Todos sabemos que existen distintos tipos de métodos anticonceptivos pero,que é a concepción e cantos tipos de métodos anticonceptivos existen realmente?
A concepción é a colocación do ovulo fecundado no útero, nas paredes do endometrio, polo tanto a anticoncepción é o mal desenvolvemento da concepción. Existen distintos tipos de métodos anticonceptivos: os métodos naturais, de barreira, químicos e hormonais. Este traballo centrarase nos primeiros, os métodos naturais.
Como o seu propio nome indica, estes métodos son naturais e non utilizan ningún tipo de dispositivo ou aparato para impedir a concepción. Todos estes baséanse no ciclo menstrual, que é moi variable e por iso estes métodos métodos non son demasiado fiables.Como se ve na foto dependendo da fase do ciclo menstrual na que está a muller unhas características concretas varían e coa interpretación de estas variacións e como se crean estes diversos métodos naturais métodos naturais.
Existen varios tipos de métodos naturais:
- Método de calendario: Baséase na etapa de ovulación do ciclo menstrual, que é a etapa fértil do ciclo. Neste método tratase de calcular a etapa fértil do ciclo.
- Método de temperatura: Este basease na temperatura corporal da muller, cando empeza a aumentar a temperatura e que xa ovulou, o día de ovulación é o día de temperatura corporal máis baixo.
Este método ten un problema xa que os espermatozoides poden sobrevivir ata 92 horas no interior da muller, polo tanto este método tampouco é moi efectivo.
- Método do moco cervical: Este método baséase na elasticidade do moco cervical, se este é moi elástico e que a muller está nos seus días fértiles.
O problema deste método é o mesmo do anterior, non sabes o momento da ovulación antes de tempo é os espermatozoides aguantan entre 2 e 3 días dentro da muller.
- Método de coito interrompido: Este baséase na exaculación fora da muller, se non hai exaculación dentro da muller non hai espermatozoides que podan fecundar un óvulo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.