03 decembro 2023

UNHA GRETA EN CALIFORNIA

 


                              

A Falla de San Andrés e unha das fallas máis perigosas do mundo xa que na súa maioría encóntranse cerca de cidades como San Francisco e Los Angeles, a segunda cidade máis poboada de Estados Unidos, e afectaría a 10 millóns de persoas. A falla de San Andrés tea unha lonxitude de 1.300 Km e atravesa o estado de California e Baixa California en México. A estes tipos de fala chamámoslle fallas transformantes pero e necesario distinguila xa que existen dous tipos, as dorsales mesoceánicas e as que constitúen

   bordes pasivos que se desprazan lateralmente sen destruír nin  crear nova litosfera como e o   caso  da falla de San Andrés. Esta   é un borde entre a placa pacífica e a placa norteamericana. Esta falla formouse debido ao desprazamento cara o norte da placa pacífica, é por este movemento polo que se cree que se formou a península de Baixa California xa que a falla pasa entre a península e o continente e que estase a separar 4,6 cm ao ano. 

A falla de San Andrés pertence ao Cinto de Fogo do Pacífico unha das zonas con máis actividade sísmica do mundo e abarca toda a costa do océano pacífico, dende as costas de Chile ata a Alaska e de volta cara ao sur ata Nova Zelandia, contendo dentro dela as placas tectónicas Pacífica, de Nazca e Cocos. 


O "Big One"

A causa desta falla orixináronse múltiples terremotos na zona dende o norte de California ata o norte de México, o máis forte deles foi de magnitude 8 en escala Richter a poucos quilómetros  da cidade de San Diego no ano 1857,  onde máis de 225 mil persoas quedaron si fogar e 3 mil aproximadamente perderon a vida. Outro do máis fortes e o máis coñecido foi o de San Francisco en 1906 que tivo unha magnitude de 7,8 aproximadamente e que tivo 10 mil mortos.

O máis recente foi en 2019 cunha magnitude de 7,1 na cidade de Ridgecrest, California, pero no que gracias a os avances en arquitectura soamente houbo un morto e 24 feridos. Aínda cos grandes avances en seguridade ante grandes terremotos, a falla de San Andrés e o medo a un hipotético terremoto cerca da cidade de Los Angeles está á orde do día, xa que é moi probable que nos próximos 30 anos suceda un terremoto de magnitude 8,1 nesa zona, a ese posible terremoto chamámoslle "Big One" e tería unha forza destrutiva similar a o terremoto de 1906. Estes terremotos estímanse que teñen unha periodicidade de 150 anos e o último terremoto que ocorreu nesta parte da falla foi en 1857 polo que se cree que esta zona esta sometida a unha tensión que podería ser liberada nos próximos anos. Aínda así é difícil saber cando ocorrerá exactamente xa que os terremotos son moi impredicibles.







 

 







SEN PRISA PERO SEN PAUSA



A teoría da deriva continental

Alfred Wegener

Está teoría foi proposta por Alfred Wegener en 1912.Segundo Alfred  Wegener, os continentes non eran estruturas fixas na Terra, senón que se movían lentamente ao longo do tempo. Propuxo que os continentes se habían separado e derivaran cara ás súas posicións actuais polo que anteriormente estaban unidos nun supercontinente ao que denominou Panxea (“pan” significa Universo, ”xea” refírese a Terra). Decatouse disto grazas a algunhas probas mencionadas a continuación:

  •  Supercontinente Panxea: Esta idea baseábase na observación de que os continentes parecían encaixar  cando se consideraba a súa forma e contorno.                
  • Evidencia Climática: Mostrou como as formacións xeolóxicas e os fósiles aliñábanse con antigas condicións climáticas, como glaciares, que non coincidían cos climas actuais desas áreas.
  • Evidencia Xeolóxica e Paleontolóxica: Wegener presentou evidencia xeolóxica, como a similitude das formacións xeolóxicas e a presenza de fósiles similares en continentes agora separados por océanos. Isto incluía a existencia de depósitos de carbón en rexións do mundo con climas que non serían propicios para a súa formación na actualidade.                           
Aínda que Wegener propuxo a teoría de deriva continental na década de 1910, enfrontou un rexeitamento inicial  por parte da comunidade científica, isto debese á  falta dunha explicación convincente e lóxica sobre como se producía o movemento dos continentes.

