10 xuño 2024

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO


Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso corpo? Que cambios experimentamos?
Pero, antes de entrar ao concepto de puberdade, que é a adolescencia? É o mesmo que a puberdade?

A adolescencia é unha etapa máis ampla do desenvolvemento humano que inclúe a puberdade pero tamén abarca o desenvolvemento psicolóxico, emocional e social. É o período de transición entre a infancia e a idade adulta. 
Ademais dos cambios físicos da puberdade, a adolescencia inclúe o desenvolvemento da identidade persoal, a capacidade de pensamento abstracto e o establecemento de relacións sociais máis complexas e profundas.
En cambio, a puberdade, esta é a primeira fase da adolescencia, na que se producen os cambios característicos do paso da infancia á idade adulta.

En xeral, a adolescencia, considérase que oscila entre os 10-12 anos e os 18-20 anos, aínda que estes límites poden variar dependendo das definicións culturais e sociais. Durante esta, prodúcense cambios significativos en varias áreas, como o crecemento e desenvolvemento sexual: O corpo experimenta un rápido crecemento e cambios hormonais que conducen á maduración sexual. Nas nenas, prodúcese o cambio de nena a muller, isto inclúe o inicio da menstruación e o desenvolvemento do peito. Nos nenos obsérvase un aumento do tamaño dos testículos e do pene, así como a aparición de vello facial e corporal. Nos dous, hai un aumento da altura e do peso, así como cambios na distribución da graxa e no desenvolvemento muscular. 











Nesta etapa prodúcese a creación de hormonas, como xa comentamos, pero que son?
As hormonas son mensaxeiros químicos do corpo. Viaxan polo torrente sanguíneo ata os tecidos e órganos, ademais teñen un lento efecto e, co paso do tempo, afectan a moitos procesos diferentes, entre eles o crecemento e desenvolvemento.
En canto as hormonas sexuais, estas, teñen múltiples funcións tanto en homes como en mulleres. En xeral, estas hormonas son as responsables da aparición de caracteres sexuais secundarios durante a puberdade e, posteriormente, son as encargadas de regular todo o ciclo reprodutivo.


Nas mulleres, as hormonas sexuais son producidas polo ovario e son as encargadas de regular todo o ciclo menstrual e de actuar sobre o endometrio.
En relación ás hormonas sexuais masculinas, sintetízanse nos testículos e interveñen na produción de espermatozoides.

Entre as funcións máis importantes reguladas polas hormonas están o correcto funcionamento de múltiples órganos, o crecemento e desenvolvemento do corpo humano, a reprodución, as características sexuais, o uso e almacenamento de enerxía e o control dos niveis de líquidos no sangue glicosa.









09 xuño 2024

PROTECCIÓN E EFICACIA NA SAÚDE SEXUAL

Os métodos anticonceptivos defínense como estratexias para previr ou reducir as posibilidades de que se produza a fecundación e o embarazo cando manteñamos relacións sexuais. Existen varios tipos de métodos anticonceptivos, pero non todos os tipos son axeitados para todas as situacións, por iso nos centraremos un tipo dos métodos anticonceptivos e é os métodos de barreira.

MÉTODOS DE BARREIRA.

Os métodos de barreira son obxectos ou medicamentos que impiden aos espermatozoides chegar ao óvulo, tamén axuda a previr a propagación de infeccións de transmisión sexual (ITS).

Os tipos de métodos de barreira que inclúe son:

  • Preservativos masculinos: Son os máis comúns e colócanse no pene erecto. Ademais, son eficaces para previr o embarazo, tamén protexen contra as enfermidades de transmisión sexual.
  • Preservativos femininos: Insírense na vaxina antes do coito e teñen a mesma función que os masculinos.
  • Diafragma: É unha copa de goma que se introduce na vaxina para cubrir o cérvix.
  • Tapón cervical: Semellante ao diafragma, pero máis pequeno, encaixa directamente sobre o cérvix.
  • Esponxa anticonceptiva: Insírese na vaxina antes do sexo, recubrindo o cérvix e liberando espermicida.
VANTAXES E DESVANTAXES.

