O evolucionismo non foi un pensamento que permanecese estancado. No seu lugar este veuse modificada ao largo do tempo, dando a partir del diferentes teorías que intentarían probalo. Estas teorías serían elaboradas por diferentes científicos, dos cales destacan Lamarck coa súa teoría do lamarckismo e Darwin có darwinismo.
Ambos científicos estudaron o evolucionismo dos cales sacan as súas propias teorías. Neste caso Lamarck sacou a súa teoría de que todas as especies intentan adaptarse ao medio, evolucionando nese proceso. Estes trazos adquiridos neste proceso segundo Lamarck eran herdados na descendencia. Para corroborar eta hipóteses Lamarck usa o exemplo da evolución do pescozo da xirafa. Pero tempo despois esta teoría sería demostrada falsa polo exemplo da evolución humana.
Logo por outra banda Darwin postularía a súa teoría a cal estaba recollida no seu libro " A Orixe das Especies". Nesta teoría Darwin propón o sistema da selección natural, da existencia de diferentes variacións que se xeran de forma espontánea e das que non todas se herdan; ademais el di que o proceso evolutivo dáse de forma gradual. Esta teoría actualmente é admitida como universal por toda a comunidade científica.
Nun principio pode parecer que as súas teorías son contrarias; pero se un se fixa máis nos seus pensamentos encontrará algunhas similitudes e diferenzas, como son:
- SIMILITUDES:
- Ambos pensan que os trazos adquiridos da evolución transmitíanse a descendencia.
- Por outro lado os dous estaban de acordo con que o proceso evolutivo sucedía de maneira gradual e con cambios lentos.
- DIFERENZAS:
- Darwin propuxo que todas as especies tiñan un mesmo antepasado, mentres que Lamarck propuxo que a evolución era un proceso lineal polo cal cada especie vai evolucionando e perfeccionándose.
- Lamarck cría que as especies non se ían extinguir mentres que Darwin postulaba que si o ían facer.
- Darwin mantiña a idea de que todos os seres dunha mesma familia mantiñan características diferentes mentres que Lamarck mantiña o contrario, todos eran iguais.
- Lamarck sostiña o proceso evolutivo como un proceso de adaptación ao medio mentres que Darwin sostiña a idea da evolución baixo a idea da selección natural, o máis apto sobrevive.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.