14 febreiro 2024

QUÉ FOI ANTES DE NÓS?

 

 

A evolución humana é o proceso de evolución biolóxica dende os nosos antepasados ata a actualidade. O principio dos humanos, remóntase a uns 3 millóns de anos e está formada por máis de unha ducia de diferentes especies coma poden ser: Homo sapiens, Homo neanderthalensis, Homo antecessor, Homo heidelbergensis, Homo habilis, Australopithecus, Ardipithecus..

 Unha especie de homínido moi especial é o Homínido Denisova ou Denisovano. Esta é unha subespecie que se descubriu a través do análise duns restos óseos atopados no 2010 nas covas de Denísova en Siberia. Créese que este homínido viviu entre fai 1 millón de anos e 40.000 anos en lugares compartidos cos neandertais e Homo Sapiens pero a súa orixe parte dunha migración saída de África, esta migración era distinta ás dos humanos modernos ou neandertales.


O home de Denisova foi o primeiro que se descubriu só a partir do seu ADN. Hai moi pouca información arredor desta especie, xa que os científicos so atoparon poucos fósiles para analizar. As poucas probas que obtemos destes suxiren que tiñan dentes e unha mandíbula grande, ademais de un posible neurocráneo aplanado e ancho. A súa aparencia púidose recrear a partir dun novo método no que se emprega a metilación do ADN. A través deste método os científicos aseguran que os denisovanos tiñan unha pelve ancha, unha caixa toráfica grande, unha fronte baixa e un cranio máis ancho


O descubrimento destes novos fósiles levaron a que os científicos reavaliaran algúns restos fósiles xa coñecidos pero non estaban categorizados de maneira correcta como denisovano. Por exemplo unha mandíbula atopada no 1980 na meseta tibetana, pertencente a este tipo de homínido, demostrou que non fomos os primeiros que ocupamos a meseta do Tibet. Créese que a extinción do denisovano foi producida pola superación do Homo sapiens, pero isto non está comprobado.






QUE SEA O QUE DEUS QUEIRA


É verdade que ao longo da existencia do ser humano, este mesmo dedicouse a responder diferentes conceptos e preguntas as cales todos queremos respostas.

A teoría do fixismo creacionista foi a primeira en explicar a gran pregunta que algunha vez nos fixemos. Como chegamos a actualidade?,  De onde vimos?, Cal é o noso pasado?

Esta doutrina baséase na existencia dun Deus, único e poderoso, que por vontade propia creou o universo e interveu na creación do home facéndoo a súa imaxe e semellanza. A súa orixe retorna as grandes relixións humanas, que lle dan ao home da antigüidade, unha resposta mística e máxica sobre as preguntas anteriores expostas.


Pero pronto esta teoría, por parte das persoas dos antigos séculos, converteuse na única realidade sobre a nosa orixe e creación da entidade divina. A narración do Xénese foi o marco básico para a comprensión epistemolóxica xudía e cristiá, como única verdade sobre a creación do universo.

Os creacionistas clásicos defenden que a evolución (especialmente a humana), a existencia da xenética, as evidencias xeolóxicas e moitos outros feitos comprobados pola ciencia, son falsos, dando así lugar a verdade única e derradeira para estas persoas; a interpretación literal da biblia. Pero este pensamento non se afasta moito da actualidade, xa que os testigos de Xehová tamén teñen unha perspectiva creacionista, aínda que poden diferir nalgúns detalles con outras interpretacións cristiás.

Outro tipo de creacionismo presente na actualidade, é o científico, nome que lle outorgan os seus defensores. Este tipo de creacionismo utiliza fundamentos relixiosos a partir dos coñecementos naturais e científicos. Negan as teorías evolutivas baseándose que necesitan unha base dun deseño intelixente.

En 1859, Charles Darwin publicou a orixe das especies, un libro onde recompilou a investigación que formou ao longo da súa vida e existencia.

A teoría de Darwin proporcionou unha explicación coherente e baseada para a diversidade da vida na Terra. Esta foi corroborada e refinada ao longo dos anos por evidencias adicionais de diferentes disciplinas científicas, como a xenética, a paleontoloxía e a bioxeografía.

