O VIH é a SIDA son dous conceptos moi diferentes, o VIH é o virus da inmunodeficiencia humana, que causa infección cando entra nonoso organismo interior, e A SIDA é a síndrome de inmunodeficiencia adquirida, unha infección que aparece no noso organismo, como consecuencia de que o virus danou demasiado o noso sistema inmunitario e non somos capaz de combatelo, aínda que non sempre todas as infeccións do VIH causan SIDA, o VIH sen tratamento pode causar infeccións agudas e infeccións crónicas.
TRATAMENTOS.
O VIH non ten unha cura en específico, cando contraes unha infección dese virus o noso corpo non pode desfacerse dela, por iso existen tratamentos que controla o VIH e previr complicacións na nosa vida. Un deses tratamentos sería:
- A terapia antirretroviral (TARV): Uns medicamentos que axudan a reducir o VIH no sangue ao noso corpo, non obstante, non curan a infección do virus, pero axudan ás persoas ter unha vida máis longa e saudable. Eses medicamentos son:
- Inhibidores da transcriptase inversa non nucleósidos.
- Inhibidores nucleósidos da transcriptase inversa.
- Inhibidores da protease.
- Inhibidores da integrase.
- Inhibidores de entrada ou de fusión.
- Profilaxis preexposición (PrEP): Son medicamentos que se toman para reducir as posibilidades de contraer a infección polo VIH a través de relacións sexuais ou do uso de drogas por inxeccións.
- Profilaxis post-exposición (PEP): Son medicamentos que se debe tomar despois dunha posible exposición ao VIH, só debe usarse en situacións de emerxencia para evitar contaxio.
É neses tratamentos nos poden dar uns síntomas do máis común ao noso organismo como:
- Náuseas e vómitos.
- Diarrea.
- Dificultade para durmir.
- Sequedade da boca.
- Dor de cabeza.
- Sarpullido.
- Mareo.
- Fatiga.
MEDIDAS PREVENTIVOS.
Na nosa vida podemos evitar comportamentos que poden favorecer a infección por VIH, entre esas medidas destacan recomendacións básicas para previr o VIH e son:
- Uso preservativos de relacións sexuais: Manter relacións seguras é importante utilizar protección.
- Non comparta agullas, xiringas e outros materiais de inxección: É fundamental o uso de asépticos.
- Realizar controis de VIH e outras ITS e infeccións de transmisión sexual.
- Solicitar tratamento médico antes ou despois dun contacto arriscado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.