06 xuño 2024

O FOGAR DA EMPATÍA



 A homeopatía é un sistema de medicina alternativa que se basea no principio de "similitude", está recoñecida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como unha opción máis para o coidado e benestar das persoas. Utiliza remedios naturais para tratar unha variedade de enfermidades e trastornos. Aínda que foi obxecto de controversia, ofrece un enfoque único para a saúde que merece ser considerado e valorado.

O principal da homeopatía é o concepto "o similar se cura co similar". Isto significa que unha substancia que causa síntomas nunha persoa pode utilizarse para tratar eses mesmos síntomas nunha persoa enferma, dese xeito as doses administradas son diluídas previamente. Ademais, este sistema de medicina alternativa considera que cada individuo é único e trata ao paciente na súa totalidade, abordando tanto os síntomas físicos como emocionais. O obxectivo é aliviar os síntomas que aparecen, é dicir, buscase axudar ao paciente para ¨restablecer o seu equilibrio natural¨.

Aínda que algúns críticos cuestionaron a eficacia da homeopatía debido á alta dilución dos remedios, numerosos estudos (Investigación, Fundamental para el Desarrollode la Homeopatía) e ensaios clínicos (a base de evidencia clínica homeopatía) demostraron resultados positivos no tratamento dunha variedade de condicións, incluíndo alerxias, trastornos do soño, ansiedade e dores crónicos. Aínda necesítase máis investigación para comprender completamente os mecanismos ds súa acción, os resultados clínicos e a experiencia dos pacientes apoian a súa eficacia.


O que distingue esta forma doutras formas de medicina é o seu enfoque holístico cara á saúde e o benestar. En lugar de simplemente tratar os síntomas dunha enfermidade, tenta identificar e abordar as posibles causas do desequilibrio no corpo, é dicir, tratar de manexar estas causas de maneira efectiva, en lugar de enfocarse só nos síntomas que presenta o paciente. Isto implica tomar en conta non só os síntomas físicos, senón tamén os aspectos emocionais, mentais e espirituais da saúde do paciente. 


Outro dos seus aspectos máis destacados é o seu excelente perfil de seguridade e a ausencia de efectos secundarios graves. Dado que os remedios están altamente diluídos, son moi seguros e non causan efectos secundarios adversos, isto convérteo nunha opción atractiva para aqueles que buscan tratamentos máis suaves e naturais.



VIVIR = CANTO TES E CANTO VALES













Para moitos, é moi normal vacinarse ou asistir ao centro de saúde para que nos consigan axudar co noso malestar. Pero non somos conscientes de que temos un gran privilexio que moitas persoas ao redor do mundo non coñecen.

Pero, para comezar, que é unha vacina? Unha vacina é unha substancia biolóxica que se administra a unha persoa para estimular o seu sistema inmunitario e previr unha enfermidade específica. Ademais é unha preparación de antíxenos que unha vez dentro do corpo provoca unha resposta de ataque, chamada anticorpo. Ao expoñer o sistema inmunitario a estes compoñentes, a vacina axuda ao organismo a desenvolver unha resposta inmune protectora, de xeito que, se a persoa entra posteriormente en contacto co microorganismo real, o seu organismo está preparado para combatelo e evitar que desenvolva a enfermidade.

Cabe destacar que unha vacina non cura unha enfermidade, senón que  pode evitar o SEU desenvolvemento se se administra antes de que a persoa esté exposta ao patóxeno.

Pero... Como se descubriu a primeira vacina? En 1796, Jenner realizou un experimento no que tomou material infectado dunha lesión de varíola vaca nunha leiteira chamada Sarah Nelmes e inoculouno no brazo dun neno de oito anos chamado James Phipps. Despois de que Phipps se recuperou da varíola, Jenner inoculoulle deliberadamente o virus da varíola humana e descubriu que o neno non desenvolveu a enfermidade. Este experimento foi o primeiro paso para o desenvolvemento da vacina contra a varíola. 

