As técnicas de reprodución asistida (TRA) son intervencións médicas deseñadas para axudar ás persoas a ter fillos cando enfrontan problemas de fertilidade. Estas técnicas avanzaron considerablemente nas últimas décadas, ofrecendo maior posibilidade as parellas. As técnicas principais son as seguintes:
- Inseminación Artificial: Esta técnica consiste en colocar espermatozoides directamente no útero da muller durante o seu período ovulatorio. Este procedemento pode realizarse cun esperma da parella ou co dun doador. Agora ben, cando se emprega esta técnica? Pois ben como sabemos hai diferentes técnicas e segundo as dificultades da parella emprégase unha ou outra. Neste caso a técnica de inseminación artificial emprégase cando os espermatozoides do home teñen baixa movilidade e non poden chegar aos óvulos por sí mesmos. Tamén se emprega esta técnica en mulleres con problemas para ovular regularmente. Do mesmo xeito emprégase cando non se coñece a causa específica da infertilidade. Outra técnica é a inxección intracitoplasmática de espermatozoides, a ICSI é unha variante da FIV na que se inxecta directamente un espermatozoide no citoplasma dun óvulo. Este método emprégase para asegurar a fertilización cando existen problemas severos cos espermatozoides.
- Fecundación in Vitro (FIV). Nesta técnica extráense os óvulos da muller, que logo son fertilizados cos espermatozoides nun laboratorio. Os embrións resultantes cultívanse durante uns días antes de ser transferidos ao útero da muller. Esta técnica emprégase en mulleres cuxas trompas de Falopio están bloqueadas ou danadas, cando hai unha baixa cantidades de espermatozoides ou mala calidade destes e en mulleres con endometriose que afecta á fertilidade. Tamén podemos encontrar a doazón de óvulos, este procedemento implica o uso de óvulos doados doutra muller que logo son fertilizados mediante a FIV e transferidos a útero da receptora, este procedemento úsase en mulleres que non poden producir os seus propios óvulos, en mulleres maiores que teñen unha baixa reserva ovárica e cando se desexa evitar a transmisión dunha enfermidade xenética. Existen máis técnicas de reprodución asistida como por exemplo o ventre de alugueiro
- ou xestación subrogada e a transferencia de embrións conxelados. Estas técnicas teñen moitas avantaxas pero en algúns casos como por exemplo na FIV ponse en perigo a vida dalgunhas mulleres xa que hai moitos casos nos que algunhas clínicas privadas permiten levar a cabo embarazos múltiples de catro e ata cinco embrións cando só está permitido levar acabo ata tres xa que deixar levar a cabo un embarazo de catro embrións sería moi perigoso por isto ademais das súas vantaxes pode ser moi perigoso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.