A Falla de San Andrés e unha das fallas máis perigosas do mundo xa que na súa maioría encóntranse cerca de cidades como San Francisco e Los Angeles, a segunda cidade máis poboada de Estados Unidos, e afectaría a 10 millóns de persoas. A falla de San Andrés tea unha lonxitude de 1.300 Km e atravesa o estado de California e Baixa California en México. A estes tipos de fala chamámoslle fallas transformantes pero e necesario distinguila xa que existen dous tipos, as dorsales mesoceánicas e as que constitúen
bordes pasivos que se desprazan lateralmente sen destruír nin crear nova litosfera como e o caso da falla de San Andrés. Esta é un borde entre a placa pacífica e a placa norteamericana. Esta falla formouse debido ao desprazamento cara o norte da placa pacífica, é por este movemento polo que se cree que se formou a península de Baixa California xa que a falla pasa entre a península e o continente e que estase a separar 4,6 cm ao ano.
A falla de San Andrés pertence ao Cinto de Fogo do Pacífico unha das zonas con máis actividade sísmica do mundo e abarca toda a costa do océano pacífico, dende as costas de Chile ata a Alaska e de volta cara ao sur ata Nova Zelandia, contendo dentro dela as placas tectónicas Pacífica, de Nazca e Cocos.
O "Big One"
A causa desta falla orixináronse múltiples terremotos na zona dende o norte de California ata o norte de México, o máis forte deles foi de magnitude 8 en escala Richter a poucos quilómetros da cidade de San Diego no ano 1857, onde máis de 225 mil persoas quedaron si fogar e 3 mil aproximadamente perderon a vida. Outro do máis fortes e o máis coñecido foi o de San Francisco en 1906 que tivo unha magnitude de 7,8 aproximadamente e que tivo 10 mil mortos.
O máis recente foi en 2019 cunha magnitude de 7,1 na cidade de Ridgecrest, California, pero no que gracias a os avances en arquitectura soamente houbo un morto e 24 feridos. Aínda cos grandes avances en seguridade ante grandes terremotos, a falla de San Andrés e o medo a un hipotético terremoto cerca da cidade de Los Angeles está á orde do día, xa que é moi probable que nos próximos 30 anos suceda un terremoto de magnitude 8,1 nesa zona, a ese posible terremoto chamámoslle "Big One" e tería unha forza destrutiva similar a o terremoto de 1906. Estes terremotos estímanse que teñen unha periodicidade de 150 anos e o último terremoto que ocorreu nesta parte da falla foi en 1857 polo que se cree que esta zona esta sometida a unha tensión que podería ser liberada nos próximos anos. Aínda así é difícil saber cando ocorrerá exactamente xa que os terremotos son moi impredicibles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.