Charles Darwin, o naturalista británico. empregou toda a súa vida en explicar a biodiversidade das especies existentes, creando así a súa teoría sobre a evolución. Esta teoría é a máis coñecida a nivel mundial.
Segundo a súa teoría sobre a evolución biolóxica, as especies van cambiando debido aos cambios que acontecen no medio no que habitan. Este cambio está producido en base á selección natural propiciada pola loita para poder sobrevivir e, tamén debido á escaseza de alimentos.
Darwin quixo dar a coñecer a súa idea de evolución na súa obra denominada como “A Orixe das Especies” (El Origen de las Especies). Esta obra tivo que reeditala unhas seis veces apróximadamente, respostando así ás obxeccións sociais, políticas e relixiosas que xurdiron ao ler dita obra.
Desde o punto de vista relixioso, propoñía a contra desta obra, debido a que o seu punto de vista non é para nada compatible co de Darwin, que explicaba o por que e o como puideron xurdir diferentes especies por medio da selección natural. Os sectores relixiosos eliminaron a idea dun creador neste proceso. O centro da polémica, deuse na última frase, a cal no incluíu para nada ó seu creador:
“Hai grandeza nesta concepción de que a vida, mentres siga xirando este planeta, desenvolveu moitas formas a partir dun principio tan sinxelo”. Dita frase, refírese ó orixe da vida nun estanco con auga temperada, a partir dos seus compoñentes químicos elementais.
Pasado un tempo, publicou unha segunda edición de esta obra tan admirada e á vez tan criticada. Nesta edición, indicou que non entendía a razón pola que os relixiosos se ofendían coa súa teoría; apoiándose en Charles Kingsley. Este teólogo e autor, coa frase:
“Foi vendo que é unha concepción igualmente nobre da divindade crer que ela creou un corto número de formas primitivas capaces de transformarse por sí mesmas noutras formas”
Nas primeiras catro edicións, Darwin comentou que había dúas variacións distintas, é dicir, dous grupos de variacións, as pequenas e habituais, e, por outro lado, as grandes e estrañas.
A esta teoría, Jenkin respondeu dando a coñecer a súa opinión ou, mellor dito a súa teoría de que se as variacións proporcionadas pola selección natural son fáciles de alcanzar, non é moi seguro que avancen e sigan vivindo nas xeracións futuras. Para poder explicala e que se entenda, Jenklin baseouse nos seguintes pasos:
Os individuos máis numerosos, os que non son provedores dunha variación favorable deberían xuntarse cos que si teñen ese tipo de variación. Darwin e Jenklin estaban de acordo coa idea de que os cruces deste probablemente xa non terían unha variación favorable. Isto produce que, polo tanto este tipo de variación favorable ía reducindo a probabilidade de continuar nas xeracións futuras.
Darwin contesta a esta teoría, centrándose nas variacións de tipo pequenas e habituais, xa que este tipo de variacións non xeran problemas, senón que os resolve. De maneira que os individuos se reproducen, mediante a súa mestura. Isto serviulle para adaptar mellor a súa teoría de que a evolución sucede de forma gradual, pero agora tiña outro pensar, con outra teoría da herdanza das variacións proporcionadas polo mendelismo.
En definitiva, A "Orixe das Especies" é unha obra revolucionaria escrita por Charles Darwin e publicada en 1859. Neste libro, Darwin propuxo a teoría da evolución a través da selección natural como o mecanismo principal para explicar o cambio e diversificación das especies ao longo do tempo. O seu enfoque centrouse na idea de que aqueles organismos con características favorables para sobrevivir e reproducirse teñen máis probabilidades de transmitir os seus caracteres á seguinte xeración. Esta teoría desafiou as crenzas predominantes da época, ofrecendo unha explicación científica e baseada en evidencia para a diversidade da vida na Terra. A obra de Darwin tivo un impacto significativo na bioloxía e cambiou a forma en que entendemos o mundo natural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.