A gonorrea é unha infección de transmisión sexual (ITS), causada pola bacteria Neisseria gonorrhoeae. Afecta tanto a homes coma mulleres e pode infectar a uretra, o recto, a garganta e no caso as mulleres, o recto. É unha das ITS máis comúns e presenta serios desafíos para a saúde pública pola súa alta transmisibilidade.
Os síntomas varían segundo a parte do corpo infectada e poden ser diferentes en homes e mulleres:
- Homes: Os síntomas poden incluír secreción amarela ou verde do pene, dor ao ouriñar, e nalgúns casos, dor ou inflamación nos testículos.
- Mulleres: Os síntomas adoitan ser máis leves e poden incluír secrecións vaxinais inusuais, dor ao ouriñar, sangrado entre períodos, e dor nas relación sexuais. Moitas mulleres con gonorrea son asintomáticas e poden ter: infección rectal, causa secreción, picazón, dor, sangrado ou dor ao defecar e infección farínxea, adoita ser asintomática e causa dor de garganta.
- Cultivo bacteriano: Unha mostra da secreción infectada cultívase no laboratorio.
- Proba de amplificación de ácidos nucleicos (PCR): Detecta o material xenético da Neisseria gonorrhoeae na mostra.
- Tinción de Gram: Especialmente útil en mostras de uretra masculina, onde as bacterias pódense ver directamente baixo o microscopio.
En canto a tratar a gonorrea, o seu tratamento foi evolucionando significativamente debido á aparición de cepas resistentes aos antibióticos. Actualmente o tratamento consta de: Ceftriaxona e a Azitomizina, que se emprega normalmente xunto co anterior para previr coeinfeccións con clamidIa. Ademais de que para que o tratamento sexa eficaz, tense que seguir as pautas dos organismos de saúde pública, coma os centros de prevención e control de enfermidades (CDC). É crucial que ambos integrantes da parella sexan tratados simultaneamente para previr a reinfección. O estigma asociado as ITS pode impedir que as persoas busquen diagnóstico e tratamento oportunos. En moitas rexións do mundo o acceso a servizos de saúde sexual e reprodutiva é limitado, o que dificulta a prevención e tratamento eficaz da gonorrea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.