As principais vantaxes destes anticonceptivos son as seguintes:
  • Os preservativos protexen contra o embarazo.
  • Son seguros de usar durante a lactación materna.
  • Os métodos de barreira non usan hormonas.
  • Estes métodos non afectan o ciclo menstrual dunha muller.
  • Os métodos de barreira custan menos que os anticonceptivos hormonais.
  • Non precisa receita de preservativos, esponxa anticonceptiva ou espermicidas.

E as desvantaxes son:

  • Estes métodos non evitan o embarazo, así como o control hormonal da natalidade.
  • Os métodos de barreira evitan o embarazo só se os usas cada vez que tes relacións sexuais
  • É posible deixar de ter relacións sexuais para usar algúns métodos anticonceptivos de barreira.
  • Unha muller necesita unha receita para mercar un diafragma ou unha tapa cervical.
  • O tapón cervical e a esponxa anticonceptiva non funcionan tan ben como outros métodos de barreira nas mulleres.
  • A tapa cervical e o diafragma non poden ser usados por persoas alérxicas ao látex.


SELANDO O DESTINO

 



Os métodos anticonceptivos permanentes son deseñadas para persoas que están seguras de que non queren ter fillos no futuro. Son altamente efectivos e, na maioría dos casos, irreversibles. Aquí atopámonos os dous principais métodos permanentes que son, por unha banda a esterilización feminina (ligadura de trompas) e polo outro a esterilización masculina (vasectomía).

Esterilización Feminina: Ligadura de Trompas A ligadura de trompas é un procedemento cirúrxico no que se bloquean ou se cortan as trompas de Falopio para evitar que os óvulos se atopen cos espermatozoides. Existen varias técnicas para realizar esta intervención:

  • Laparoscopía: Un mégodo común onde se fan pequenas incisiones no abdome. Utilízase un laparoscopio (un tubo cunha cámara) para guiar o procedemento, durante o cal as trompas se poden cortar, queimar ou pechar con aneis ou clips.
  • Mini-laparotomía: Xeralmente realizada pouco despois do parto. Faise unha pequena incisión no abdome para acceder e pechar as trompas de Falopio.
  • Laparotomía: Un procedemento máis extenso que pode realizarse durante unha cesárea ou cando é necesaria unha cirurxía abdominal.
  • Histeroscopía: Un método menos común onde se insiren pequenos dispositivos a través da vaxina e o útero ata as trompas de Falopio para bloquealas.
  1. Moi alta efectividade.
  2. Non afecta os niveis hormonais.
  3. Non interfire coa actividade sexual.
Desvantaxes:
  1. Require cirurxía e, por tanto, ten riscos cirúrxicos.
  2. Xeralmente irreversible.
  3. Non protexe contra as infeccións de transmisión sexual (ITS).


Esterilización Masculina: Vasectomía
A vasectomía é un procedemento cirúrxico no que se cortan ou selan os condutos deferentes para evitar que os espermatozoides se mesturen co seme durante a exaculación. Hai dúas técnicas principais:

  • Vasectomía convencional: Faise unha pequena incisión no escroto para acceder aos condutos deferentes, que logo se cortan e selan.
  • Vasectomía sen bisturí: Unha técnica menos invasiva na que se fai unha pequena punción no escroto para acceder e selar os condutos deferentes. Este método tende a ter menos complicacións e un tempo de recuperación máis rápido.
  1. Moi alta efectividade.
  2. Procedemento menos invasivo que a esterilización feminina.
  3. Recuperación rápida con mínima incomodidade.
  4. Non afecta a produción de hormonas masculinas, a libido nin a capacidade de ter unha erección.
Desvantaxes:
  1. Xeralmente irreversible.
  2. Pode haber dor ou incomodidade despois do procedemento.
  3. Non protexe contra as ITS.