Un dos aspectos referidos é o seguinte: O medio, exerce unha presión selectiva sobre os organismos, favorecendo aqueles con características que aumentan a súa capacidade de supervivencia e reprodución. Estes individuos teñen máis probabilidades de deixar descendencia, o que provoca cambios na poboación co paso do tempo.

Este gran descubrimento que responde a moitas das preguntas que se supoñían que a humanidade terían atopado unha resposta única e universal, pon do revés a relixión, a igrexa, e a toda a humanidade. Márcase un antes e un despois.

A teoría da evolución impactou na forma na que os humanos percibíanse a si mesmos en relación con outras formas de vida. Ademais, influíu na forma na que se entendía a natureza humana, a diversidade cultural e o comportamento humano. Grazas a este gran paso evolutivo como sociedade ( que non foi aceptada nin o é completamente neste momento) o darwinismo e posteriores avances científicos que o corrixiron e ampliaron, déronnos a coñecer moitas respostas da nosa existencia. E, aínda que non temos resposta para todo, sabemos parte do noso pasado evolutivo.





O GOLPE QUE DEU VIDA



A PANSPERMIA, palabra que en grego significa "sementes por todas partes", foi unha teoría orixinada polo filósofo presocrático Anaxágoras, pero sendo S. Arrhenius o seu máximo defensor.

É unha hipótese que supón que a vida na Terra tivo a súa orixe no cosmos (espazo exterior/fora da Terra) ou, concretamente, en microorganismos espaciais que chegaron ao noso planeta a través de rochas, cometas, meteoritos ou restos de material cósmico que chocaron nela. 

Estes organismos viaxaron polo espazo ata encontrar unha atmosfera ou ambiente coas condicións adecuadas para evolucionar, proporcionando o material orgánico necesario para dar comezo ao inicio da vida. 

Esta teoría divídese en 3 amplas categorías:
1. Litopanspermia: a vida viaxou a través dos restos espaciais desde algún lugar fóra do noso sistema solar.
2.Panspermia interplanetaria: a vida viaxou dende outro planeta do noso sitúema solar.
3. Panspermia dirixida: a vida do noso planeta estendeuse deliberadamente pola vida intelixente xa establecida.

A panspermia interplanetaria é a máis aceptada na comunidade científica. Anacos doutros planetas bombardearon a Terra durante moito tempo en forma de meteoritos. É o caso do meteorito ALH84001, descuberto na Antártida en 1984, que leva o que algúns científicos consideran os rastros ou precursores da vida como aminoácidos (moléculas que se combinan para formar proteínas). Calcúlase que se separou de Marte fai máis de 4.000 millóns de anos. 

Hoxe en día seguen a investigarse meteoritos en busca de moléculas orgánicas como unha pista de como puido funcionar a teoría da panspermia.
Os aminoácidos son frecuentes nestes meteoritos que atravesan a atmosfera actual. Debido a que os aminoácidos son os compoñentes básicos das proteínas, se orixinalmente viñeran á Terra en meteoritos, poderían congregarse nos océanos, e así formar proteínas e encimas simples que serían esenciais para xuntar as primeiras células procariotas, as máis primitivas.

Esta teoría é chamativa xa que non explica a orixe da vida, senón a orixe da vida na Terra.






A RECEITA PARA A VIDA

 


A teoría de Oparin sobre a orixe da vida na Terra, foi proposta polo bioquímico soviético Aleksandr Oparin en 1924.

A teoría de Oparin basease en que a atmosfera primitiva era moi diferente da actual, e propón que a vida se orixinou a partir de reaccións químicas simples na Terra primitiva, entre substancias inorgánicas nun ambiente rico en gases como metano, amoníaco, vapor de auga e dióxido de carbono, coa enerxía proporcionada pola radiación solar e as descargas eléctricas procedentes de lóstregos (caldo primixenio),formando moléculas orgánicas simples, como aminoácidos e nucleótidos.

Posteriormente, Oparin propuxo que estas moléculas orgánicas agrupáronse e formaron coacervados, estruturas esféricas con membranas semipermeables, dos que poderían vir as células. Co tempo, estas estruturas evolucionaron cara a formas máis complexas, dando lugar ás primeiras formas de vida.


