14 febreiro 2024

A RECEITA PARA A VIDA

 


A teoría de Oparin sobre a orixe da vida na Terra, foi proposta polo bioquímico soviético Aleksandr Oparin en 1924.

A teoría de Oparin basease en que a atmosfera primitiva era moi diferente da actual, e propón que a vida se orixinou a partir de reaccións químicas simples na Terra primitiva, entre substancias inorgánicas nun ambiente rico en gases como metano, amoníaco, vapor de auga e dióxido de carbono, coa enerxía proporcionada pola radiación solar e as descargas eléctricas procedentes de lóstregos (caldo primixenio),formando moléculas orgánicas simples, como aminoácidos e nucleótidos.

Posteriormente, Oparin propuxo que estas moléculas orgánicas agrupáronse e formaron coacervados, estruturas esféricas con membranas semipermeables, dos que poderían vir as células. Co tempo, estas estruturas evolucionaron cara a formas máis complexas, dando lugar ás primeiras formas de vida.


O experimento de Miller-Urey.

O experimento de Miller-Urey foi realizado por Stanley Miller e Harold Urey en 1953 co obxectivo de probar a teoría de Oparin sobre aorixe da vida na Terra.

O experimento buscaba simular as condicións atmosféricas e oceánicas da Terra primitiva. Para iso crearon un sistema pechado que contiña auga, metano, amoníaco e hidróxeno, estes gases foron sometidos a descargas eléctricas que simulaban a enerxía proporcionada pola radiación ultravioleta do sol ou lóstregos na atmosfera primitiva. Despois dunha semana de experimentación, Miller e Urey atoparon  aminoácidos na auga do sistema. Este resultado suxeriu que as moléculas orgánicas complexas poderían formarse na Terra primitiva a través de procesos químicos.O traballo de Miller e Urey foi un feito importante que impulsou a investigación sobre a orixe da vida e a química prebiótica.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...