O estudo do interior da Terra é moi complexo xa que non temos instrumentos para poder chegar a tanta profundidade, ademais das altas temperaturas que son moi extremas. Dos aproximadamente 6.370 quilómetros que ten a Terra de radio, solo puidemos chegar a 13 quilómetros.
Hai dúas formas de observar a estrutura interior da Terra:
Mediante OBSERVACIÓNS DIRECTAS:- Perforacións e minas: obtéñense minerais ou rochas que están na codia terrestre. Isto xera a creación de escavacións e túneles que permiten estudar tanto rochas como formacións xeolóxicas.
- Erupcións volcánicas: os volcáns ao expulsar o magma, expulsan á súa vez materiais procedentes do interior terrestre.
- Meteoritos e asteroides: chegan á Terra dende o espazo exterior. Con eles coñeceremos a composición dos materiais que formaron a Terra nos seus inicios.
Mediante OBSERVACIÓNS INDIRECTAS:
Estudo de diferentes parámetros que son medidos por instrumentos precisos para obter información da composición, estado físico... do interior da Terra.
- Método magnético: baséase no estudo dos cambios magnéticos existentes en diferentes lugares. Isto pode indicar, por exemplo, a presenza de minerais metálicos en profundidade.
- Método gravimétrico: a diferenza entre a gravidade nun punto da superficie terrestre e a gravidade esperada, pode indicar que hai algúns materiais determinados no seu interior que provocan esa variación.
- Método eléctrico: a diferente resistividade eléctrica dos materiais terrestres cando se colocan eléctrodos (condutores da electricidade) polos que se fai pasar unha corrente eléctrica de intensidade coñecida pode permitir detectar augas subterráneas, petróleo...
- Estudos de meteoritos: algúns asteroides non xeraron suficiente calor como para derreterse e os materiais que os forman non se chegaron a diferenciar. Por iso os meteoritos poden conter información sobre a orixe do Sistema Solar e sobre cómo é o interior dos planetas.
Hai tres tipos principais de meteoritos:
· Sideritos: teñen unha composición similar á do núcleo terrestre.
· Litometeoritos: a súa composición é similar á da codia terrestre.
· Siderolitos: composición similar á do manto.
- Estudos xeométricos: explican a orixe e o movemento das placas litosféricas.
- Método sísmico: baséase no estudo das ondas sísmicas producidas en terremotos naturais ou por explosións controladas. Analizando a súa velocidade e a traxectoria podemos coñecer a composición química, estado físco e estructura dos materiais que compoñen a parte interna do noso planeta.
Hai tres tipos de ondas:
· Ondas P (primarias): son as máis rápidas. Fan vibrar as partículas no mesmo sentido e dirección no que se move.
· Ondas S (secundarias): son menos rápidas. Fan vibrar as partículas en perpendicular á dirección na que se move.
· Ondas L (largas): prodúcense cando as ondas S e P chegan á superficie. Son as responsables da destrución de moitos edificios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.