MÉTODOS PARA CREAR VIDA

 

Os métodos de reprodución asistida son técnicas médicas que permiten a persoas con distintas dificultades para ter fillos de forma natural, poder telos mediante diversos procedementos. Estes métodos poden requirir procedementos médicos, intervencións hormonais e tecnoloxía avanzada. Algúns dos métodos máis comúns:

Inseminación artificial:

Consiste en colocar os espermatozoides no colo do útero (Inseminación Intracervical) ou colocalos directamente dentro do útero da muller (Inseminación Intrauterina), achegándoos o máximo posible ao óvulo para facilitar a fecundación. Adóitase utilizar en casos de pouca  mobilidade dos espermatozoides.

Doazón de gametos:

Este método varía segundo o sexo do paciente.

Doazón de óvulos: Utilizada cando a muller non pode producir óvulos viables. Os óvulos doados son fertilizados co esperma da parella ou dun doante e logo transferidos ao útero da muller receptora.

Doazón de espermatozoides: Usada cando o home ten problemas de fertilidade. Os espermatozoides dun doante utilízanse para fertilizar os óvulos da muller.

Doazón de embrións:

Embrións doados por outras parellas que pasaron por tratamentos de fertilización in vitro e teñen embrións sobrantes. Estes embrións transfírense ao útero da muller receptora.

Estimulación ovárica:

Son medicamentos
hormonais que se utilizan para estimular os ovarios da muller, aumentando a produción de óvulos. Habitualmente utilízase este método antes de tentar  outros procedementos como  a fertilización in vitro ou a inseminación artificial.


Fertilización in vitro (FIV):

 Implica a extracción de óvulos dos ovarios da muller, os cales son fertilizados con espermatozoides nun laboratorio. Os embrións resultantes cultívanse durante uns días e posteriormente son transferidos ao útero.




Entre os anteriores métodos a fertilización in vitro (FIV) é probablemente un dos máis interesantes por varias razóns.

É unha opción versátil, xa que, é  viable para unha ampla variedade de problemas de fertilidade, tanto en homes como en mulleres. Isto inclúe problemas de ovulación, danos nas trompas de Falopio, endometriose e baixa calidade dos espermatozoides.

A FIV permite a personalización do tratamento. Por exemplo, a técnica de inxección intracitoplasmática de espermatozoides (ICSI) pode ser engadida para casos de infertilidade masculina severa. Este método é unha variación da FIV que consiste en inxectar un espermatozoide directamente no óvulo, aumentando as posibilidades de fertilización.


Ademais, aínda que non garante o embarazo, a FIV ofrece unha das taxas de éxito máis altas entre os métodos de reprodución asistida.

Tamén facilita o uso de óvulos, espermatozoides e embrións doados, así como a maternidade subrogada.


Outra vantaxe é que permite a conxelación de óvulos e embrións, o que é especialmente útil para persoas que deben someterse a tratamentos médicos que poden afectar a súa fertilidade, como a quimioterapia.

No ámbito tecnolóxico a FIV destaca pola utilización de técnicas sofisticadas para a manipulación e fertilización de óvulos e espermatozoides fóra do corpo humano, o cal representa unha oportunidade para o estudo, a comprensión  e a investigación no campo da medicina reprodutiva. Os avances nesta área levaron a melloras continuas nas taxas de éxito e seguridade do procedemento.

 







ANTICONCEPTIVOS HORMONAIS

 


Un método anticonceptivo é calquera método, medicamento ou dispositivo que se empregue para evitar ou reducir as posibilidades dun embarazo. 

Podemos clasificalos en: Métodos anticonceptivos reversibles de larga duración, métodos hormonais, métodos de barreira, anticonceptivos de emerxencia, esterilización e métodos naturais.

Anticonceptivos hormonais

Estes métodos consisten na utilización de hormonas para regular ou deter a ovulación e evitar o embarazo.  A ovulación é o proceso biolóxico no cal os ovarios liberan un óvulo, que queda dispoñible para a fecundación. As hormonas pódense subministrar no corpo de varias maneiras, como: Pílulas, inxeccións, parches cutáneos, xeles transdérmicos, aneis vaxinais, sistemas intrauterinos e baleas implantables. 

