09 xuño 2024

FAI UN BO USO DOS MÉTODOS



 



Hoxe en día hay múltiples enfermidades de transmisión sexual, un exemplo delas é a Clamidia.

A Clamidia é unha enfermidade infecciosa de transmisión sexual, bastante común entre as persoas. A súa causa é unha bacteria chamada Chlamydia trachomatis. É moi común por unha parte, que a persoa que teña esta enfermidade non se de de conta, xa que pode non ter ningún tipo de síntoma ligado. Por outro lado hai persoas que si notan distintos síntomas, soen aparecer as semanas de contraela e notan molestias ao ouriñar incluso náuseas e febre. 

A Clamidia propágase ao manter relacións sexuais cunha persoa infectada por esta bacteria, ou unha nai pode transmitirlla ao seu bebé no parto. Aínda que é unha enfermidade mais común nos xvenes.

Esta só se cura co uso de antibióticos, con unha sola dose ou ata sete días de tratamentos. Non se debería de volver a manter relacións sexuais ata que remate a infección xa que é moi común volver a contraer a enfermidade e os danos causados son permanentes.


A Clamidia, como todas as enfermidades de transmisión sexual, pode ser curada unha vez contraída, pero o ideal é previla mediante o uso de métodos anticonceptivos ou mantendo unha hixiene adecuada.
Manter unha hixiene íntima correcta debe de ser fundamental para evitar infeccións e múltiples enfermidades que impiden levar unha vida sexual saudable.

No caso dos métodos anticonceptivos para impedir o contaxio de enfermidades sexuais, son aqueles que
actúan como barreiras, xa que impiden o contacto directo. Os máis comúns son os condóns. Existe tanto condón masculino como feminino. Os masculinos son fundas de látex que se colocan no pene. Estes preveñen a maioría de enfermidades incluíndo o VIH . Por outro lado o feminino é unha funda que se inxecta na vaxina antes do coito, é unha boa alternativa ao látex. Pero aparte deste método existen moitos outros.

Algo moi importante que debemos de ter en conta ao manter relacións sexuais e a comunicación e o respecto.  Xa que a educación sexual é esencial e por suposto o uso de métodos de protección e hixiene son fundamentais e debemos empregalos sempre. O uso correcto destes axuda para a prevención das ETS ( enfermidades de transmisión sexual).




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...