O experimento de Miller-Urey.

O experimento de Miller-Urey foi realizado por Stanley Miller e Harold Urey en 1953 co obxectivo de probar a teoría de Oparin sobre aorixe da vida na Terra.

O experimento buscaba simular as condicións atmosféricas e oceánicas da Terra primitiva. Para iso crearon un sistema pechado que contiña auga, metano, amoníaco e hidróxeno, estes gases foron sometidos a descargas eléctricas que simulaban a enerxía proporcionada pola radiación ultravioleta do sol ou lóstregos na atmosfera primitiva. Despois dunha semana de experimentación, Miller e Urey atoparon  aminoácidos na auga do sistema. Este resultado suxeriu que as moléculas orgánicas complexas poderían formarse na Terra primitiva a través de procesos químicos.O traballo de Miller e Urey foi un feito importante que impulsou a investigación sobre a orixe da vida e a química prebiótica.







A ORIXE DE TODO

 


A aparición da vida na Terra é unha cuestión complexa que o ser humano leva tentando resolver desde hai moito tempo. Xerou diversas teorías. Aquí temos algúns exemplos:

 1. Abioxénese: A idea desta teoría foi proposta por Aristóteles e foi  debatida  por científicos e filósofos ao longo da historia. Propón que a vida xurdiu espontaneamente a partir de materia inorgánica en condicións propicias.


2Hipótese da arxila: Algúns científicos suxiren que as arxilas poderían proporcionar unha contorna propicia para a formación de moléculas orgánicas e actuar como catalizadores en reaccións químicas necesarias para a vida.

3. Panspermia: A teoría da panspermia foi proposta por varios científicos aínda que se lle atribúe principalmente aos científicos Hermann von Helmholtz e Svante Arrhenius. Propón que a vida na Terra non se orixinou aquí,senón que chegou desde outros lugares do universo. Suxire que microorganismosou moléculas orgánicas foron transportados por meteoritos ou outros corpos celestes, traendo vida primitiva ao noso planeta, que se desenvolverá paulatinamente.

  4Teoría do mundo de ferro-axofre:Proponse que a vida puido comezar en ambientes submarinos onde as condicións de alta temperatura e presión nas fontes hidrotermais propiciaron a formación de moléculas orgánicas e o desenvolvemento de procesos bioquímicos.

5. Teoría da evolución química o ARN: Esta teoría postula que as moléculas orgánicas simples formáronse a partir de reaccións químicas na Terra primitiva, dando lugar a compostos máis complexos, como aminoácidos e nucleótidos. Estes compoñentes básicos poderían evolucionar gradualmente cara a formas de vida máis complexas. Uns dos científicos máis importantes que desenvolveron a teoría son Alexander Oparin e J.B.S. Haldane.

 Estas teorías son algúns dos diferentes puntos de vista para comprender como a vida puido xurdir na Terra. Aínda non se alcanzou unha conclusión definitiva e é posible que non se chegue a alcanzar, xa que é moi complicado obter probas de algo que paso hai tanto tempo.

REVOLUCIÓN (OU A EVOLUCIÓN DUNHA TEORÍA DA EVOLUCIÓN)

 

A teoría da evolución experimentou desenvolvementos significativos ao longo do tempo, o darwinismo e o neodarwinismo foron etapas clave na súa evolución. Pero hai  diferenzas entre o darwinismo, proposto por Charles Darwin de XIX, e o neodarwinismo, que xurdiu a principios do século XX ao integrar a xenética mendeliana coa teoría evolutiva de Darwin.

