04 xuño 2024

MELLOR PREVIR QUE CURAR


O termo tratamento fai referencia aos métodos ou os medios que se utilizan coa finalidade de curar ou aliviar os síntomas causados por unha enfermidade.

Atendendo aos usos de estes podemos diferenciar entre tres tipos de tratamentos: Tratamentos preventivos, tratamentos curativos e tratamentos paliativos.

Tratamentos preventivos:

Este tipo de tratamentos serven para previr as enfermidade, aquí atopamos a vacinación.
As vacinas son xeralmente inxeccións que se inoculan ao paciente co fin de protexelo e previr unha enfermidade. A vacinación consiste en inocular ao paciente o virus que causa a enfermidade, morto ou inactivo. Isto fai que as defensas do paciente aprendan a recoñecer e combater o virus e así produzan unha resposta inmunitaria maior e máis rápida cando entren en contacto co virus, de maneira que evita que se chegue a desenvolver a enfermidade.

De forma preventiva contra enfermidades contaxiosas tamén podemos ter en conta bos hábitos como: Lavarse as mans regularmente, cubrirse a boca e o nariz ao tusir e esbirrar e a limpeza e desinfección de espazos públicos ou superficies coas que se ten contacto habitualmente.




Tratamentos curativos:

Os tratamentos curativos teñen a finalidade de eliminar a enfermidade, xa desenvolvida no paciente, para conseguir a recuperación total de este.

Un exemplo de tratamentos curativo serían os tratamentos farmacolóxicos.
Neste tipo de tratamentos, dependendo das causas da enfermidade, adminístrase un tipo de medicamento especifico:
  • Antibióticos, para tratar as infeccións causadas por bacterias.
  • Antivirais, para as causadas por virus.
  • Antifúnxicos, para as que son producidas por fungos.

Tratamentos paliativos:

Os tratamentos paliativos teñen a finalidade de aliviar os síntomas causados por unha enfermidade ou proceso vírico o cal non se pode curar. Por exemplo no caso dunha gripe, os medicamentos que se toman non son para atacar ao virus senón para aliviar os síntomas e o mal estar xeral para que o paciente poida pasar o proceso vírico o mellor posible.

Dependendo de que síntomas se queira aliviar úsanse diferentes medicamentos:

Para controlar a dor úsanse analxésicos: Medicamentos como o paracetamol, ibuprofeno e opioides (morfina, fentanilo).

Para outros síntomas utilízanse:
  • Antipiréticos: Para reducir a febre tamén se utilizan o paracetamol e o ibuprofeno.
  • Antieméticos: Para controlar as náuseas e os vómitos hai medicamentos como o ondansetrón e a metoclopramida.
  • Antidiarreicos e laxantes: Para tratar a diarrea ou o estrenximiento, que poden ser causados por unha infección.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...