14 febreiro 2024

QUE SEA O QUE DEUS QUEIRA


É verdade que ao longo da existencia do ser humano, este mesmo dedicouse a responder diferentes conceptos e preguntas as cales todos queremos respostas.

A teoría do fixismo creacionista foi a primeira en explicar a gran pregunta que algunha vez nos fixemos. Como chegamos a actualidade?,  De onde vimos?, Cal é o noso pasado?

Esta doutrina baséase na existencia dun Deus, único e poderoso, que por vontade propia creou o universo e interveu na creación do home facéndoo a súa imaxe e semellanza. A súa orixe retorna as grandes relixións humanas, que lle dan ao home da antigüidade, unha resposta mística e máxica sobre as preguntas anteriores expostas.


Pero pronto esta teoría, por parte das persoas dos antigos séculos, converteuse na única realidade sobre a nosa orixe e creación da entidade divina. A narración do Xénese foi o marco básico para a comprensión epistemolóxica xudía e cristiá, como única verdade sobre a creación do universo.

Os creacionistas clásicos defenden que a evolución (especialmente a humana), a existencia da xenética, as evidencias xeolóxicas e moitos outros feitos comprobados pola ciencia, son falsos, dando así lugar a verdade única e derradeira para estas persoas; a interpretación literal da biblia. Pero este pensamento non se afasta moito da actualidade, xa que os testigos de Xehová tamén teñen unha perspectiva creacionista, aínda que poden diferir nalgúns detalles con outras interpretacións cristiás.

Outro tipo de creacionismo presente na actualidade, é o científico, nome que lle outorgan os seus defensores. Este tipo de creacionismo utiliza fundamentos relixiosos a partir dos coñecementos naturais e científicos. Negan as teorías evolutivas baseándose que necesitan unha base dun deseño intelixente.

En 1859, Charles Darwin publicou a orixe das especies, un libro onde recompilou a investigación que formou ao longo da súa vida e existencia.

A teoría de Darwin proporcionou unha explicación coherente e baseada para a diversidade da vida na Terra. Esta foi corroborada e refinada ao longo dos anos por evidencias adicionais de diferentes disciplinas científicas, como a xenética, a paleontoloxía e a bioxeografía.

Un dos aspectos referidos é o seguinte: O medio, exerce unha presión selectiva sobre os organismos, favorecendo aqueles con características que aumentan a súa capacidade de supervivencia e reprodución. Estes individuos teñen máis probabilidades de deixar descendencia, o que provoca cambios na poboación co paso do tempo.

Este gran descubrimento que responde a moitas das preguntas que se supoñían que a humanidade terían atopado unha resposta única e universal, pon do revés a relixión, a igrexa, e a toda a humanidade. Márcase un antes e un despois.

A teoría da evolución impactou na forma na que os humanos percibíanse a si mesmos en relación con outras formas de vida. Ademais, influíu na forma na que se entendía a natureza humana, a diversidade cultural e o comportamento humano. Grazas a este gran paso evolutivo como sociedade ( que non foi aceptada nin o é completamente neste momento) o darwinismo e posteriores avances científicos que o corrixiron e ampliaron, déronnos a coñecer moitas respostas da nosa existencia. E, aínda que non temos resposta para todo, sabemos parte do noso pasado evolutivo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...