Darwinismo:
En 1858 Darwin propuxo a teoría da evolución e publicou "A orixe das especies" ao ano seguinte. Neste traballo describiu o proceso de evolución utilizando dous factores: reprodución e selección natural. Segundo isto, os descendentes, incluso os dunha mesma especie, son diferentes entre si, por outra parte, todos os individuos tenden a multiplicarse cando llo permite o seu medio. Co tempo saturase o seu hábitat, e unha vez que isto ocorre, vense obrigados a loitar entre si pola supervivencia. Na loita, os débiles morren, os máis aptos sobreviven (selección natural) e estes individuos reprodúcense e transmiten as súas características ás xeracións futuras. 
Por tanto, a teoría da selección natural baséase no seguintes catro principios:

  1. Superpoboación. Varios animais ou plantas multiplicaranse ata cubrir o lugar. 
  2. Variación. A abundancia favorece a variedade.
  3. Competencia e conflito. A medida que aumentan a variedade e a diversidade, a competencia e o conflito son inevitables. 
  4. Supervivencia do máis apto. Cando ocorre un conflito, aqueles que posúan as mellores combinacións  teñen maiores probabilidades de sobrevivir.

Darwin deixou dúas preguntas sen resposta: Como se produciu este cambio? Como poden imitar aos seus pais? Estas preguntas non tiveron resposta ata que se descubriu o xene.

Neodarwinismo:
Gregor Mendel levou a cabo diversos experimentos, estes foron cruzamentos de especies de chícharos, pasaron desapercibidos ata principios do século XX, cando foron redescubertos polos científicos holandeses e outros.

Con base nestes experimentos, estes científicos modificaron a teoría de Darwin e substituíron a variación continua pola de variación descontinua ou mutación. Diversos factores (temperaturas extremadamente altas ou baixas, raios ultravioleta, radiación de onda curta (raios X), algunhas substancias químicas etc.) etc.) os seres vivos sofren diversos cambios que afectan os seus compoñentes xenéticos. Pode xerar cambios e transformacións específicas que se transmiten de xeración en xeración. O descubrimento posterior do ADN e os estudos de Morgan coa mosca do vinagre, contribuíron a reforzar esta teoría. Segundo os seus estudos, nos ser vivos, as alteracións que afectan á estrutura do ADN das células xerminais dan orixe a cromosomas diferentes (mutacións) e estas constitúen o fundamento dos procesos evolutivos.

A teoría sintética da evolución: Esta teoría, é o resultado das dos teorías, explica a evolución como o resultado e da selección natural máis das mutacións. Inclúe as teorías de Darwin, as de Mendel, as de Vrie, as de Morgan e outros acontecementos científicos. As dúas teses principais da teoría sintética da evolución son:
  1. A existencia dunha gran variabilidade xenética, que se poñería en evidencia na cantidade de fenotipos que se obteñen aleatoriamente a partir do patrimonio xenético común de calquera especie. Segundo isto, a evolución parte dunha base xenética.
  2. A selección natural. Nas transmisións antes sinaladas desempeña un papel destacado a selección natural, a cal tende a eliminar os xenotipos desfavorables (ou menos aptos) e favorece a dos xenes mellor adaptados.




PEGADAS DO PASADO


Hai xente moi relixiosa que non creen na evolución, pensan que Deus creou todo e que se non aparece nada da evolución na biblia pensan que é mentira, esta xente pensa que a evolución é unha hipótese fraudulenta, inda que está baseada en probas científicas que se poden demostrar. A esta xente é imposible cambiarlle a opinión, pero podemos ensinarlles e explicarlles as diferentes probas da evolución, que son as seguintes: probas anatómicas, probas embriolóxicas, probas paleontolóxicas, probas bioxeográficas e probas bioquímicas.
PROBAS ANATÓMICAS: están baseadas na comparación da anatomía de distintas especies, tanto a súa estrutura como da súa función. Destacan os seguintes órganos: Os órganos análogos (son órganos que teñen forma semellante ao doutro ser vivo por realizar unha función semellante, inda que biolóxicamente non teñen o mesmo orixe) por exemplo os ollos dun polbo e os ollos dun ser humano, os órganos homólogos (que son aqueles que teñen a mesma estrutura interna pero realizan diferentes funcións) e os órganos vestixiais (que son aqueles que foron perdendo a súa función, antes tiñan funcionalidade pero co paso do tempo foron perdéndoa) por exemplo as moas do xuízo.