A teoría de deriva continental en si foi rexeitada na súa forma orixinal, sentou as bases para o desenvolvemento posterior da teoría da tectónica de placas, que proporcionou un marco máis completo e apoiado por evidencia para explicar os movementos da litosfera terrestre.

A teoría da tectónica de placas

A teoría datectónica de placas foi desenvolvida principalmente polos científicos Alfred Wegener e Arthur Holmes, pero consolidouse e recibiu un amplo respaldo na década de 1960 con contribucións significativas de varios científicos.

Alfred Wegener(1912): Aínda que Wegener  sentou as bases para a comprensión dos movementos da litosfera. Wegener propuxo que os continentes se movían a través do tempo.

Arthur Holmes
ArthurHolmes(1920s-1930s): O xeólogo británico Arthur Holmes desenvolveu a idea da convección do manto como un mecanismo que podería impulsar o movemento das placas tectónicas.

Marie Thrap e Bruce Heezen
Marie Tharp e Bruce Heezen(1950s-1960s): Marie Tharp, cartógrafa xeolóxica, e Bruce Heezen, xeólogo mariño, realizaron importantes mapeos do fondo oceánico na década de 1950 e 1960. O seu traballo mostrou a existencia de dorsais oceánicas e contribuíron á comprensión da expansión do fondo oceánico.
J.Tuzo Wilson
J. TuzoWilson(1960s): J. Tuzo Wilson, xeofísico canadense, propuxo a idea dos puntos quentes. O seu traballo axudou a integrar e consolidar as ideas previas.

A teoría da tectónica de placas é un marco máis amplo e aceptado que expande as ideas da deriva continental. Algunhas das ideas máis importantes da teoría da tectónica de placas son:

1.División da Litosfera: A litosfera terrestre está dividida en placas ríxidas que flotan sobre o manto terrestre fundido.

2.Movemento das Placas: As placas tectónicas están en constante movemento. Este movemento débese ás correntes de convección no manto terrestre, que xeran forzas que empuxan e tiran das placas.

3.Tipos de Límites de Placas: Nos límites das placas, ocorren fenómenos xeolóxicos significativos. Hai tres tipos principais de límites de placas:

  1. Converxentes (onde as placas móvense unha cara á outra)
  2.  Diverxentes (onde as placas afástanse entre si)
  3.  Transformastes (onde as placas deslízanse lateralmente unha xunto á outra).

4.Formación e Modificación da Cortiza Terrestre: A tectónica de placas é responsable da formación e modificación da cortiza terrestre. Os procesos como a subdución (unha placa afúndese baixo outra) e a expansión do fondo oceánico contribúen á creación de novas cortiza e a modificación das que xa existen.

5.Actividade Sísmica e Volcánica: A tectónica de placas explica a distribución da actividade sísmica e volcánica na Terra. A maioría dos terremotos e volcáns atópanse nos límites das placas, onde ocorre a interacción directa entre estas.

6.Ciclo de Wilson: A teoría da tectónica de placas tamén está vinculada ao ciclo de Wilson, que describe a apertura e peche dos océanos ao longo do tempo xeolóxico. Este ciclo implica a formación de novos océanos nos límites diverxentes e a desaparición de océanos nos límites converxentes.

Estas ideas fundamentais da teoría da tectónica de placas transformaron a nosa comprensión da dinámica da Terra e proporcionaron unha base para a explicación de diversos  fenómenos xeolóxicos.

