Enténdese como hominización o conxunto de cambios evolutivos que transformou progresivamente unha liñaxe de primates en humanos. Fai 5 millóns de anos, aconteceu a separación da liña do chimpancé e todas as especies que empezan a camiñar de forma erguida.
Estes son os elementos máis destacables e importantes da evolución:
BIPEDISMO OU POSICIÓN ERECTA
Certas alteracións climáticas obrigaron aos antropoides a unha serie de cambios ou adaptacións de todo tipo. A posición erguida resultaba incriblemente vantaxosa, tanto na busca de alimentos como para facer ferramentas. Para lograr a postura erguida tiveron que acontecer unha serie de cambios e modificacións anatómicas:
- O cranio sufre importantes transformacións, aumenta de tamaño e se redondea: as mandíbulas vólvense máis pequenas e se desprazan cara atrás.
- Redúcense os arcos supraciliares, que son os que se encontran por riba dos ollos. Sobresaen fronte, queixo e nariz.
- O arco dos dentes se redondea e os dentes quedan alienados e cun tamaño máis pequeno. Isto fixo que a lingua tivera unha mellor mobilidade, o que facilitará a fala e a emisión dos sons.
- A columna vertebral está lixeiramente curvada, e isto fará que teñan máis equilibrio e mellor soporte da cabeza.
- A pelve anchéase.
- As extremidades da parte inferior fanse máis largas.
A LIBERACIÓN DAS MANS
Por este cambio a postura erguida, as mans serven como instrumentos de manipulación. O polgar vólvese totalmente opoñible aos demais dedos que poderanse mover e articular sen dificultade.
NACEMENTOA posición erguida dificultou o parto. A estrutura da pelve fíxose máis pequena e o conduto polo que saían as crías dificultaba o nacemento. Este problema tivo como solución que o feto nacera antes do que debería polo que así tiña un tamaño máis pequeno, e podía saír con máis facilidade.
CEREBRO
O cambio de tamaño do cerebro é das partes máis importantes do bipedismo. O cerebro humano era tres veces maior ás outras especies parecidas a nos. Pero este cambio fixo que a parte de aumentar tamaño tamén aumentase a sustancia gris e os lóbulos do cerebro. Por estas cousas fíxose posible a aparición de facultades superiores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.