PROBAS EMBRIOLÓXICAS: Están baseadas no estudo comparado do desenlace embrionario de distintos seres vivos. As primeiras etapas de diferentes vertebrados son moi similares. Haeckel enunciouno na Lei Bioxenética Fundamental onde chegou á conclusión que o desenvolvemento embrionario de cada especie era un resumo do seu pasado evolutivo.

PROBAS PALEONTOLÓXICAS: Esta  proba é moi importante xa que se descubriu grazas a escavación para a construción das vías do tren o que provocou un cambio na evolución. Estas probas permiten reconstruír series evolutivas de diferentes grupos de especies. Podemos falar de formas internas, por exemplo o do Archaeopteryx, Tiktaalik...

PROBAS BIOXEOGRÁFICAS: As probas bioxeográficas da evolución , están baseadas na distribución xeográfica das especies. Como é lóxico as especies que se atopan en zonas próximas teñen unha maior semellanza que as que habitan en zonas máis lonxanas. Por isto as especies que están próximas teñen un antepasado común non moi primitivo mentres que as que están máis afastadas teñen un antepasado común moito máis lonxano. 
PROBAS BIOQUÍMICAS: Estas probas son as que permiten establecer o parentesco evolutivo. 
A pesar de todas as probas explicadas neste traballo os crentes seguiran negando a evolución, debido á gran fé que teñen que fai, como dixen anteriormente que non lle poidamos cambiar a opinión.
 





BATALLA EVOLUTIVA

 


 
O evolucionismo non foi un pensamento que permanecese estancado. No seu lugar este veuse modificada ao largo do tempo, dando a partir del diferentes teorías que intentarían probalo. Estas teorías serían elaboradas por diferentes científicos, dos cales destacan Lamarck coa súa teoría do lamarckismo e Darwin có darwinismo.
 

Ambos científicos estudaron o evolucionismo dos cales sacan as súas propias teorías. Neste caso Lamarck  sacou a súa teoría de que todas as especies intentan adaptarse ao medio, evolucionando nese proceso. Estes trazos adquiridos neste proceso segundo Lamarck eran herdados na descendencia. Para corroborar eta hipóteses Lamarck usa o exemplo da evolución do pescozo da xirafa. Pero tempo despois esta teoría sería demostrada falsa polo exemplo da evolución humana. 



Logo por outra banda Darwin postularía a súa teoría a cal estaba recollida no seu libro " A Orixe das Especies". Nesta teoría Darwin propón o sistema da selección natural, da existencia de diferentes variacións que se xeran de forma espontánea e das que non todas se herdan; ademais el di que o proceso evolutivo dáse de forma gradual. Esta teoría actualmente é admitida como universal por toda a comunidade científica.


Nun principio pode parecer que as súas teorías son contrarias; pero se un se fixa máis  nos seus pensamentos encontrará algunhas similitudes e diferenzas, como son: 
  • SIMILITUDES:
    1. Ambos pensan que os trazos adquiridos da evolución transmitíanse a descendencia.
    2. Por outro lado os dous estaban de acordo con que o proceso evolutivo sucedía de maneira gradual e con cambios lentos.
  • DIFERENZAS:
    1. Darwin propuxo que todas as especies tiñan un mesmo antepasado, mentres que Lamarck propuxo que a evolución era un proceso lineal polo cal cada especie vai evolucionando e perfeccionándose.
    2. Lamarck cría que as especies non se ían extinguir mentres que Darwin postulaba que si o ían facer.
    3. Darwin mantiña a idea de que todos os seres dunha mesma familia mantiñan características diferentes mentres que Lamarck mantiña o contrario, todos eran iguais.
    4. Lamarck sostiña o proceso evolutivo como un  proceso de adaptación ao medio mentres que Darwin sostiña a idea da evolución baixo a idea da selección natural, o máis apto sobrevive.
Ademais disto Lamarck e Darwin son uns dos científicos que xunto as súas teorías permitirían  ir cambiando o concepto de evolucionismo e sentarán as bases para outras teorías que serían desenvolvidas por distintos científicos, como son: Fisher, Haldane e Wright.









Puntualizando a Darwin


Aínda que a teoría evolutiva máis coñecida é o darwinismo, non é a única vixente na actualidade. Existe outra teoría menos coñecida chamada teoría do equilibrio puntuado ou puntualismo.