Unha vez que sabemos o que propón cada teoría podemos deducir algunhas diferenzas principais:

·         A teoría da deriva continental propoñía que os continentes se desprazaban sobre o fodo mariño pero a teoría de tectónica de placas di que os continentes son parte de placas tectónicas (litosfera) que se desprazan sobre o manto  da terra que están estado fundido.

·         Alfred Wegener centrouse en demostrar o feito de que os continentes se desprazan, por outra banda, a teoría da tectónica de placas centrouse en explicar como ou por que sucedía isto. 




SURFEANDO O GLOBO

 

Por qué o noso planeta é como é? A resposta atópase na teoría da deriva continental. A visión do noso planeta desde o punto de vista xeolóxico cambiou drasticamente grazas a esta teoría do meteorólogo alemán Alfred Wegener.

A pesar de dar pé á visión actual da Terra esta teoría non foi ben acollida na súa época. A maioría dos xeólogos non estaban de acordo con ela, só uns poucos crían nesa posibilidade que plantexaba Wegener, aínda que non foi o primeiro en plantexar unha idea mobilista.

Todo comezou en 1912 cunha conferencia pero non tivo repercusión ata a súa publicación do libro A orixe dos continentes e océanos en 1915 no cal o meteorólogo plantexaba unha orixe común, un primeiro e único continente, Panxea.

 
Wegener aínda que estaba especializado en meteoroloxía, estudara física e astronomía chegando a ter un nivel que o capacitaba para dar clase na universidade pero nunca estudara xeoloxía o cal non o axudou a que a súa teoría fora aceptada.

A partir dese momento creáronse dous termos novos, Fixismo e Mobilismo. O fixismo era o punto de vista anterior á deriva continental, que plantexaba que a Terra era coma unha uva pasa. O Mobilismo, en cambio, ve a Terra como algo dinámico, que vai cambiando co tempo.

Wegener propuxo a teoría da deriva continental baseándose en distintas probas:
  • Probas xeográficas:
Estas baséanse na forma que teñen os bordos continentais e no seu perfecto encaixe. Wegener puxo como exemplo as costas de Brasil e África que se ve a simple vista o seu perfecto encaixe.
  • Probas paleoclimáticas:
Están baseadas en glaciacións que ocorreron no pasado en territorios que na actualidade non están conectados e que non poderían acontecer agora debido á posición actual deses territorios.

  • Probas paleontolóxicas:
Estas baséanse en restos fósiles de mesmas especies en distintos continentes separados por un oceano sen vías para chegar a eles.
  • Probas xeolóxicas:
Están baseadas en formacións xeolóxicas iguais nas costas de varios continentes que tiñan un encaixe perfecto entre elas.
  • Probas bioxeográficas:
Baséanse na localización dunha especie en varios lugares aos que non tiña acceso antes do seu posible transporte por parte da humanidade.

A pesar das diversas probas que presentou Wegener, os xeólogos buscaban outras posibilidades para descartar as contribucións deste científico. O rexeitamento desta teoría foi pola razón que lle deu ao movemento dos continentes, dicía que este era debido a atracción luar que creaba unha forza centrífuga que movía os continentes, segundo estimaba Wegener uns vinte metros ao ano.

Wegener traballou na súa teoría buscando nova información durante toda a súa vida publicando ata tres edicións, todas actualizadas coa nova información que ía obtendo. Tamén sacou outro libro no ano 1923 que se titulaba Os climas no pasado xeolóxico, no que presentaba as probas paleclimáticas.

A pesar do seu traballo, Wegener morreu sen recoñecementos pola súa teoría en novembro do ano 1930. A súa teoría foi a propulsora da teoría da tectónica de placas que hoxe en día explica todo o referente ao funcionamento da Terra.



AGARRATE QUE TREMO

 


Os terremotos ou sismos  son resultado do movemento das placas e a acumulación de tensión entre estas. Estes xeran a súa vez,  riscos para a poboación e estruturas colindantes ao epicentro de dito terremoto. Estes riscos sísmicos son a suma de tres variables diferentes, as cales son: a perigosidade sísmica + a vulnerabilidade + a exposición a danos.