Dependendo  do tipo de hormonas que se forneza, estes métodos poden: Evitar a ovulación; engrosar o moco cervical, o que axuda a impedir que o esperma chegue ao óvulo; ou afinar o tecido que recubre o útero. Este tipo de tratamento debe ser receitados por un profesional da saúde.


  • Pílulas anticonceptivas
Estas poden ser:

Pílulas anticonceptivas combinadas:
Estas conteñen un estróxeno sintético e unha proxestina, os cales serven para impedir a ovulación. A usuaria deste método debe toma unha píldora á mesma hora cada día. 
Algunhas das vantaxes que teñen este tipo de píldoras son que regula o ciclo menstrual, e pode reducir o acne e os síntomas da síndrome premenstrual.
Por outra banda a desvantaxe que teñen é que se teñen que tomar á mesma hora todos os días para que sexa efectiva.




Pílulas solo de proxestina:

A pílula só de proxestina, do mesmo xeito que as pílulas combinadas, tómase unha por día, á mesma hora cada día. Estas poden interferir coa ovulación ou coa actividade do esperma, engrosando ou moco cervical, ou que dificulta que ou esperma nade cara ao útero ou ingrese ás trompas de Falopio, a parte disto, tamén adelgazan o revestimento do útero. 

A vantaxe que teñen é que serven para as mulleres que non poden tomar estroxeno.

En canto ás desvantaxes que teñen, son: Alteran os cambios cíclicos normais non revestimento uterino e poden provocar sangrado non previsto ou entre os períodos menstruais normais, ademais disto, tamén ten a mesma desvantaxe que as combinadas, que ambas se teñen que tomar todos os días á mesma hora para que sexan efectivas.


  • Inxeccións anticonceptivas:
Este método implica a inxección dunha proxestina unha vez cada 3 meses. Este método suprime a ovulación, engrosan o moco cervical e adelgazan o revestimento do útero.

As desvantaxes que ten son que: A maioría das pacientes que utilizan métodos anticonceptivos inxectables deben levar unha dieta rica en calcio e vitamina D ou tomar suplementos vitamínicos mentres reciben este medicamento, e que poden causar cambios no patrón de sangrado ademais dunha demora no retorno da fertilidade despois de suspender as inxeccións.

As vantaxes que ten é que ten alta eficacia e que non require mantemento diario.




  • Parches anticonceptivos:
É un parche de plástico fino que se adhire á pel e libera hormonas ao torrente sanguíneo a través da pel.  O parche colócase na parte baixa do abdome, as nádegas, a parte externa do brazo ou a parte superior do corpo.  Colócase un novo parche unha vez por semana durante 3 semanas e non se usa parche na cuarta semana para permitir a menstruación. 

  • Anel vaxinal:
O anel é fino e flexible. Administra unha combinación de etinilestradiol e proxestina. Este insírese na vaxina, onde libera de forma continua hormonas durante 3 semanas. A muller retírallo na cuarta semana e insire un anel novo 7 días despois. Os riscos deste método anticonceptivo son similares aos das pílulas anticonceptivas orais combinadas. 







  • Implantes anticonceptivos:
Os implantes son bastons implantables de plástico flexible. Un médico insire cirurxicamente o bastón baixo a pel na parte superior do brazo da muller.
Os bastóns liberan proxestina e poden permanecer colocadas durante ata 5 anos. 


  • Dispositivos Intrauterinos (DIU) Hormonais:

Un DIU hormonal  libera unha hormona proxestina no útero. A hormona liberada fai que o moco cervical engrósese, evita a chegada do esperma ao óvulo e a súa fecundación, afina o revestimento uterino e pode impedir que os ovarios liberen óvulos.











PREVIR ANTES QUE CURAR O INCURABLE

O virus de inmunodeficiencia humana, VIH, é o virus que causa a síndrome de inmunodeficiencia adquirida, a SIDA. Cando unha persoa contrae o VIH, o virus ataca e debilita o sistema inmunitario. Tras a infección inicial é máis probable que o infectado non o note. A medida que o sistema inmunitario se debilita, a persoa está no risco de contraer infeccións, como pode ser a tuberculose, ademais de outras infeccións oportunistas e tumores que raramente afectan a persoas con un sistema inmunitario san, e cánceres que poden ser mortais. Cando isto sucede, aparece a enfermidade do sida. Unha vez que unha persoa a contrae, permanecerá con ela polo resto da súa vida. 

