A teoría da deriva continental
Alfred Wegener |
Está teoría foi proposta por Alfred Wegener en 1912.Segundo Alfred Wegener, os continentes non eran estruturas fixas na Terra, senón que se movían lentamente ao longo do tempo. Propuxo que os continentes se habían separado e derivaran cara ás súas posicións actuais polo que anteriormente estaban unidos nun supercontinente ao que denominou Panxea (“pan” significa Universo, ”xea” refírese a Terra). Decatouse disto grazas a algunhas probas mencionadas a continuación:
- Supercontinente Panxea: Esta idea baseábase na observación de que os continentes parecían encaixar cando se consideraba a súa forma e contorno.
- Evidencia Climática: Mostrou como as formacións xeolóxicas e os fósiles aliñábanse con antigas condicións climáticas, como glaciares, que non coincidían cos climas actuais desas áreas.
- Evidencia Xeolóxica e Paleontolóxica: Wegener presentou evidencia xeolóxica, como a similitude das formacións xeolóxicas e a presenza de fósiles similares en continentes agora separados por océanos. Isto incluía a existencia de depósitos de carbón en rexións do mundo con climas que non serían propicios para a súa formación na actualidade.
A teoría de deriva continental en si foi rexeitada na súa forma orixinal, sentou as bases para o desenvolvemento posterior da teoría da tectónica de placas, que proporcionou un marco máis completo e apoiado por evidencia para explicar os movementos da litosfera terrestre.
A teoría da tectónica de placas
A teoría datectónica de placas foi desenvolvida principalmente polos científicos Alfred
Wegener e Arthur Holmes, pero consolidouse e recibiu un amplo respaldo na
década de 1960 con contribucións significativas de varios científicos.
Alfred
Wegener(1912): Aínda que Wegener sentou
as bases para a comprensión dos movementos da litosfera. Wegener propuxo que os
continentes se movían a través do tempo.
Arthur Holmes |
Marie Thrap e Bruce Heezen |
J.Tuzo Wilson |
A teoría da
tectónica de placas é un marco máis amplo e aceptado que expande as ideas da deriva
continental. Algunhas das ideas máis importantes da teoría da tectónica de
placas son:
1.División da
Litosfera: A litosfera terrestre está dividida en placas ríxidas que flotan sobre
o manto terrestre fundido.
3.Tipos de Límites de Placas: Nos límites das placas, ocorren fenómenos xeolóxicos significativos. Hai tres tipos principais de límites de placas:
- Converxentes
(onde as placas móvense unha cara á outra)
- Diverxentes
(onde as placas afástanse entre si)
- Transformastes
(onde as placas deslízanse lateralmente unha xunto á outra).
4.Formación e Modificación da Cortiza Terrestre: A tectónica de placas é responsable da formación e modificación da cortiza terrestre. Os procesos como a subdución (unha placa afúndese baixo outra) e a expansión do fondo oceánico contribúen á creación de novas cortiza e a modificación das que xa existen.
5.Actividade Sísmica e Volcánica: A tectónica de placas explica a distribución da actividade sísmica e volcánica na Terra. A maioría dos terremotos e volcáns atópanse nos límites das placas, onde ocorre a interacción directa entre estas.
6.Ciclo de
Wilson: A teoría da tectónica de placas tamén está vinculada ao ciclo de
Wilson, que describe a apertura e peche dos océanos ao longo do tempo
xeolóxico. Este ciclo implica a formación de novos océanos nos límites
diverxentes e a desaparición de océanos nos límites converxentes.
Estas ideas fundamentais da teoría da tectónica de placas transformaron a nosa comprensión da dinámica da Terra e proporcionaron unha base para a explicación de diversos fenómenos xeolóxicos.
Unha vez que sabemos o que propón cada teoría podemos deducir algunhas diferenzas principais:
· A teoría da deriva continental propoñía que os continentes se desprazaban sobre o fodo mariño pero a teoría de tectónica de placas di que os continentes son parte de placas tectónicas (litosfera) que se desprazan sobre o manto da terra que están estado fundido.
· Alfred Wegener centrouse en demostrar o feito de que os continentes se desprazan, por outra banda, a teoría da tectónica de placas centrouse en explicar como ou por que sucedía isto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.