Agora vou empezar a falar de cada un delas: 

  • A perigosidade sísmica é a probabilidade  de que nunha determinada localización suceda un terremoto. Esta probabilidade non se pode calcular así sen máis se non que se calcula a través do historial  sísmico de dita localización.
  • A vulnerabilidade é unha magnitude que permite cuantificar ou medir os danos ou fallos que unha estrutura  pode sufrir por un terremoto. En cada país ou comunidade hay unha determina normativa de construción sismorresistente onde se recollen as normas  e leis as que dita construción ten que estar suxeita. Por exemplo temos a normativa de construción de España.
  • Por último está a exposición a danos, nesta englobamos calquera tipo de dano que a sociedade pertencente a unha poboación sofre  por culpa dun terremoto.
A continuación mostrarei diferentes mapas que tratan sobre: a sismicidade de España e a perigosidade.

Neste primeiro mapa podemos ver as localizacións onde se produciron terremotos dende 1991 ata 2021 en España (Tamén chamado historial sísmico). Seguindo o mapa podemos ver que a zona onde se produciron os terremotos cunha maior magnitude  danse no sur da península ibérica e o norte de África na parte de Ceuta e Melilla. Un dos motivos desta  grande cantidade de terremotos é debida por  que esas zoas están colindantes co borde das placas Euroasiática e a Africana. Nestes bordes son onde se xerán unha maior cantidade de terremotos.

Pero non so suceden terremotos no sureste peninsular se non que tamén no norte destacando a zona colindante con Francia e o sur de Galicia e toda a costa de Portugal.


No segundo mapa estamos a tratar sobre a perigosidade sísmica en España. Neste mapa como xa dixen no mapa anterior podemos atopar unha zona de perigosidade moi pronunciada no sureste da península, onde as principais cidades  afectadas son Granada e Murcia. Por outro lado vemos que na zona dos Pirineos tamén hai unha perigosidade alta pero máis baixa que a anterior. 





ANATOMÍA VOLCÁNICA




Todos sabemos que un volcán é una abertura ou greta da codia terrestre conectada a una cámara magmática do interior da Terra por un conduto ou cheminea na que os materiais incandescentes en forma de magma (lava, gas e líquidos a altas temperaturas) expúlsanse a través do cráter ou abertura e vanse depositando e solidificando ao redor. Así mesmo todos debemos coñecer as partes dun volcán, neste caso non as vou mencionar porque todos deberíamos coñecelas. Tamén existen diferentes formas á hora de formar un volcán. Hai varias formas de clasificar volcáns, pero hoxe vou explicar como se clasifican os volcáns segundo a súa morfoloxía. Pois ben segundo a súa morfoloxía podemos distinguir catro tipos de volcáns: Conos de escoura, Estratovolcáns, Volcáns en escudo e Domos de Lava. 
 
Conos de escoura: Son os volcáns máis sinxelos que existen e están formados pola acumulación de material volcánico nos marxes dunha cheminea volcánica. Normalmente son volcáns pequenos, xeralmente asociados a outros máis grandes, inda que o seu tamaño pode variar entre decenas e centenares de metros de diámetro e altura. Un os volcán máis famoso desta clase é o Parikutín  en Mexico.

Estratovolcáns:  É un volcán de gran altura, como o seu nome indica está composto pola acumulación de material volcánico, xa se trate d lava, cinzas, bloques ou piroclastos e bombas volcánicas. Fórmanse pola alternancia de momento de actividade explosiva  con outros  de emisión de coada de lava fluída. A lava que flúe dende o seu interior é altamente viscosa  arrefríase e endurece antes de que poida chegar lonxe. Entre algún dos estratovolcáns máis famosos atópanse o Monte Fuji  e  o Monte Santa  Helena.

