Os métodos de reprodución asistida son técnicas médicas que permiten a persoas con distintas dificultades para ter fillos de forma natural, poder telos mediante diversos procedementos. Estes métodos poden requirir procedementos médicos, intervencións hormonais e tecnoloxía avanzada. Algúns dos métodos máis comúns:
Consiste en colocar os espermatozoides no colo do útero (Inseminación Intracervical) ou colocalos directamente dentro do útero da muller (Inseminación Intrauterina), achegándoos o máximo posible ao óvulo para facilitar a fecundación. Adóitase utilizar en casos de pouca mobilidade dos espermatozoides.
Este método varía segundo o sexo do paciente.Doazón de óvulos: Utilizada cando a muller non pode producir óvulos viables. Os óvulos doados son fertilizados co esperma da parella ou dun doante e logo transferidos ao útero da muller receptora.
Doazón de espermatozoides: Usada cando o home ten problemas de fertilidade. Os espermatozoides dun doante utilízanse para fertilizar os óvulos da muller.
Embrións doados por outras parellas que pasaron por tratamentos de fertilización in vitro e teñen embrións sobrantes. Estes embrións transfírense ao útero da muller receptora.
Son medicamentoshormonais que se utilizan para estimular os ovarios da muller, aumentando a produción de óvulos. Habitualmente utilízase este método antes de tentar outros procedementos como a fertilización in vitro ou a inseminación artificial.
• Fertilización in vitro (FIV):
Implica a extracción de óvulos dos ovarios da muller, os cales son fertilizados con espermatozoides nun laboratorio. Os embrións resultantes cultívanse durante uns días e posteriormente son transferidos ao útero.
Entre os anteriores métodos a fertilización in vitro (FIV) é probablemente un dos máis interesantes por varias razóns.
É unha opción versátil, xa que, é viable para unha ampla variedade de problemas de fertilidade, tanto en homes como en mulleres. Isto inclúe problemas de ovulación, danos nas trompas de Falopio, endometriose e baixa calidade dos espermatozoides.
A FIV permite a personalización do tratamento. Por exemplo, a técnica de inxección intracitoplasmática de espermatozoides (ICSI) pode ser engadida para casos de infertilidade masculina severa. Este método é unha variación da FIV que consiste en inxectar un espermatozoide directamente no óvulo, aumentando as posibilidades de fertilización.
Ademais, aínda que non garante o embarazo, a FIV ofrece unha das taxas de éxito máis altas entre os métodos de reprodución asistida.
Tamén facilita o uso de óvulos, espermatozoides e embrións doados, así como a maternidade subrogada.
Outra vantaxe é que permite a conxelación de óvulos e embrións, o que é especialmente útil para persoas que deben someterse a tratamentos médicos que poden afectar a súa fertilidade, como a quimioterapia.
No ámbito tecnolóxico a FIV destaca pola utilización de técnicas sofisticadas para a manipulación e fertilización de óvulos e espermatozoides fóra do corpo humano, o cal representa unha oportunidade para o estudo, a comprensión e a investigación no campo da medicina reprodutiva. Os avances nesta área levaron a melloras continuas nas taxas de éxito e seguridade do procedemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.