter 2 ou incluso 3 veces máis auga que o no noso planeta, sendo máis pequeno que a Lúa.
En outubro de 2024 lanzarase unha sonda espacial interplanetaria chamada Europa Clipper co obxectivo de sobrevoar Xúpiter para así estudar o satélite galileano.
Esta non é primeira misión que se fai sobre Europa sino que é unha continuación da sonda espacial Galileo que estivo orbitando durante 15 anos o planeta gaseoso. Esta sonda descubriu un océano líquido baixo a capa de xeo do satélite o que fixo aparecer a posibilidade da existencia de vida simple, como bacterias. A súa misión finalizou no 2003 cando se desintegrou na atmosfera de Xúpiter intencionadamente para así evitar contaminar o satélite.
A misión Clipper é unha sonda desenvolvida pola NASA coa colaboración da axencia espacial de Elon Musk, Space X, que se ocupara da fabricación da nave e do servizo de transporte.
Ata o de agora, a misión máis ambiciosa que se propuxo é Europa Lander que buscara aterrar no satélite. Inicialmente esperábase que se lanzara 2 anos despois da misión Europa Clipper pero comprobouse que os prazos eran imposibles de cumprir, polo presuposto dispoñible e porque non teria sentido lanzar unha nova misión sen ter antes os datos recollidos por Europa Clipper. A día de hoxe a misión Europa Lander non se espera lanzar antes do 2030.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.