Todos temos as mesmas oportunidades de vacinación? No século no que nos atopamos é obvio que non presenciamos as mesmas oportunidades para poder conseguir unha sanidade plena. E tampouco debemos ir a outro continente para darnos conta disto.

A malaria é unha enfermidade que leva afectando a humanidade desde fai 2 ou 3 millóns de anos. A finais do século 19 descúbrese a causa da malaria, e non é ata 2021 cando a RTS,S/AS01 é sometido a rigorosos ensaios clínicos de fase 3, nos que participaron miles de nenos da África subsahariana. Ditos ensayos demostran que a vacina só reduce un 30-40% dita enfermidade.

Esta enfermidade é provocada polo parásito Plasmodium, o cal é transmitido pola picadura do mosquito Anófeles, ademais de que solo este mosquito transmite esta enfermidade e o cal necesita unhas condicións climáticas.

Este mosquito está presente en Europa, África, Asia, América e Oceanía, con especial intensidade en zonas temperadas, tropicais e subtropicais. Pero por qué o 95% dos casos da malaria danse en Africa? Non só inflúe o clima tropical (intensificado polo cambio climático), senón que a pobreza e as deficiencias do sistema sanitario contribúen  a propagación do mosquito anopheles.

Ademais, cal é a eficacia dos antibiónticos e vacinas nestos países?

As condicións sanitarias, conflictos culturais e problemas socioeconómicos inflúen na súa eficacia. 

Co que respecta aos antibióticos, o seu acceso vese limitado debido á falta de infraestrutura sanitaria, recursos e material médico e así dificúltase que as persoas reciban o tratamento necesario para as infeccións bacterianas.


A resistencia aos antibióticos é un problema global que afecta a todos os países, pero é especialmente preocupante en ambientes con acceso limitado a antibióticos de calidade e falta de regulación no seu uso, e así a resistencia bacteriana reduce a eficacia dos tratamentos antibióticos dispoñibles.

Tamén temos que ter en conta que son áreas con malas condicións de vida, falta de acceso a auga potable, saneamento adecuado e hixiene persol as cales aumentan a propagación de infeccións bacterianas, requirindo un uso máis frecuente de antibióticos ainda que non chegan a ser suministrados pola falta de interese dos compradores.


No que consta as vacinas, algunhas destas requiren refrixeración para manter a súa eficacia, o que é un gran reto en áreas con recursos limitados e deficiente infraestrutura da cadea de frío. Tamén, a eficacia das vacinas é afectada pola falta de educación e concienciación sobre a importancia da vacinación. As comunidades poden ser reacias a vacinar aos seus fillos debido a mitos, información errónea ou a falta de comprensión sobre os beneficios da vacinación.


Nunca, ninguén en todo o mundo, vai estar saciado dos seus privilexios. Sempre van a existir persoas as cales non vai chegar a tempo a vacina contra a súa enfermidade, pero a colaboración entre gobernos, organizacións sen ánimo de lucro, institucións académicas e empresas farmacéuticas é esencial para mellorar o acceso a antibióticos e vacinas nos países pobres e abordar os desafíos de resistencia e dispoñibilidade.


Son necesarios máis esforzos de investigación e desenvolvemento para adaptar os tratamentos e as vacinas ás necesidades e recursos dos países subdesenvoltos, así como para abordar as barreiras específicas que enfrontan estas poboacións en termos de acceso e eficacia.






04 xuño 2024

MELLOR PREVIR QUE CURAR


O termo tratamento fai referencia aos métodos ou os medios que se utilizan coa finalidade de curar ou aliviar os síntomas causados por unha enfermidade.

Atendendo aos usos de estes podemos diferenciar entre tres tipos de tratamentos: Tratamentos preventivos, tratamentos curativos e tratamentos paliativos.