Volcáns en Escudo: A diferenza dos volcáns compostos, que son moi altos e delgados, o volcáns en escudo son altos e anchos, con formas planas e redondas. Os volcáns de Hawai son un exemplo típico de volcáns en escudo. Están formados por innumerables emanacións de lava, as cales avanzan grandes distancias dende a canle central de ventilación da cima, ou a través de diferentes grupos de canles de ventilación. Famosos volcáns en escudo inclúen o Maunaloa e  o Kilauea.

 Domos de Lava: Un domo de lava é un montículo aproximadamente circular que se orixina nunha erupción lenta de lava viscosa, debido á súa viscosidade non permite que a lava flúa demasiado lonxe da súa cheminea antes de solidificarse. Estes domos fórmanse no exterior dos volcáns debido ao empuxe de lava de capas inferiores. Os domos poden alcanzar alturas de varios centos de metros. Os domos de lava a  miúdo crecen sobre os flancos de grandes volcáns e  mesmo nos seus cráteres poden chegar a formar un tapón dando lugar en ocasións a erupcións  explosivas. Entre algún dos volcáns máis famosos do mundo atópanse o Monte Merapi, en Indonesia, ou o Volcán Santa María, en Guatemala.

 

                                                       







30 novembro 2023

MATRIOSKA PLANETARIA

NON TODOS OS VOLCÁNS SON IGUAIS

 


Os volcáns son brechas na codia terrestre polas que saen gases e rochas fundidas desde o interior da Terra cara  superficie. Adoitan coincidir cos bordos de placa e poden atoparse tanto na superficie da Terra como no fondo do mar.. Non só atópanse na Terra, tamén hai volcáns noutros planetas e satélites.

Os volcáns pódense clasificar de diversas formas, dependendo do seu tipo de actividade, da súa forma, da súa orixe etc...Tamén se poden clasificar segundo os distintos tipos de erupcións que varían segundo a viscosidade, temperatura e elementos disoltos no magma.

 Os tipos de erupcións son:


  • Erupción Hawaiana. Nestas erupcións a lava é moi fluída e non hai desprendementos gasosos explosivos. A lava  desborda ao exceder o cráter e forman correntes que se deslizan polas ladeiras do volcán, que adoitan ser de pouca pendente, percorrendo grandes distancias.
  • Erupción Estromboliana ou Mixta.Neste tipo de erupción os materiais en erupción altérnanse, o que dá como resultado un cono volcánico estratificado en capas de lava fluída e materiais sólidos. Como na erupción Hawaiana lava é fluída, pero a diferenza desta a lava non percorre tanta distancia e ademais despréndense gases violentamente, escouras e lapilli.
  • Erupción Vulcaniana. Nestas erupcións prodúcense grandes desprendementos de gases e explosións moi fortes que pulverizan a lavan producindo unha gran cantidade de cinzas. A lava é máis espesa e consolídase rapidamente, ao solidificarse, os gases que desprende rompen a propia lava e vólvea irregular formando lava de tipo Aa. Estes volcáns teñen un cono volcánico moi empinado.
  • Erupción Pliniana ou Vesubiana Nestas erupcións a gran presión dos gases produce violentas explosións, que en ocasións extremas pode formar coadas piroclásticas que baixan rapidamente polas ladeiras do volcán e sepultan en cuestión de minutos grandes superficies de terreo, mesmo cidades enteiras como paso en Pompeia co Vesubio, ao arrefriarse estas coadas fórmase un tipo de rocha chamada ignimbrita. A parte das coadas piroclásticas tamén se forman nubes de cinzas que se precipitan sepultando grandes extensións. Este tipo de volcán adoita ser de grandes dimensións debido á superposición de estratos formados pola alternancia de erupcións de piroclastos e erupcións de lava.
  • Erupción Freatomagmática ou Surtseyana. Este tipo de erupcións danse en volcáns de tipo freatomagmático os cales se atopan en augas pouco profundas. No cráter destes volcáns hai lagos e ás veces tamén fórmanse atolóns. As súas erupcións son particularmente violentas debido á enerxía producida pola expansión do vapor de auga quentada de súpeto. A diferenza dos tipos de erupcións anteriores esta non expulsa lava nin rochas.
  • Erupción Peleana. Nestas erupcións lava é moi viscosa e consolídase moi rápido, como consecuencia o cráter queda tapado pola propia lava formando o que se denomina como pitón. No interior do volcán acumúlanse gases que exercen presións moi altas o que produce unha gran explosión que nalgúns casos levanta o pitón e noutros rompe a parte superior de ladeira do propio volcán.
  • Erupcións fisurais. Estas erupcións prodúcense en fisuras na codia terrestre que poden chegar a ter quilómetros de lonxitude. A actividade nestes volcáns fisurais non é explosiva, a lava expulsada e fluída e forma grandes mesetas ou traps.






