06 xuño 2024

VIVIR = CANTO TES E CANTO VALES













Para moitos, é moi normal vacinarse ou asistir ao centro de saúde para que nos consigan axudar co noso malestar. Pero non somos conscientes de que temos un gran privilexio que moitas persoas ao redor do mundo non coñecen.

Pero, para comezar, que é unha vacina? Unha vacina é unha substancia biolóxica que se administra a unha persoa para estimular o seu sistema inmunitario e previr unha enfermidade específica. Ademais é unha preparación de antíxenos que unha vez dentro do corpo provoca unha resposta de ataque, chamada anticorpo. Ao expoñer o sistema inmunitario a estes compoñentes, a vacina axuda ao organismo a desenvolver unha resposta inmune protectora, de xeito que, se a persoa entra posteriormente en contacto co microorganismo real, o seu organismo está preparado para combatelo e evitar que desenvolva a enfermidade.

Cabe destacar que unha vacina non cura unha enfermidade, senón que  pode evitar o SEU desenvolvemento se se administra antes de que a persoa esté exposta ao patóxeno.

Pero... Como se descubriu a primeira vacina? En 1796, Jenner realizou un experimento no que tomou material infectado dunha lesión de varíola vaca nunha leiteira chamada Sarah Nelmes e inoculouno no brazo dun neno de oito anos chamado James Phipps. Despois de que Phipps se recuperou da varíola, Jenner inoculoulle deliberadamente o virus da varíola humana e descubriu que o neno non desenvolveu a enfermidade. Este experimento foi o primeiro paso para o desenvolvemento da vacina contra a varíola. 

Todos temos as mesmas oportunidades de vacinación? No século no que nos atopamos é obvio que non presenciamos as mesmas oportunidades para poder conseguir unha sanidade plena. E tampouco debemos ir a outro continente para darnos conta disto.

A malaria é unha enfermidade que leva afectando a humanidade desde fai 2 ou 3 millóns de anos. A finais do século 19 descúbrese a causa da malaria, e non é ata 2021 cando a RTS,S/AS01 é sometido a rigorosos ensaios clínicos de fase 3, nos que participaron miles de nenos da África subsahariana. Ditos ensayos demostran que a vacina só reduce un 30-40% dita enfermidade.

Esta enfermidade é provocada polo parásito Plasmodium, o cal é transmitido pola picadura do mosquito Anófeles, ademais de que solo este mosquito transmite esta enfermidade e o cal necesita unhas condicións climáticas.

Este mosquito está presente en Europa, África, Asia, América e Oceanía, con especial intensidade en zonas temperadas, tropicais e subtropicais. Pero por qué o 95% dos casos da malaria danse en Africa? Non só inflúe o clima tropical (intensificado polo cambio climático), senón que a pobreza e as deficiencias do sistema sanitario contribúen  a propagación do mosquito anopheles.

Ademais, cal é a eficacia dos antibiónticos e vacinas nestos países?

As condicións sanitarias, conflictos culturais e problemas socioeconómicos inflúen na súa eficacia. 

Co que respecta aos antibióticos, o seu acceso vese limitado debido á falta de infraestrutura sanitaria, recursos e material médico e así dificúltase que as persoas reciban o tratamento necesario para as infeccións bacterianas.


A resistencia aos antibióticos é un problema global que afecta a todos os países, pero é especialmente preocupante en ambientes con acceso limitado a antibióticos de calidade e falta de regulación no seu uso, e así a resistencia bacteriana reduce a eficacia dos tratamentos antibióticos dispoñibles.

Tamén temos que ter en conta que son áreas con malas condicións de vida, falta de acceso a auga potable, saneamento adecuado e hixiene persol as cales aumentan a propagación de infeccións bacterianas, requirindo un uso máis frecuente de antibióticos ainda que non chegan a ser suministrados pola falta de interese dos compradores.


No que consta as vacinas, algunhas destas requiren refrixeración para manter a súa eficacia, o que é un gran reto en áreas con recursos limitados e deficiente infraestrutura da cadea de frío. Tamén, a eficacia das vacinas é afectada pola falta de educación e concienciación sobre a importancia da vacinación. As comunidades poden ser reacias a vacinar aos seus fillos debido a mitos, información errónea ou a falta de comprensión sobre os beneficios da vacinación.


Nunca, ninguén en todo o mundo, vai estar saciado dos seus privilexios. Sempre van a existir persoas as cales non vai chegar a tempo a vacina contra a súa enfermidade, pero a colaboración entre gobernos, organizacións sen ánimo de lucro, institucións académicas e empresas farmacéuticas é esencial para mellorar o acceso a antibióticos e vacinas nos países pobres e abordar os desafíos de resistencia e dispoñibilidade.


Son necesarios máis esforzos de investigación e desenvolvemento para adaptar os tratamentos e as vacinas ás necesidades e recursos dos países subdesenvoltos, así como para abordar as barreiras específicas que enfrontan estas poboacións en termos de acceso e eficacia.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...