O aciclovir é un medicamento antiviral de amplo uso, que pertence a un grupo de antivirais chamados análogos de nucleósido sintético, derivado da guanosina que se emprega no tratamento das infeccións producidas polo virus varicela-zóster(VVZ) e o virus do herpes simple(VHS). O aciclovir foi descuberto por Howard Schaffer, e o seu desenlace foi levado a cabo por Gertrude B. Elion, foi unha importante bioquímica que descubriu outros tratamentos para enfermidades, neste caso tivo un gran papel na investigación deste fármaco. A primeira patente de aciclovir rexistrouse en 1974. Os seus nomes comerciais son Aciclostad e Zovirax.
O aciclovir actúa impedindo a replicación do ADN viral. Cando o aciclovir se incorpora ao ADN provoca a terminación prematura da cadea do ADN, impedindo así a replicación viral. Este mecanismo fai que as células non infectadas se vexan minimamente afectadas, o que reduce os efectos secundarios. Como ben dixen anteriormente o aciclovir é moi empregado para tratar diversas infeccións virais:- Herpes Simple Labial Xenital: é efectivo acelerando a cicatrización das lesións e reducindo a duración dos síntomas.
- Varicela e Herpes Zóster, o aciclovir axuda a reducir a duración da varicela. No caso de Herpes Zóster diminúe a dor asociada a duración dos brotes.
- Infecions en pacientes inmunocomprometidos: o aciclovir é crucial para previr e tratar infeccións virais graves.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.