Tratamentos preventivos:

Este tipo de tratamentos serven para previr as enfermidade, aquí atopamos a vacinación.
As vacinas son xeralmente inxeccións que se inoculan ao paciente co fin de protexelo e previr unha enfermidade. A vacinación consiste en inocular ao paciente o virus que causa a enfermidade, morto ou inactivo. Isto fai que as defensas do paciente aprendan a recoñecer e combater o virus e así produzan unha resposta inmunitaria maior e máis rápida cando entren en contacto co virus, de maneira que evita que se chegue a desenvolver a enfermidade.

De forma preventiva contra enfermidades contaxiosas tamén podemos ter en conta bos hábitos como: Lavarse as mans regularmente, cubrirse a boca e o nariz ao tusir e esbirrar e a limpeza e desinfección de espazos públicos ou superficies coas que se ten contacto habitualmente.




Tratamentos curativos:

Os tratamentos curativos teñen a finalidade de eliminar a enfermidade, xa desenvolvida no paciente, para conseguir a recuperación total de este.

Un exemplo de tratamentos curativo serían os tratamentos farmacolóxicos.
Neste tipo de tratamentos, dependendo das causas da enfermidade, adminístrase un tipo de medicamento especifico:
  • Antibióticos, para tratar as infeccións causadas por bacterias.
  • Antivirais, para as causadas por virus.
  • Antifúnxicos, para as que son producidas por fungos.

Tratamentos paliativos:

Os tratamentos paliativos teñen a finalidade de aliviar os síntomas causados por unha enfermidade ou proceso vírico o cal non se pode curar. Por exemplo no caso dunha gripe, os medicamentos que se toman non son para atacar ao virus senón para aliviar os síntomas e o mal estar xeral para que o paciente poida pasar o proceso vírico o mellor posible.

Dependendo de que síntomas se queira aliviar úsanse diferentes medicamentos:

Para controlar a dor úsanse analxésicos: Medicamentos como o paracetamol, ibuprofeno e opioides (morfina, fentanilo).

Para outros síntomas utilízanse:
  • Antipiréticos: Para reducir a febre tamén se utilizan o paracetamol e o ibuprofeno.
  • Antieméticos: Para controlar as náuseas e os vómitos hai medicamentos como o ondansetrón e a metoclopramida.
  • Antidiarreicos e laxantes: Para tratar a diarrea ou o estrenximiento, que poden ser causados por unha infección.

ELIXIR DAS VACINAS




As vacinas son produtos biolóxicos utilizados para previr enfermidades infecciosas. A pesar de que a  forma máis común de poñelas é mediante inxeccións, tamén pode ser por vía oral ou nasal.   
Póñenselle a persoas que son propensas a sufrir esa infección, básicamente, porque nunha a tiveron. 
A súa función é preparar ao noso sistema inmune para responder en caso de entrar en contacto cun virus ou bacteria nun futuro. 

Conteñen virus ou bacterias, que poden estar inactivas ou atenuadas, que enganan ao sistema inmunitario. Facendo así que teñamos unha resposta inmunolóxica como si se estivese pasando a enfermidade, pero sin sufrir os efectos negativos dela. Deste modo, cando entremos en contacto co virus ou bacteria, o noso sistema inmune fabricará anticorpos ou células de memoria evitando que se produza a enfermidade.

eficacia das vacinas mide o grao de protección proporcionado pola vacinación para previr infeccións, enfermidades sintomáticas, hospitalizaciós e mortes. Adoita medirse comparando a frecuencia dos resultados de saúde en persoas vacinadas e non vacinadas.

A súa eficacia pode variar debido a:

  • Idade do individuo: os recén nacidos ou as persoas maiores poden ter respostas inmunes menos fortes que os adultos xóvenes.
  • Estado de saúde: as persoas con sistemas inmunes debilitados, como as que teñen VIH, os que reciben quimioterapia ou as personas con enfermidades autoinmunes, poden ter unha resposta reducida ás vacinas. 
  • Outros factores poden ser a xenética, ou tipo de vacina, o cumplimento das condicións de temperaturas, ou a necesidade de varias doses para alcanzar a maior eficacia.  

