30 novembro 2023

MATRIOSKA PLANETARIA

NON TODOS OS VOLCÁNS SON IGUAIS

 


Os volcáns son brechas na codia terrestre polas que saen gases e rochas fundidas desde o interior da Terra cara  superficie. Adoitan coincidir cos bordos de placa e poden atoparse tanto na superficie da Terra como no fondo do mar.. Non só atópanse na Terra, tamén hai volcáns noutros planetas e satélites.

Os volcáns pódense clasificar de diversas formas, dependendo do seu tipo de actividade, da súa forma, da súa orixe etc...Tamén se poden clasificar segundo os distintos tipos de erupcións que varían segundo a viscosidade, temperatura e elementos disoltos no magma.

 Os tipos de erupcións son:


  • Erupción Hawaiana. Nestas erupcións a lava é moi fluída e non hai desprendementos gasosos explosivos. A lava  desborda ao exceder o cráter e forman correntes que se deslizan polas ladeiras do volcán, que adoitan ser de pouca pendente, percorrendo grandes distancias.
  • Erupción Estromboliana ou Mixta.Neste tipo de erupción os materiais en erupción altérnanse, o que dá como resultado un cono volcánico estratificado en capas de lava fluída e materiais sólidos. Como na erupción Hawaiana lava é fluída, pero a diferenza desta a lava non percorre tanta distancia e ademais despréndense gases violentamente, escouras e lapilli.
  • Erupción Vulcaniana. Nestas erupcións prodúcense grandes desprendementos de gases e explosións moi fortes que pulverizan a lavan producindo unha gran cantidade de cinzas. A lava é máis espesa e consolídase rapidamente, ao solidificarse, os gases que desprende rompen a propia lava e vólvea irregular formando lava de tipo Aa. Estes volcáns teñen un cono volcánico moi empinado.
  • Erupción Pliniana ou Vesubiana Nestas erupcións a gran presión dos gases produce violentas explosións, que en ocasións extremas pode formar coadas piroclásticas que baixan rapidamente polas ladeiras do volcán e sepultan en cuestión de minutos grandes superficies de terreo, mesmo cidades enteiras como paso en Pompeia co Vesubio, ao arrefriarse estas coadas fórmase un tipo de rocha chamada ignimbrita. A parte das coadas piroclásticas tamén se forman nubes de cinzas que se precipitan sepultando grandes extensións. Este tipo de volcán adoita ser de grandes dimensións debido á superposición de estratos formados pola alternancia de erupcións de piroclastos e erupcións de lava.
  • Erupción Freatomagmática ou Surtseyana. Este tipo de erupcións danse en volcáns de tipo freatomagmático os cales se atopan en augas pouco profundas. No cráter destes volcáns hai lagos e ás veces tamén fórmanse atolóns. As súas erupcións son particularmente violentas debido á enerxía producida pola expansión do vapor de auga quentada de súpeto. A diferenza dos tipos de erupcións anteriores esta non expulsa lava nin rochas.
  • Erupción Peleana. Nestas erupcións lava é moi viscosa e consolídase moi rápido, como consecuencia o cráter queda tapado pola propia lava formando o que se denomina como pitón. No interior do volcán acumúlanse gases que exercen presións moi altas o que produce unha gran explosión que nalgúns casos levanta o pitón e noutros rompe a parte superior de ladeira do propio volcán.
  • Erupcións fisurais. Estas erupcións prodúcense en fisuras na codia terrestre que poden chegar a ter quilómetros de lonxitude. A actividade nestes volcáns fisurais non é explosiva, a lava expulsada e fluída e forma grandes mesetas ou traps.






29 novembro 2023

NO MAIS PROFUNDO DO OCÉANO




 Realizáronse moitas investigacións ao espazo e creamos tecnoloxía moi diversa para o estudo deste, pero sen embargo o fondo oceánico non é de todo coñecido polo ser humano. Son poucas as persoas que viaxaron ata o fondo da Fosa das Marianas.
As fosas oceánicas son depresións alongadas no fondo oceánico, principalmente formado por subdución. As fosas son os lugares coa maior profundidade rexistrada no océano, neste caso vamos falar do contexto xeolóxica na fosa máis profunda do planeta Terra, a Fosa das Marianas.

