As vacinas son un tema común actualmente, pero as vacinas non se inventaron ata 1761 por Edward Jenner. Jenner era un científico e médico inglés que descubriu a vacina da variola. Pero, como fixo este descubrimento?
A variola humana provocaba que un de cada tres afectados morreran e os que sobrevivían tiñan cicatrices e calvicies, ademáis de que algúns deles tamén acababan con cegueiras.
Aínda que se di que Jenner foi o descubridor da vacina, a primeira persoa en vacinar a alguen foi Lady Montagu aos seus fillos.
Jenner descubriu a vacina da variola por accidente, estaba atendendo a unha rapaza por uns granos e ela dixolle que sabía que non era variola porque xa tivera a variola de vaca. Esa frase fixo pensar a Jenner que observou que, efectivamente se alguén se infectaba de variola bovina non se infectaba de variola.
A variola bovina non era mortal, era unha variante procedente de vacas, de ahí provén o nome, que contaxiaba maioritariamente as mulleres que muxían vacas e a súa familia.Jenner pensou que se alguén se contaxiaba de variola bovina non morrería se era contaxiada da variola humana e, para demostralo, inxectou pus de variola bovina a James Phipps, fillo do seu xardiñeiro. Despois de que o neno pasara pola variola bovina quedaba o máis difícil e peligroso de demostrar, que agora estaba inmunizado á variola, que era inmune a ela.
Para demostrar que agora James era inmune á variola Jenner infectouno de variola humana arriscando a vida de James. Aínda que iso é completamente inmoral, esa decisión de arriscarse e infectar a James de variola foi un invento revolucionario xa que Jenner tiña razón e James estaba inmunizado agora contra a variola e ese procedemento podía ser usado por todo o mundo.Este procedemento, como xa se sabe, agora e usado para previr moito tipo de enfermidades e, grazas a Jenner non só se poden previr moitas enfermidades senon que grazas a el xa non existe a variola en ningunha parte do mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.