29 novembro 2023

NO MAIS PROFUNDO DO OCÉANO




 Realizáronse moitas investigacións ao espazo e creamos tecnoloxía moi diversa para o estudo deste, pero sen embargo o fondo oceánico non é de todo coñecido polo ser humano. Son poucas as persoas que viaxaron ata o fondo da Fosa das Marianas.
As fosas oceánicas son depresións alongadas no fondo oceánico, principalmente formado por subdución. As fosas son os lugares coa maior profundidade rexistrada no océano, neste caso vamos falar do contexto xeolóxica na fosa máis profunda do planeta Terra, a Fosa das Marianas.

Non se sabe con plena exactitude a formación desta fosa pero a maioría dos expertos afirman que foi mediante subdución da corteza terrestre. A subdución ten varias formas de formación pero a fosa das Marianas formouse mediante un proceso polo que unha placa con maior densidade choca cunha de menor, facendo que esta se afunde dentro do manto. As zonas de subdución tamén se asocian a volcáns e arcos de illas. En cada proceso de subdución fórmase un ángulo de subdución, neste caso é duns 90º. A fosa de Xapón e a de Porto Rico formouse tamén desta maneira.

Pero temos que ter en conta que esta fosa xunto cas illas Marianas forman ``O Cinto de fogo´´ que é unha das zonas máis importantes de subdución do mundo que abarca o océano pacífico, con grandes actividades sísmicas e volcánicas. Esta zona está pousada sobre unhas placas tectónicas as cales están en fricción permanentemente e por iso acumulan tensión a cal é liberada en forma de sismos e unha importante zona volcánica. 

O estudo das fosas demostrou que no fondo destas atópanse sumideiros de carbono, xa que estas atrapan sedimentos e forman unha zona activa .


QUEBRACABEZAS TERRESTRE


Actualmente, coñecemos con exactitude como é a superficie terrestre, grazas a tectónica de placas, pero orixinalmente foi a da deriva continental a primeira hipótese mobilista.
Esta hipótese foi creada e desenvolta polo meteorólogo alemán Alfred Wegener en 1912, e nos formula unha hipótese mobilista sobre o desprazamento dos continentes. Afirma que os continentes estaban encaixados nun macrocontinente, e  fóronse desprazando polo único océano, Panthalassa, ata chegar a ubicación actual. A partir das diferentes probas xeográficas, xeolóxicas e tectónicas, climáticas e paleontolóxicas que Wegener explica na súa hipótese, as evidencas son claras.

Probas Xeográficas: No litoral dos continentes en lados opostos do océano, en especial en África e Sudamérica, pódese apreciar con exactitude a semellanza destes dous lados. Afondando máis neste punto, a unha profundidade de 2000m, podemos apreciar a súa semellanza. Ademais, Wegener foi o creador do nome de Panxea, o nome do macrocontinente que formaron o conxunto de todos os actuais


Probas Xeolóxicas: Cando se deu conta de que os continentes

formaron Panxea fai 30 millóns de anos, a semellanza e secuencia de cadeas rochosas, cordilleiras e demais foi inevitable. Ademais descubriu que tiñan a mesma idade e a misma clase de rochas nos distintos continentes, respaldando así a súa idea.


