Esta hipótese foi creada e desenvolta polo meteorólogo alemán Alfred Wegener en 1912, e nos formula unha hipótese mobilista sobre o desprazamento dos continentes. Afirma que os continentes estaban encaixados nun macrocontinente, e fóronse desprazando polo único océano, Panthalassa, ata chegar a ubicación actual. A partir das diferentes probas xeográficas, xeolóxicas e tectónicas, climáticas e paleontolóxicas que Wegener explica na súa hipótese, as evidencas son claras.
Probas Xeográficas: No litoral dos continentes en lados opostos do océano, en especial en África e Sudamérica, pódese apreciar con exactitude a semellanza destes dous lados. Afondando máis neste punto, a unha profundidade de 2000m, podemos apreciar a súa semellanza. Ademais, Wegener foi o creador do nome de Panxea, o nome do macrocontinente que formaron o conxunto de todos os actuais
Probas Xeolóxicas: Cando se deu conta de que os continentes
formaron Panxea fai 30 millóns de anos, a semellanza e secuencia de cadeas rochosas, cordilleiras e demais foi inevitable. Ademais descubriu que tiñan a mesma idade e a misma clase de rochas nos distintos continentes, respaldando así a súa idea.
formaron Panxea fai 30 millóns de anos, a semellanza e secuencia de cadeas rochosas, cordilleiras e demais foi inevitable. Ademais descubriu que tiñan a mesma idade e a misma clase de rochas nos distintos continentes, respaldando así a súa idea.
Probas Paleoclimáticas: A expansión dos casquetes polares durante as glaciacións deixa pegadas no rexistro xeolóxico como depósitos de material transportado polo xeo (morenas) e marcas de abrasión nas rochas que estiveron en contacto coas masas de xeo durante o seu movemento. Por causa destas antigas glaciacións encontráronse tillitas en zonas situadas moi lonxevas
Probas Paleontolóxicas: Wegener encontrou algo deslumbrante, xa que descubriu a existencia de fósiles de mesmas especies en continentes distintos, donde habitaron nos ambos lugares no mesmo período de tempo. Entre estos seres estaban plantas, animais terrestres, réptiles...incapaces de pasar dun continente a outro mediante océanos.
Pero cales eran os pensamentos anteriores a teoría da deriva continental? Abraham Ortelius, dérase conta de que América do Sur encaixaba con África, así que en 1596 expón a idea de que América foi separada de África.
Francis Bacon, entre outros fixeron hipóteses similares, estas ideas de que os continentes variaron de lugar e que se desplazaban entre eles chegaron hasta finais do século XIX. Empeza a cambiar grazas a James Dwight. El suxeríra que as montañas e outros tipos de características xeolóxicas poderían terse formado se a Terra fora líquida no pasado e se solidificase co paso do tempo a medida que se arrefriaba. Ao tempo que o volume das cousas diminúe a medida que baixa a súa temperatura, a Terra teríase contraído mentres se solidificaba e aparecerían montañas e canóns en zonas onde a superficie sólida fragmentouse e deformouse ao verse obrigada a ocupar unha superficie máis pequena. Pero esta hipótese non explicaba como se separaran os continentes... Pola contra, predicía o contrario, que non se correspondía coa realidade.
Pero Wegener non respondía como se puideron mover os continentes co transcurso do tempo, e todo isto evolucionaría con teorías posteriores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.