De forma xeral, as persoas pensan que se unha vacina é eficaz, por exemplo, ao 80%, na práctica funcionará un 80% das veces, pero isto é incorrecto. Si unha vacina é eficaz ao 80%, quere dicir que nun grupo de personas vacinadas, enfermará un 80% menos de persoas tras a súa exposición ao virus.

A pesar de que hai un pequeno grupo da poboación que non está a favor da vacinación, desmostrouse que as vacinas son moi eficaces na prevención de enfermidades infecciosas.
Por exemplo, a vacina contra a varíola foi crucial  para a eliminación da enfermidade en 1980, converténdoa na primeira enfermidade humana eliminada por intervención médica.   
Así mesmo, as vacinas contra o xarampón, a rubéola e outras enfermidades reduciron drasticamente a incidencia destas enfermidades en todo o mundo.






INOPORTUNO VISITANTE INVERNAL


A gripe é unha enfermidade respiratoria contaxiosa causada por virus, afecta principalmente ao nariz, a garganta e, en casos máis graves aos pulmóns. Propágase a través das micro pingas que produce unha persoa infectada ao toser, esbirrar ou falar.

Os tratamentos paliativos son os que se encargan de reducir e alivialos síntomas da enfermidade.

Para o virus da gripe existe multitude de  tratamentos paliativos.

 

Descanso e repouso: Descansar adecuadamente permite que o corpo se recupere. Recoméndase quedarse na casa e evitar a actividade física intensa.






Hidratación: Beber líquidos en abundancia, como auga, caldos ou tomar froitas con gran cantidade de auga axuda a previr a deshidratación e a aliviar a conxestión nasal e a irritación da garganta.


Manterse quente: Abrigarse e manter unha temperatura ambiente adecuada axuda a aliviar a sensación de frío asociada coa febre.

 




Alimentación saudable: Consumir unha dieta equilibrada rica en froitas, verduras, proteínas e grans enteiros fortalece o sistema inmunológico e pode axudar a producir un recuperación mais rápida.

 


O mais importante é consultar a un medico para recibir un diagnóstico preciso e determinar se se necesita outro tipo de tratamentos como antivirais.

Un antiviral é un tipo de medicamento que serve para combater infeccións causadas por virus. Os antivirais poden bloquear a entrada do virus ás células, eliminar a súa capacidade para replicarse unha vez dentro das células do corpo humano, e acurtar a duración da enfermidade e reducir a gravidade dos síntomas, especialmente en persoas de risco como adultos de idades abanzadas,nenos ou persoas con enfermidades respiratorias como a asma. Utilízanse para tratar unha gran variedade de enfermidades virales, como a gripe, o herpes, o VIH/SIDA, a hepatite...

Algúns dos antivirais máis comúns para tratar os síntomas da gripe son:


Oseltamivir : O seu nome comercial é Tamiflu. Este medicamento é un inhibidor da neuraminidasa, unha encima necesaria para que os virus da gripe reprodúzanse no corpo.

 







Zanamivir: Comercialízase co nome de Relenza. É similar ao oseltamivir, tamén é un inhibidor da neuraminidasa, con todo, este adminístrase mediante inhalación oral a través dun inhalador de po seco.

 





Peramivir: o seu nome comercial é Rapivab. Este é outro inhibidor da neuraminidasa que se administra por vía intravenosa a nivel hospitalario. Utilízase para o tratamento da gripe en casos nos que non se pode administrar medicamentos por vía oral ou inhalada.



Hai que ter en conta que estes antivirais son máis efectivos cando se administran durante das primeiras 48 horas desde o inicio dos síntomas da gripe. Tamén é importante seguir as instrucións de dosificación e duración.