Este virus pódese propagar dunha persoa a través de varios fluídos como poden ser:

  • O sangue.
  • Seme e líquido preseminal.
  • Fluídos rectais.
  • Fluídos vaxinais.
  • Leite materno.


Algunhas persoas non presentan indicios de ter o sida pero os que si teñen presentan estes síntomas:

Ao principio comeza cunha gripe, con febre, dor de cabeza, unha dor de garganta,... Cando a infección vai debilitando máis ao sistema comezan a aparecer perda de peso, tose,... E cando xa está totalmente debilitado o sistema inmunitario comezan as enfermidades máis fortes: tuberculose, cánceres e tumores.

As maneiras máis común de contraer esta enfermidade é por sexo, incluíndo o sexo anal e oral, transfusións de sangue contaminada, agullas hipodérmicas e a nai durante o embarazo o parto e a lactación. 

Métodos de prevención contra esta enfermidade de 
transmisión sexual:
  • Sexo seguro e usando métodos anticonceptivos.
  • Programas de intercambio de agullas.
  • Tratamento aos infectados.

-A circuncisión, que ven sendo unha operación cirúrxica que consiste en cortar unha porción ou a totalidade do prepucio do pene humano.

No caso da infección do bebé frecuentemente o pode previrse ao dar a medicación antirretoviral tanto á nai como ao fillo.

Para esta enfermidade non hai cura ou vacina existente, pero o tratamento antirretroviral pode atrasar o curso da enfermidade e pode levar a unha vida case completamente normal. Sen tratamento o tempo de vida despois da infección é de 11 anos aproximadamente.



DIFERENTES RECEITAS DE FELICIDADE

 


As técnicas de reprodución asistida (TRA) son intervencións médicas deseñadas para axudar ás persoas a ter fillos cando enfrontan problemas de fertilidade. Estas técnicas avanzaron considerablemente nas últimas décadas, ofrecendo maior posibilidade as parellas. As técnicas principais son as seguintes:

  • Inseminación Artificial: Esta técnica consiste en colocar espermatozoides directamente no útero da muller durante o seu período ovulatorio. Este procedemento pode realizarse cun esperma da parella ou co dun doador. Agora ben, cando se emprega esta técnica? Pois ben como sabemos hai diferentes técnicas e segundo as dificultades da parella emprégase unha ou outra. Neste caso a técnica de inseminación artificial emprégase cando os espermatozoides do home teñen baixa  movilidade e non poden chegar aos óvulos por sí mesmos. Tamén se emprega esta técnica en mulleres con problemas para ovular regularmente. Do mesmo xeito emprégase cando non se coñece a causa específica da infertilidade. Outra técnica é a inxección intracitoplasmática de espermatozoides, a  ICSI é unha variante da FIV na que se inxecta directamente un espermatozoide no citoplasma dun óvulo. Este método emprégase para asegurar a fertilización cando existen problemas severos cos espermatozoides.
  • Fecundación in Vitro (FIV). Nesta técnica extráense os óvulos da muller, que logo son fertilizados cos espermatozoides nun laboratorio. Os embrións resultantes cultívanse durante uns días antes de ser transferidos ao útero da muller. Esta técnica emprégase en mulleres cuxas trompas de Falopio están bloqueadas ou danadas, cando hai unha baixa cantidades de espermatozoides ou mala calidade destes e en mulleres con endometriose que afecta á fertilidade. Tamén podemos encontrar a doazón de óvulos, este procedemento implica o uso de óvulos doados  doutra muller  que logo son fertilizados mediante a FIV e transferidos a útero da receptora, este procedemento úsase en mulleres que non poden producir os seus propios óvulos, en mulleres maiores que teñen unha baixa reserva ovárica e cando se desexa evitar a transmisión dunha enfermidade xenética. Existen máis técnicas de reprodución asistida como por exemplo o ventre de alugueiro
  • ou xestación subrogada e a transferencia de embrións conxelados. Estas técnicas teñen moitas avantaxas pero en algúns casos como por exemplo na FIV ponse en perigo a vida dalgunhas mulleres xa que hai moitos casos nos que algunhas clínicas privadas permiten levar a cabo embarazos múltiples de catro e ata cinco embrións cando só está permitido levar acabo ata tres xa que deixar levar a cabo un embarazo de catro embrións sería moi perigoso por isto ademais das súas vantaxes pode ser moi perigoso.