Probas Paleoclimáticas: A expansión dos casquetes polares durante as glaciacións deixa pegadas no rexistro xeolóxico como depósitos de material transportado polo xeo (morenas) e marcas de abrasión nas rochas que estiveron en contacto coas masas de xeo durante o seu movemento. Por causa destas antigas glaciacións encontráronse tillitas en zonas situadas moi lonxevas


Probas Paleontolóxicas: Wegener encontrou algo deslumbrante, xa que descubriu a existencia de fósiles de mesmas especies en continentes distintos, donde habitaron nos ambos lugares no mesmo período de tempo. Entre estos seres estaban plantas, animais terrestres, réptiles...incapaces de pasar dun continente a outro mediante océanos. 

Pero cales eran os pensamentos anteriores a teoría da deriva continental? Abraham Ortelius, dérase conta de que América do Sur encaixaba con África, así que en 1596 expón a idea de que América foi separada de África.
Francis Bacon, entre outros fixeron hipóteses similares, estas ideas de que os continentes variaron de lugar e que se desplazaban entre eles chegaron hasta finais do século XIX. Empeza a cambiar grazas a James Dwight. El suxeríra que as montañas e outros tipos de características xeolóxicas poderían terse formado se a Terra fora líquida no pasado e se solidificase co paso do tempo a medida que se arrefriaba. Ao tempo que o volume das cousas diminúe a medida que baixa a súa temperatura, a Terra teríase contraído mentres se solidificaba e aparecerían montañas e canóns en zonas onde a superficie sólida fragmentouse e deformouse ao verse obrigada a ocupar unha superficie máis pequena. Pero esta hipótese non explicaba como se separaran os continentes... Pola contra, predicía o contrario, que non se correspondía coa realidade.
Pero Wegener non respondía como se puideron mover os continentes co transcurso do tempo, e todo isto evolucionaría con teorías posteriores.






24 novembro 2023

ENTRE O RUMOREO DO LUME E O RUXIDO DA TERRA

 

A actividade volcánica e a actividade sísmica poden estar relacionadas a través dos procesos que afectan a cortiza terrestre, pero non sempre ocorren ao mesmo tempo nin nos mesmos lugares. Ambos os fenómenos relaciónanse coa liberación de enerxía na Terra, (que pode ser provocada polo movemento de placas tectónicas, o ascenso de magma ou a presión no interior da Terra). Poden ocorrer por diversas razóns, poden suceder en zonas con pouca actividade volcánica ou ao revés. A conexión entre a actividade volcánica e sísmica baséase nos movementos das placasa tectónicas, pero a súa coincidencia non é universal nin constante. Hai razóns polas que poderían estar relacionadas e por que non sempre coinciden.


Nos procesos tectónicos. Tanto a actividade volcánica como os terremotos están relacionados á forma en que as capas da Terra móvense e cambian. Por exemplo, nos límites de placas tectónicas, onde estas empúxanse ou se separan, pódense producir tanto terremotos como actividade volcánica.

Tamén coinciden en que teñen a mesma fonte de enerxía. Ambos os fenómenos orixínanse pola liberación de enerxía acumulada na cortiza terrestre. Esta enerxía pode ser liberada debido á presión de magma (actividade volcánica) ou ao esvaramento de placas (terremotos).

Por outra parte, os movementos de placas tectónicas ou fallas xeolóxicas poden causar terremotos sen estar directamente relacionados coa actividade volcánica (hai áreas con alta actividade sísmica pero sen volcáns activos). Os sismos poden ocorrer debido á liberación de tensións acumuladas ao longo de fallas, sen que haxa presenza de magma ou se involucre a actividade volcánica. Un exemplo é o terremoto de San Francisco en 1906, que foi causado polo esvaramento ao longo da falla de San Andrés, sen relación directa cos volcáns.

Así, a relación entre a actividade volcánica e sísmica está asociada aos movementos das placas tectónicas. Aínda que ocorren por razóns distintas, ambas están relacionadas coa dinámica da Terra.





A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...