09 xuño 2024

PREVIR ANTES QUE CURAR O INCURABLE

O virus de inmunodeficiencia humana, VIH, é o virus que causa a síndrome de inmunodeficiencia adquirida, a SIDA. Cando unha persoa contrae o VIH, o virus ataca e debilita o sistema inmunitario. Tras a infección inicial é máis probable que o infectado non o note. A medida que o sistema inmunitario se debilita, a persoa está no risco de contraer infeccións, como pode ser a tuberculose, ademais de outras infeccións oportunistas e tumores que raramente afectan a persoas con un sistema inmunitario san, e cánceres que poden ser mortais. Cando isto sucede, aparece a enfermidade do sida. Unha vez que unha persoa a contrae, permanecerá con ela polo resto da súa vida. 

Este virus pódese propagar dunha persoa a través de varios fluídos como poden ser:

  • O sangue.
  • Seme e líquido preseminal.
  • Fluídos rectais.
  • Fluídos vaxinais.
  • Leite materno.


Algunhas persoas non presentan indicios de ter o sida pero os que si teñen presentan estes síntomas:

Ao principio comeza cunha gripe, con febre, dor de cabeza, unha dor de garganta,... Cando a infección vai debilitando máis ao sistema comezan a aparecer perda de peso, tose,... E cando xa está totalmente debilitado o sistema inmunitario comezan as enfermidades máis fortes: tuberculose, cánceres e tumores.

As maneiras máis común de contraer esta enfermidade é por sexo, incluíndo o sexo anal e oral, transfusións de sangue contaminada, agullas hipodérmicas e a nai durante o embarazo o parto e a lactación. 

Métodos de prevención contra esta enfermidade de 
transmisión sexual:
  • Sexo seguro e usando métodos anticonceptivos.
  • Programas de intercambio de agullas.
  • Tratamento aos infectados.

-A circuncisión, que ven sendo unha operación cirúrxica que consiste en cortar unha porción ou a totalidade do prepucio do pene humano.

No caso da infección do bebé frecuentemente o pode previrse ao dar a medicación antirretoviral tanto á nai como ao fillo.

Para esta enfermidade non hai cura ou vacina existente, pero o tratamento antirretroviral pode atrasar o curso da enfermidade e pode levar a unha vida case completamente normal. Sen tratamento o tempo de vida despois da infección é de 11 anos aproximadamente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...