09 xuño 2024

SELANDO O DESTINO

 



Os métodos anticonceptivos permanentes son deseñadas para persoas que están seguras de que non queren ter fillos no futuro. Son altamente efectivos e, na maioría dos casos, irreversibles. Aquí atopámonos os dous principais métodos permanentes que son, por unha banda a esterilización feminina (ligadura de trompas) e polo outro a esterilización masculina (vasectomía).

Esterilización Feminina: Ligadura de Trompas A ligadura de trompas é un procedemento cirúrxico no que se bloquean ou se cortan as trompas de Falopio para evitar que os óvulos se atopen cos espermatozoides. Existen varias técnicas para realizar esta intervención:

  • Laparoscopía: Un mégodo común onde se fan pequenas incisiones no abdome. Utilízase un laparoscopio (un tubo cunha cámara) para guiar o procedemento, durante o cal as trompas se poden cortar, queimar ou pechar con aneis ou clips.
  • Mini-laparotomía: Xeralmente realizada pouco despois do parto. Faise unha pequena incisión no abdome para acceder e pechar as trompas de Falopio.
  • Laparotomía: Un procedemento máis extenso que pode realizarse durante unha cesárea ou cando é necesaria unha cirurxía abdominal.
  • Histeroscopía: Un método menos común onde se insiren pequenos dispositivos a través da vaxina e o útero ata as trompas de Falopio para bloquealas.
  1. Moi alta efectividade.
  2. Non afecta os niveis hormonais.
  3. Non interfire coa actividade sexual.
Desvantaxes:
  1. Require cirurxía e, por tanto, ten riscos cirúrxicos.
  2. Xeralmente irreversible.
  3. Non protexe contra as infeccións de transmisión sexual (ITS).


Esterilización Masculina: Vasectomía
A vasectomía é un procedemento cirúrxico no que se cortan ou selan os condutos deferentes para evitar que os espermatozoides se mesturen co seme durante a exaculación. Hai dúas técnicas principais:

  • Vasectomía convencional: Faise unha pequena incisión no escroto para acceder aos condutos deferentes, que logo se cortan e selan.
  • Vasectomía sen bisturí: Unha técnica menos invasiva na que se fai unha pequena punción no escroto para acceder e selar os condutos deferentes. Este método tende a ter menos complicacións e un tempo de recuperación máis rápido.
  1. Moi alta efectividade.
  2. Procedemento menos invasivo que a esterilización feminina.
  3. Recuperación rápida con mínima incomodidade.
  4. Non afecta a produción de hormonas masculinas, a libido nin a capacidade de ter unha erección.
Desvantaxes:
  1. Xeralmente irreversible.
  2. Pode haber dor ou incomodidade despois do procedemento.
  3. Non protexe contra as ITS.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...