                                                           

 

















FAI UN BO USO DOS MÉTODOS



 



Hoxe en día hay múltiples enfermidades de transmisión sexual, un exemplo delas é a Clamidia.

A Clamidia é unha enfermidade infecciosa de transmisión sexual, bastante común entre as persoas. A súa causa é unha bacteria chamada Chlamydia trachomatis. É moi común por unha parte, que a persoa que teña esta enfermidade non se de de conta, xa que pode non ter ningún tipo de síntoma ligado. Por outro lado hai persoas que si notan distintos síntomas, soen aparecer as semanas de contraela e notan molestias ao ouriñar incluso náuseas e febre. 

A Clamidia propágase ao manter relacións sexuais cunha persoa infectada por esta bacteria, ou unha nai pode transmitirlla ao seu bebé no parto. Aínda que é unha enfermidade mais común nos xvenes.

Esta só se cura co uso de antibióticos, con unha sola dose ou ata sete días de tratamentos. Non se debería de volver a manter relacións sexuais ata que remate a infección xa que é moi común volver a contraer a enfermidade e os danos causados son permanentes.


A Clamidia, como todas as enfermidades de transmisión sexual, pode ser curada unha vez contraída, pero o ideal é previla mediante o uso de métodos anticonceptivos ou mantendo unha hixiene adecuada.
Manter unha hixiene íntima correcta debe de ser fundamental para evitar infeccións e múltiples enfermidades que impiden levar unha vida sexual saudable.

No caso dos métodos anticonceptivos para impedir o contaxio de enfermidades sexuais, son aqueles que
actúan como barreiras, xa que impiden o contacto directo. Os máis comúns son os condóns. Existe tanto condón masculino como feminino. Os masculinos son fundas de látex que se colocan no pene. Estes preveñen a maioría de enfermidades incluíndo o VIH . Por outro lado o feminino é unha funda que se inxecta na vaxina antes do coito, é unha boa alternativa ao látex. Pero aparte deste método existen moitos outros.

Algo moi importante que debemos de ter en conta ao manter relacións sexuais e a comunicación e o respecto.  Xa que a educación sexual é esencial e por suposto o uso de métodos de protección e hixiene son fundamentais e debemos empregalos sempre. O uso correcto destes axuda para a prevención das ETS ( enfermidades de transmisión sexual).




MÁIS ALÁ DO TABÚ

 


A gonorrea é unha infección de transmisión sexual (ITS), causada pola bacteria Neisseria gonorrhoeae. Afecta tanto a homes coma mulleres e pode infectar a uretra, o recto, a garganta e no caso as mulleres, o recto. É unha das ITS máis comúns e presenta serios desafíos para a saúde pública pola  súa alta transmisibilidade.

Os síntomas varían  segundo a parte do corpo infectada e poden ser diferentes en homes e mulleres:

  • Homes: Os síntomas poden incluír secreción amarela ou  verde do pene, dor ao ouriñar, e nalgúns casos, dor ou inflamación nos testículos. 
  • Mulleres: Os síntomas adoitan ser máis leves e poden incluír secrecións vaxinais inusuais, dor ao ouriñar, sangrado entre períodos, e dor nas relación sexuais. Moitas mulleres con gonorrea son asintomáticas e poden ter: infección rectal, causa secreción, picazón, dor, sangrado ou dor ao defecar e infección farínxea, adoita ser  asintomática e causa dor de garganta.
O diagnóstico da gonorrea realízase a través de probas de laboratorio como:
  • Cultivo bacteriano: Unha mostra da secreción infectada cultívase no laboratorio.
  • Proba de amplificación de ácidos nucleicos (PCR): Detecta o material xenético da Neisseria gonorrhoeae na mostra.
  • Tinción de Gram: Especialmente útil en mostras de uretra masculina, onde as bacterias pódense ver directamente baixo o microscopio.



