14 febreiro 2024

O GOLPE QUE DEU VIDA



A PANSPERMIA, palabra que en grego significa "sementes por todas partes", foi unha teoría orixinada polo filósofo presocrático Anaxágoras, pero sendo S. Arrhenius o seu máximo defensor.

É unha hipótese que supón que a vida na Terra tivo a súa orixe no cosmos (espazo exterior/fora da Terra) ou, concretamente, en microorganismos espaciais que chegaron ao noso planeta a través de rochas, cometas, meteoritos ou restos de material cósmico que chocaron nela. 

Estes organismos viaxaron polo espazo ata encontrar unha atmosfera ou ambiente coas condicións adecuadas para evolucionar, proporcionando o material orgánico necesario para dar comezo ao inicio da vida. 

Esta teoría divídese en 3 amplas categorías:
1. Litopanspermia: a vida viaxou a través dos restos espaciais desde algún lugar fóra do noso sistema solar.
2.Panspermia interplanetaria: a vida viaxou dende outro planeta do noso sitúema solar.
3. Panspermia dirixida: a vida do noso planeta estendeuse deliberadamente pola vida intelixente xa establecida.

A panspermia interplanetaria é a máis aceptada na comunidade científica. Anacos doutros planetas bombardearon a Terra durante moito tempo en forma de meteoritos. É o caso do meteorito ALH84001, descuberto na Antártida en 1984, que leva o que algúns científicos consideran os rastros ou precursores da vida como aminoácidos (moléculas que se combinan para formar proteínas). Calcúlase que se separou de Marte fai máis de 4.000 millóns de anos. 

Hoxe en día seguen a investigarse meteoritos en busca de moléculas orgánicas como unha pista de como puido funcionar a teoría da panspermia.
Os aminoácidos son frecuentes nestes meteoritos que atravesan a atmosfera actual. Debido a que os aminoácidos son os compoñentes básicos das proteínas, se orixinalmente viñeran á Terra en meteoritos, poderían congregarse nos océanos, e así formar proteínas e encimas simples que serían esenciais para xuntar as primeiras células procariotas, as máis primitivas.

Esta teoría é chamativa xa que non explica a orixe da vida, senón a orixe da vida na Terra.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...