Ademais destes tratamentos paliativos, tamén existen tratamentos preventivos como a vacinación 





TERAPIA ZOSTER

 

O aciclovir é un medicamento antiviral de amplo uso, que pertence a un grupo de antivirais chamados análogos de nucleósido sintético, derivado da guanosina que se emprega no tratamento das infeccións producidas polo virus varicela-zóster(VVZ) e o virus do herpes simple(VHS). O aciclovir foi descuberto por Howard Schaffer, e o seu desenlace foi levado a cabo por Gertrude B. Elion, foi unha importante bioquímica que descubriu outros tratamentos para enfermidades, neste caso tivo un gran papel na investigación deste fármaco. A primeira patente de aciclovir rexistrouse en 1974. Os seus nomes comerciais son Aciclostad e Zovirax.

O aciclovir actúa impedindo a replicación do ADN viral. Cando o aciclovir se incorpora ao ADN provoca a terminación prematura da cadea do ADN, impedindo así a replicación viral. Este mecanismo fai que as células non infectadas se vexan minimamente afectadas, o que reduce os efectos secundarios. Como ben dixen anteriormente o aciclovir é moi empregado para tratar diversas infeccións virais: 
  • Herpes Simple Labial Xenital: é efectivo acelerando a cicatrización das lesións e reducindo a duración dos síntomas.
  • Varicela e Herpes Zóster, o aciclovir axuda a reducir a duración da varicela. No caso  de Herpes Zóster diminúe a dor asociada a duración dos brotes.
  • Infecions en pacientes inmunocomprometidos: o aciclovir é crucial para previr e tratar infeccións virais graves. 
O aciclovir pódese administrar por vía oral, tópica ou intravenosa, dependendo da gravidade da infección e do estado do paciente. A dosificación varía grandemente, en caso de infeccións leves é máis común a administración oral mentres que nas infeccións graves poden requirir administración intravenosa. Aínda que xeralmente é ben tolerado o aciclovir como calquera outro tratamento, pode causar efectos secundarios, os máis comúns inclúen náuseas, diarrea e dor de cabeza. Na administración intravenosa, pode causar nefrotoxicidade, polo que é importante controlar a función renal nestes pacientes.
En moitos países o aciclovir está dispoñible como medicamento xenérico o que fai que reduza o seu custe e mellora a accesibilidade para os pacientes. Inda así o prezo pode seguir sendo un obstáculo por exemplo para as persoas sen seguro médico ou en países con sistema de saúde menos desenvolto.  






















03 xuño 2024

A INFLUENZA NO BENESTAR


A gripe é unha enfermidade respiratoria altamente contaxiosa causada polo virus da influenza. Esta enfermidade é padecida por millons de persoas cada ano, pero actualmente contamos con diferentes tratamentos e vacinas que permítenos  rebaixar os seus efectos e previr o seu contaxio.

En canto a tratamentos antivirais podemos  dicir que son cruciais para tratar os síntomas nas primeiras 48h. A continuación nomearei algúns destes co seu nome comercial:
  • Tamiflu: Conten oseltamivir que é un medicamento do tipo inhibidor da neuraminidasa. Este medicamento permite conter a infección e axuda a disminuir os síntomas da endermidade da gripe.
  • Relenza: É un antiviral que contén zanamivir que axuda a previr os síntomas da gripe e axudar a controlala diminuíndo o tempo para un boa recupración.
  • Rapivab: Este medicamento conten  peramivir, este serve para tratar os síntomas padecidos por adultos e nenos de ata 2 anos que tiveran gripe durante 2 días.
  • Xofluza: Este tratamento é administrado de forma oral mediante píldoras. Ademais é empregado fronte a gripe en momentos de atoparse con un virus resistente  os anteriores antivirais que son de tipo  inhibidor da neuraminidade.
Ademais para facer fronte a gripe tamén foron desenvolvidas diferentes vacinas que preveñen o seu contaxio, as cales son  renovadas cada ano para facer fronte as novas cepas da gripe. Entre estas vou falar dos seguintes tipos de vacinas:

  • Vacinas Inactivadas: Estas conteñen o virus da gripe o cal foi inactivado e non pode causar a enfermidade. Esta é subministrada mediante unha inxeción e serve para calquera persoa de calquera idade: nenos, adolescentes e adultos.
  • Vacinas de Virus Atenuado(LAIV): Estas conteñen virus os cales foron debilitados. Son subministradas a través dun aerosol nasal e son empregadas en nenos de entre 2 e 49 anos que non estean embarazadas.
  • Vacinas de Subunidade e Recombinantes: Neste caso este tipo de vacinas están modificadas para poder ser postas a persoas que son alérxicas a algún componente das vacinas antigas.

Tamén existen estratexias de vacinación como o calendario de vacinación, no cal seguese unha pauta de vacinación que trata diferentes enfermidades e que co paso do tempo se van aumentando. Estas vacinas son postas en grupos de risco como: anciáns) maiores de 69 anos), enfermos crónicos( persoas que padecen asma ou enfermidades cardíacas), nenos e mulleres embarazadas.





 

MEDICACIÓN COMO DOPAXE







Moitos deportistas empregan os medicamentos como forma de mellorar o seu estado de rendemento, pero estas substancias están prohibidas, o consumo destas substancias é coñecido como dopaxe.

Un dos medicamentos máis destacados é os esteroides anabólicos, os deportistas úsano principalmente para aumentar a masa muscular e estimular a forza. Este produce algo semellante á unha hormona que produce o corpo, testosterona. Unha consecuencia moi clara do consumo desta é a aparición de maior velo corporal e a aparición dunha voz máis grave, no caso das mulleres pode alterar ao período menstrual. Algunhas persoas o consumen de maneira médica pero no caso dos deportistas o seu consumo non está aprobado.

Os deportistas comezan a utilizar estas substancias para reducir a fatiga producida nos músculos pola carga de adestramentos intensos, e recuperarse de maneira mais rápida. Deste xeito poderían facer esforzos mais intensos de maneira mais frecuente, xa que a musculatura colle forza con moita mais facilidade. 

Os esteroides poden inxerirse por vía oral, inxectalos nos músculos ou aplicalo en forma de xel ou crema directamente na pel.

O uso desta substancia tamén é perigosa xa que pode levar a danar os órganos, principalmente o fígado, riñóns e o corazón. Ademais, pode producir ataques cardíacos, aumento da presión arterial e tamén son notables cambios no carácter da persoa volvéndoa máis agresiva.


Aínda que a actividade deportiva sexa moi saudable e recomendada, o deporte de alta competición pode levar a lesións graves ou patoloxías, pero os especialistas coñecen as consecuencias e saben como arranxalo sen ter que recurrir ao dopaxe.

Ademais dos esteroides, hai moitos mais medicamentos que se usan para a dopaxe deportiva, pero esta está moi controlada nas diversas actividades físicas de competición, xa que é un acto pouco ético e inxusto para a realización do deporte limpo. Existen médicos especializados en realizar probas para ver se o deportista consumiu este tipo de substancias ilegais.  

Os medicamentos están creados co fin de axudar as persoas cando sexa necesario, un uso incorrecto destes produce problemas para a saúde, cando a súa función e mellorala. Polo que cada un debemos de ser responsables das substancias que consumimos e cando o facemos. 



30 maio 2024

PREVENCIÓN, TRATAMENTO E ESPERANZA


O VIH é a SIDA son dous conceptos moi diferentes, o VIH é o virus da inmunodeficiencia humana, que causa infección cando entra nonoso organismo interior, e A SIDA é a síndrome de inmunodeficiencia adquirida, unha infección que aparece no noso organismo,  como consecuencia de que o virus danou demasiado o noso sistema inmunitario e non somos capaz de combatelo, aínda que non sempre todas as infeccións do VIH causan SIDA, o VIH sen tratamento pode causar infeccións agudas e infeccións crónicas.

TRATAMENTOS.

