A gripe é unha enfermidade respiratoria altamente contaxiosa causada polo virus da influenza. Esta enfermidade é padecida por millons de persoas cada ano, pero actualmente contamos con diferentes tratamentos e vacinas que permítenos rebaixar os seus efectos e previr o seu contaxio.
En canto a tratamentos antivirais podemos dicir que son cruciais para tratar os síntomas nas primeiras 48h. A continuación nomearei algúns destes co seu nome comercial:
- Tamiflu: Conten oseltamivir que é un medicamento do tipo inhibidor da neuraminidasa. Este medicamento permite conter a infección e axuda a disminuir os síntomas da endermidade da gripe.
- Relenza: É un antiviral que contén zanamivir que axuda a previr os síntomas da gripe e axudar a controlala diminuíndo o tempo para un boa recupración.
- Rapivab: Este medicamento conten peramivir, este serve para tratar os síntomas padecidos por adultos e nenos de ata 2 anos que tiveran gripe durante 2 días.
- Xofluza: Este tratamento é administrado de forma oral mediante píldoras. Ademais é empregado fronte a gripe en momentos de atoparse con un virus resistente os anteriores antivirais que son de tipo inhibidor da neuraminidade.
- Vacinas Inactivadas: Estas conteñen o virus da gripe o cal foi inactivado e non pode causar a enfermidade. Esta é subministrada mediante unha inxeción e serve para calquera persoa de calquera idade: nenos, adolescentes e adultos.
- Vacinas de Virus Atenuado(LAIV): Estas conteñen virus os cales foron debilitados. Son subministradas a través dun aerosol nasal e son empregadas en nenos de entre 2 e 49 anos que non estean embarazadas.
- Vacinas de Subunidade e Recombinantes: Neste caso este tipo de vacinas están modificadas para poder ser postas a persoas que son alérxicas a algún componente das vacinas antigas.
Tamén existen estratexias de vacinación como o calendario de vacinación, no cal seguese unha pauta de vacinación que trata diferentes enfermidades e que co paso do tempo se van aumentando. Estas vacinas son postas en grupos de risco como: anciáns) maiores de 69 anos), enfermos crónicos( persoas que padecen asma ou enfermidades cardíacas), nenos e mulleres embarazadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.