A aparición da vida na Terra é unha cuestión complexa que o ser humano leva tentando resolver desde hai moito tempo. Xerou diversas teorías. Aquí temos algúns exemplos:
1. Abioxénese: A idea desta teoría foi proposta
por Aristóteles e foi debatida por científicos e filósofos ao longo da
historia. Propón que a vida xurdiu espontaneamente a partir de materia
inorgánica en condicións propicias.
2. Hipótese da arxila: Algúns científicos suxiren que as arxilas poderían proporcionar unha contorna propicia para a formación de moléculas orgánicas e actuar como catalizadores en reaccións químicas necesarias para a vida.
3. Panspermia: A teoría da panspermia foi proposta por varios científicos aínda que se lle atribúe principalmente aos científicos Hermann von Helmholtz e Svante Arrhenius. Propón que a vida na Terra non se orixinou aquí,senón que chegou desde outros lugares do universo. Suxire que microorganismosou moléculas orgánicas foron transportados por meteoritos ou outros corpos celestes, traendo vida primitiva ao noso planeta, que se desenvolverá paulatinamente.
5. Teoría da evolución química o ARN: Esta teoría postula que as moléculas orgánicas simples formáronse a partir de reaccións químicas na Terra primitiva, dando lugar a compostos máis complexos, como aminoácidos e nucleótidos. Estes compoñentes básicos poderían evolucionar gradualmente cara a formas de vida máis complexas. Uns dos científicos máis importantes que desenvolveron a teoría son Alexander Oparin e J.B.S. Haldane.
Estas teorías son algúns dos diferentes puntos de vista para comprender como a vida puido xurdir na Terra. Aínda non se alcanzou unha conclusión definitiva e é posible que non se chegue a alcanzar, xa que é moi complicado obter probas de algo que paso hai tanto tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.