O VIH non ten unha cura en específico, cando contraes unha infección dese virus o noso corpo non pode desfacerse dela, por iso existen tratamentos que controla o VIH e previr complicacións na nosa vida. Un deses tratamentos sería:
  • A terapia antirretroviral (TARV): Uns medicamentos que axudan a reducir o VIH no sangue ao noso corpo, non obstante, non curan a infección do virus, pero axudan ás persoas ter unha vida máis longa e saudable. Eses medicamentos son: 
    • Inhibidores da transcriptase inversa non nucleósidos.
    • Inhibidores nucleósidos da transcriptase inversa.
    • Inhibidores da protease.
    • Inhibidores da integrase.
    • Inhibidores de entrada ou de fusión.
  • Profilaxis preexposición (PrEP): Son medicamentos que se toman para reducir as posibilidades de contraer a infección polo VIH a través de relacións sexuais ou do uso de drogas por inxeccións.
  • Profilaxis post-exposición (PEP): Son medicamentos que se debe tomar despois dunha posible exposición ao VIH, só debe usarse en situacións de emerxencia para evitar contaxio.
É neses tratamentos nos poden dar uns síntomas do máis común ao noso organismo como:
  • Náuseas e vómitos.
  • Diarrea.
  • Dificultade para durmir.
  • Sequedade da boca.
  • Dor de cabeza.
  • Sarpullido.
  • Mareo.
  • Fatiga.

MEDIDAS PREVENTIVOS.

Na nosa vida podemos evitar comportamentos que poden favorecer a infección por VIH, entre esas medidas destacan recomendacións básicas para previr o VIH e son:

  • Uso preservativos de relacións sexuais: Manter relacións seguras é importante utilizar protección.
  • Non comparta agullas, xiringas e outros materiais de inxección: É fundamental o uso de asépticos.
  • Realizar controis de VIH e outras ITS e infeccións de transmisión sexual.
  • Solicitar tratamento médico antes ou despois dun contacto arriscado.

29 maio 2024

VACINA DE VACA


As vacinas son un tema común actualmente, pero as vacinas non se inventaron ata 1761 por Edward Jenner. Jenner era un científico e médico inglés que descubriu a vacina da variola. Pero, como fixo este descubrimento?

A variola humana provocaba que un de cada tres afectados morreran e os que sobrevivían tiñan cicatrices e calvicies, ademáis de que algúns deles tamén acababan con cegueiras.

Aínda que se di que Jenner foi o descubridor da vacina, a primeira persoa en vacinar a alguen foi Lady Montagu aos seus fillos.

Jenner descubriu a vacina da variola por accidente, estaba atendendo a unha rapaza por uns granos e ela dixolle que sabía que non era variola porque xa tivera a variola de vaca. Esa frase fixo pensar a Jenner que observou que, efectivamente se alguén se infectaba de variola bovina non se infectaba de variola. 

A variola bovina non era mortal, era unha variante procedente de vacas, de ahí provén o nome, que contaxiaba maioritariamente as mulleres que muxían vacas e a súa familia.

Jenner pensou que se alguén se contaxiaba de variola bovina non morrería se era contaxiada da variola humana e, para demostralo, inxectou pus de variola bovina a James Phipps, fillo do seu xardiñeiro. Despois de que o neno pasara pola variola bovina quedaba o máis difícil e peligroso de demostrar, que agora estaba inmunizado á variola, que era inmune a ela.

Para demostrar que agora James era inmune á variola Jenner infectouno de variola humana arriscando a vida de James. Aínda que iso é completamente inmoral, esa decisión de arriscarse e infectar a James de variola foi un invento revolucionario xa que Jenner tiña razón e James estaba inmunizado agora contra a variola e ese procedemento podía ser usado por todo o mundo.

Este procedemento, como xa se sabe, agora e usado para previr moito tipo de enfermidades e, grazas a Jenner non só se poden previr moitas enfermidades senon que grazas a el xa non existe a variola en ningunha parte do mundo.



A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...