Moitos deportistas empregan os medicamentos como forma de mellorar o seu estado de rendemento, pero estas substancias están prohibidas, o consumo destas substancias é coñecido como dopaxe.
Un dos medicamentos máis destacados é os esteroides anabólicos, os deportistas úsano principalmente para aumentar a masa muscular e estimular a forza. Este produce algo semellante á unha hormona que produce o corpo, testosterona. Unha consecuencia moi clara do consumo desta é a aparición de maior velo corporal e a aparición dunha voz máis grave, no caso das mulleres pode alterar ao período menstrual. Algunhas persoas o consumen de maneira médica pero no caso dos deportistas o seu consumo non está aprobado.Os deportistas comezan a utilizar estas substancias para reducir a fatiga producida nos músculos pola carga de adestramentos intensos, e recuperarse de maneira mais rápida. Deste xeito poderían facer esforzos mais intensos de maneira mais frecuente, xa que a musculatura colle forza con moita mais facilidade.
Os esteroides poden inxerirse por vía oral, inxectalos nos músculos ou aplicalo en forma de xel ou crema directamente na pel.
O uso desta substancia tamén é perigosa xa que pode levar a danar os órganos, principalmente o fígado, riñóns e o corazón. Ademais, pode producir ataques cardíacos, aumento da presión arterial e tamén son notables cambios no carácter da persoa volvéndoa máis agresiva.
Aínda que a actividade deportiva sexa moi saudable e recomendada, o deporte de alta competición pode levar a lesións graves ou patoloxías, pero os especialistas coñecen as consecuencias e saben como arranxalo sen ter que recurrir ao dopaxe.
Ademais dos esteroides, hai moitos mais medicamentos que se usan para a dopaxe deportiva, pero esta está moi controlada nas diversas actividades físicas de competición, xa que é un acto pouco ético e inxusto para a realización do deporte limpo. Existen médicos especializados en realizar probas para ver se o deportista consumiu este tipo de substancias ilegais.
Os medicamentos están creados co fin de axudar as persoas cando sexa necesario, un uso incorrecto destes produce problemas para a saúde, cando a súa función e mellorala. Polo que cada un debemos de ser responsables das substancias que consumimos e cando o facemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.