En canto a tratar a gonorrea, o seu tratamento foi evolucionando significativamente debido á aparición de cepas resistentes aos antibióticos. Actualmente o tratamento consta de: Ceftriaxona e a Azitomizina, que se emprega normalmente xunto co anterior para previr coeinfeccións con clamidIa. Ademais de que para que o tratamento sexa eficaz, tense que seguir as pautas  dos organismos de saúde pública, coma os centros de prevención e control de enfermidades (CDC). É crucial que ambos integrantes da parella sexan tratados simultaneamente para previr a reinfección. O estigma asociado as ITS pode impedir que as persoas busquen diagnóstico e tratamento oportunos. En moitas rexións do mundo o acceso a servizos de saúde sexual e reprodutiva é limitado, o que dificulta a prevención e tratamento eficaz da gonorrea.


A prevención da gonorrea inclúe o uso de preservativos durante as relacións sexuais, o mantemento de relacións monógamas mutuamente exclusivas e a educación sobre a saúde sexual. Ademais, é importante que as persoas sexualmente activas sométanse a probas de ITS regularmente e busquen tratamento inmediato se se detecta unha infección.






MÉTODOS NATURALMENTE ANTICONCEPTIVOS

 


Todos sabemos que existen distintos tipos de métodos anticonceptivos pero,que é a concepción e cantos tipos de métodos anticonceptivos existen realmente?

A concepción é a colocación do ovulo fecundado no útero, nas paredes do endometrio, polo tanto a anticoncepción é o mal desenvolvemento da concepción. Existen distintos tipos de métodos anticonceptivos: os métodos naturais, de barreira, químicos e hormonais. Este traballo centrarase nos primeiros, os métodos naturais.

Como o seu propio nome indica, estes métodos son naturais e non utilizan ningún tipo de dispositivo ou aparato para impedir a concepción. Todos estes baséanse no ciclo menstrual, que é moi variable e por iso estes métodos métodos non son demasiado fiables.

Como se ve na foto dependendo da fase do ciclo menstrual na que está a muller unhas características concretas varían e coa interpretación de estas variacións e como se crean estes diversos métodos naturais métodos naturais

Existen varios tipos de métodos naturais:

  • Método de calendario: Baséase na etapa de ovulación do ciclo menstrual, que é a etapa fértil do ciclo. Neste método tratase de calcular a etapa fértil do ciclo.
Este método ten un problema, os ciclos menstruais non son todos iguais, poden ser máis largos ou máis curtos e calcular os días exactos nos que ovula unha muller non e fácil.  

  • Método de temperatura: Este basease na temperatura corporal da muller, cando empeza a aumentar a temperatura e que xa ovulou, o día de ovulación é o día de temperatura corporal máis baixo.

Este método ten un problema xa que os espermatozoides poden sobrevivir ata 92 horas no interior da muller, polo tanto este método tampouco é moi efectivo.

  • Método do moco cervical: Este método baséase na elasticidade do moco cervical, se este é moi elástico e que a muller está nos seus días fértiles.

O problema deste método é o mesmo do anterior, non sabes o momento da ovulación antes de tempo é os espermatozoides aguantan entre 2 e 3 días dentro da muller.

  • Método de coito interrompido: Este baséase na exaculación fora da muller, se non hai exaculación dentro da muller non hai espermatozoides que podan fecundar un óvulo.
Este método ten o problema de que se te despistas podes exacular, por pouco que sexa dentro e a falta de satisfacción e a sensación de coito incompleto.

Ningún destes métodos son moi eficaces pero o bo que teñen e que son naturais e non existen ningún tipo de efectos secundarios, pero estes a diferencia do preservativo podes padecer enfermidades de transmisión sexual.






A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...