03 decembro 2023

SURFEANDO O GLOBO

 

Por qué o noso planeta é como é? A resposta atópase na teoría da deriva continental. A visión do noso planeta desde o punto de vista xeolóxico cambiou drasticamente grazas a esta teoría do meteorólogo alemán Alfred Wegener.

A pesar de dar pé á visión actual da Terra esta teoría non foi ben acollida na súa época. A maioría dos xeólogos non estaban de acordo con ela, só uns poucos crían nesa posibilidade que plantexaba Wegener, aínda que non foi o primeiro en plantexar unha idea mobilista.

Todo comezou en 1912 cunha conferencia pero non tivo repercusión ata a súa publicación do libro A orixe dos continentes e océanos en 1915 no cal o meteorólogo plantexaba unha orixe común, un primeiro e único continente, Panxea.

 
Wegener aínda que estaba especializado en meteoroloxía, estudara física e astronomía chegando a ter un nivel que o capacitaba para dar clase na universidade pero nunca estudara xeoloxía o cal non o axudou a que a súa teoría fora aceptada.

A partir dese momento creáronse dous termos novos, Fixismo e Mobilismo. O fixismo era o punto de vista anterior á deriva continental, que plantexaba que a Terra era coma unha uva pasa. O Mobilismo, en cambio, ve a Terra como algo dinámico, que vai cambiando co tempo.

Wegener propuxo a teoría da deriva continental baseándose en distintas probas:
  • Probas xeográficas:
Estas baséanse na forma que teñen os bordos continentais e no seu perfecto encaixe. Wegener puxo como exemplo as costas de Brasil e África que se ve a simple vista o seu perfecto encaixe.
  • Probas paleoclimáticas:
Están baseadas en glaciacións que ocorreron no pasado en territorios que na actualidade non están conectados e que non poderían acontecer agora debido á posición actual deses territorios.

  • Probas paleontolóxicas:
Estas baséanse en restos fósiles de mesmas especies en distintos continentes separados por un oceano sen vías para chegar a eles.
  • Probas xeolóxicas:
Están baseadas en formacións xeolóxicas iguais nas costas de varios continentes que tiñan un encaixe perfecto entre elas.
  • Probas bioxeográficas:
Baséanse na localización dunha especie en varios lugares aos que non tiña acceso antes do seu posible transporte por parte da humanidade.

A pesar das diversas probas que presentou Wegener, os xeólogos buscaban outras posibilidades para descartar as contribucións deste científico. O rexeitamento desta teoría foi pola razón que lle deu ao movemento dos continentes, dicía que este era debido a atracción luar que creaba unha forza centrífuga que movía os continentes, segundo estimaba Wegener uns vinte metros ao ano.

Wegener traballou na súa teoría buscando nova información durante toda a súa vida publicando ata tres edicións, todas actualizadas coa nova información que ía obtendo. Tamén sacou outro libro no ano 1923 que se titulaba Os climas no pasado xeolóxico, no que presentaba as probas paleclimáticas.

A pesar do seu traballo, Wegener morreu sen recoñecementos pola súa teoría en novembro do ano 1930. A súa teoría foi a propulsora da teoría da tectónica de placas que hoxe en día explica todo o referente ao funcionamento da Terra.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...