Esta teoría foi proposta polos paleontólogos Stephen Jay Gould e Niles Eldredge, e a súa principal diferenza co darwinismo é a forma na que evolucionan as especies. Para o darwinismo, as especies evolucionan gradualmente, mentres que para o puntualismo esta evolución é puntuada e fraccionada, con períodos de cambio e períodos sen cambios significativos.

A teoría do equilibrio puntuado é unha teoría que trata de explicar os procesos de evolución observando o rexistro fósil de diferentes especies. No rexistro fósil, a evolución de varias especies é, ao contrario do evolucionismo gradual de Darwin, abrupta en practicamente todos os lugares do mundo; non se atoparon formas transitorias. Polo tanto, para Eldredge e Gould, as especies permanecen sen cambios durante longos intervalos de tempo para ser substituídas por novas especies rapidamente.

Segundo esta teoría, a evolución ocorre en fases:

  • Estase: unha poboación de calquera especie está en estado de estase, vive, crece e morre.
  • Illamento: unha parte da poboación está illada, creando condicións ambientais diferentes ás anteriores.
  • Selección intensa e cambio rápido: estas novas condicións provocan a necesidade de evolucionar para adaptarse ás novas condicións e sobrevivir.
  • Falta de conservación: debido ao rápido cambio e á súa localización illada, non se conservan fósiles de formas de transición.
  • Reintrodución: Volven xuntarse a parte da poboación que evolucionou e a que non evolucionou.
  • Expansión e estase: a parte que evolucionou vese favorecida pola selección natural e a parte que non evolucionou se extingue.
  • Conservación: Consérvanse fósiles da poboación evolucionada.
Esta teoría explica a escaseza de fósiles de formas transitorias e a súa vez non se opón ao evolucionismo de Darwin só puntualiza un dos puntos da súa teoría.




ODISEA DO SER HUMANO

 Enténdese como hominización o conxunto de cambios evolutivos que transformou progresivamente unha   liñaxe de primates en humanos. Fai 5 millóns de anos, aconteceu a separación da liña do chimpancé e todas as especies que empezan a camiñar de forma erguida. 

Estes son os elementos máis destacables e importantes da evolución: 

BIPEDISMO OU POSICIÓN ERECTA

Certas alteracións climáticas obrigaron aos antropoides a unha serie de cambios ou adaptacións de todo tipo. A posición erguida resultaba incriblemente vantaxosa, tanto na busca de alimentos como para facer ferramentas. Para lograr a postura erguida tiveron que acontecer unha serie de cambios e modificacións anatómicas:

  • O cranio sufre importantes transformacións, aumenta de tamaño e se redondea: as mandíbulas vólvense máis pequenas e se desprazan cara atrás.
  • Redúcense os arcos supraciliares, que son os que se encontran por riba dos ollos. Sobresaen fronte, queixo e nariz.  
  • O arco dos dentes se redondea e os dentes quedan alienados e cun tamaño máis pequeno. Isto fixo que a lingua tivera unha mellor mobilidade, o que facilitará a fala e a emisión dos sons. 
  • A columna vertebral está lixeiramente curvada, e isto fará que teñan máis equilibrio e mellor soporte da cabeza.     
  • A pelve anchéase.   
  • As extremidades da parte inferior fanse máis largas.

A LIBERACIÓN DAS MANS

Por este cambio a postura erguida, as mans serven como instrumentos de manipulación. O polgar vólvese totalmente opoñible aos demais dedos que poderanse mover e articular sen dificultade.




NACEMENTO

A posición erguida dificultou o parto. A estrutura da pelve fíxose máis pequena e o conduto polo que saían as crías dificultaba o nacemento. Este problema tivo como solución que o feto nacera antes do que debería polo que así tiña un tamaño máis pequeno, e podía saír con máis facilidade.

CEREBRO

O cambio de tamaño do cerebro é das partes máis importantes do bipedismo. O cerebro humano era tres veces maior ás outras especies parecidas a nos. Pero este cambio fixo que a parte de aumentar tamaño tamén aumentase a sustancia gris e os lóbulos do cerebro. Por estas cousas fíxose posible a aparición de facultades superiores.



 


DARMUNDO


 




Charles Darwin, o naturalista británico. empregou toda a súa vida en explicar a biodiversidade das especies existentes, creando así a súa teoría sobre a evolución. Esta teoría é a máis coñecida a nivel mundial.


Segundo a súa teoría sobre a evolución biolóxica, as especies van cambiando debido aos cambios que acontecen no medio no que habitan. Este cambio está producido en base á selección natural propiciada pola loita para poder sobrevivir e, tamén debido á escaseza de alimentos.


Darwin quixo dar a coñecer a súa idea de evolución na súa obra denominada como “A Orixe das Especies” (El Origen de las Especies). Esta obra tivo que reeditala unhas seis veces apróximadamente, respostando así ás obxeccións sociais, políticas e relixiosas que xurdiron ao ler dita obra.

Desde o punto de vista relixioso, propoñía a contra desta obra, debido a que o seu punto de vista non é para nada compatible co de Darwin, que explicaba o por que e o como puideron xurdir diferentes especies por medio da selección natural. Os sectores relixiosos eliminaron a idea dun creador neste proceso. O centro da polémica, deuse na última frase, a cal no incluíu para nada ó seu creador:






“Hai grandeza nesta concepción de que a vida, mentres siga xirando este planeta, desenvolveu moitas formas a partir dun principio tan sinxelo”. Dita frase, refírese ó orixe da vida nun estanco con auga temperada, a partir dos seus compoñentes químicos elementais.

Pasado un tempo, publicou unha segunda edición de esta obra tan admirada e á vez tan criticada. Nesta edición, indicou que non entendía a razón pola que os relixiosos se ofendían coa súa teoría; apoiándose en Charles Kingsley. Este teólogo e autor, coa frase:









“Foi vendo que é unha concepción igualmente nobre da divindade crer que ela creou un corto número de formas primitivas capaces de transformarse  por sí mesmas noutras formas”











Nas primeiras catro edicións, Darwin comentou que había dúas variacións distintas, é dicir, dous grupos de variacións, as pequenas e habituais, e, por outro lado, as grandes e estrañas. 

A esta teoría, Jenkin respondeu dando a coñecer a súa opinión ou, mellor dito a súa teoría de que se as variacións proporcionadas pola selección natural son fáciles de alcanzar, non é moi seguro que avancen e sigan vivindo nas xeracións futuras. Para poder explicala e que se entenda, Jenklin baseouse nos seguintes pasos:


 Os individuos máis numerosos, os que non son provedores dunha variación favorable deberían xuntarse cos que si teñen ese tipo de variación. Darwin e Jenklin estaban de acordo coa idea de que os cruces deste probablemente xa non terían unha variación favorable. Isto produce que, polo tanto este tipo de variación favorable ía reducindo a probabilidade de continuar nas xeracións futuras.

Darwin contesta a esta teoría, centrándose nas variacións de tipo pequenas e habituais, xa que este tipo de variacións non xeran problemas, senón que os resolve. De maneira que os individuos se reproducen, mediante a súa mestura. Isto serviulle para adaptar mellor a súa teoría de que a evolución sucede de forma gradual, pero agora tiña outro pensar, con outra teoría da herdanza das variacións proporcionadas polo mendelismo.


En definitiva, A "Orixe das Especies" é unha obra  revolucionaria escrita por Charles Darwin e publicada en 1859. Neste libro, Darwin propuxo a teoría da evolución a través da selección natural como o mecanismo principal para explicar o cambio e diversificación das especies ao longo do tempo. O seu enfoque centrouse na idea de que aqueles organismos con características favorables para sobrevivir e reproducirse teñen máis probabilidades de transmitir os seus caracteres á seguinte xeración. Esta teoría desafiou as crenzas predominantes da época, ofrecendo unha explicación científica e baseada en evidencia para a diversidade da vida na Terra. A obra de Darwin tivo un impacto significativo na bioloxía e cambiou a forma en que entendemos o mundo natural.






A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...