Non se sabe con plena exactitude a formación desta fosa pero a maioría dos expertos afirman que foi mediante subdución da corteza terrestre. A subdución ten varias formas de formación pero a fosa das Marianas formouse mediante un proceso polo que unha placa con maior densidade choca cunha de menor, facendo que esta se afunde dentro do manto. As zonas de subdución tamén se asocian a volcáns e arcos de illas. En cada proceso de subdución fórmase un ángulo de subdución, neste caso é duns 90º. A fosa de Xapón e a de Porto Rico formouse tamén desta maneira.

Pero temos que ter en conta que esta fosa xunto cas illas Marianas forman ``O Cinto de fogo´´ que é unha das zonas máis importantes de subdución do mundo que abarca o océano pacífico, con grandes actividades sísmicas e volcánicas. Esta zona está pousada sobre unhas placas tectónicas as cales están en fricción permanentemente e por iso acumulan tensión a cal é liberada en forma de sismos e unha importante zona volcánica. 

O estudo das fosas demostrou que no fondo destas atópanse sumideiros de carbono, xa que estas atrapan sedimentos e forman unha zona activa .


QUEBRACABEZAS TERRESTRE


Actualmente, coñecemos con exactitude como é a superficie terrestre, grazas a tectónica de placas, pero orixinalmente foi a da deriva continental a primeira hipótese mobilista.
Esta hipótese foi creada e desenvolta polo meteorólogo alemán Alfred Wegener en 1912, e nos formula unha hipótese mobilista sobre o desprazamento dos continentes. Afirma que os continentes estaban encaixados nun macrocontinente, e  fóronse desprazando polo único océano, Panthalassa, ata chegar a ubicación actual. A partir das diferentes probas xeográficas, xeolóxicas e tectónicas, climáticas e paleontolóxicas que Wegener explica na súa hipótese, as evidencas son claras.

Probas Xeográficas: No litoral dos continentes en lados opostos do océano, en especial en África e Sudamérica, pódese apreciar con exactitude a semellanza destes dous lados. Afondando máis neste punto, a unha profundidade de 2000m, podemos apreciar a súa semellanza. Ademais, Wegener foi o creador do nome de Panxea, o nome do macrocontinente que formaron o conxunto de todos os actuais


Probas Xeolóxicas: Cando se deu conta de que os continentes

formaron Panxea fai 30 millóns de anos, a semellanza e secuencia de cadeas rochosas, cordilleiras e demais foi inevitable. Ademais descubriu que tiñan a mesma idade e a misma clase de rochas nos distintos continentes, respaldando así a súa idea.


Probas Paleoclimáticas: A expansión dos casquetes polares durante as glaciacións deixa pegadas no rexistro xeolóxico como depósitos de material transportado polo xeo (morenas) e marcas de abrasión nas rochas que estiveron en contacto coas masas de xeo durante o seu movemento. Por causa destas antigas glaciacións encontráronse tillitas en zonas situadas moi lonxevas


Probas Paleontolóxicas: Wegener encontrou algo deslumbrante, xa que descubriu a existencia de fósiles de mesmas especies en continentes distintos, donde habitaron nos ambos lugares no mesmo período de tempo. Entre estos seres estaban plantas, animais terrestres, réptiles...incapaces de pasar dun continente a outro mediante océanos. 

Pero cales eran os pensamentos anteriores a teoría da deriva continental? Abraham Ortelius, dérase conta de que América do Sur encaixaba con África, así que en 1596 expón a idea de que América foi separada de África.
Francis Bacon, entre outros fixeron hipóteses similares, estas ideas de que os continentes variaron de lugar e que se desplazaban entre eles chegaron hasta finais do século XIX. Empeza a cambiar grazas a James Dwight. El suxeríra que as montañas e outros tipos de características xeolóxicas poderían terse formado se a Terra fora líquida no pasado e se solidificase co paso do tempo a medida que se arrefriaba. Ao tempo que o volume das cousas diminúe a medida que baixa a súa temperatura, a Terra teríase contraído mentres se solidificaba e aparecerían montañas e canóns en zonas onde a superficie sólida fragmentouse e deformouse ao verse obrigada a ocupar unha superficie máis pequena. Pero esta hipótese non explicaba como se separaran os continentes... Pola contra, predicía o contrario, que non se correspondía coa realidade.
Pero Wegener non respondía como se puideron mover os continentes co transcurso do tempo, e todo isto evolucionaría con teorías posteriores.






24 novembro 2023

ENTRE O RUMOREO DO LUME E O RUXIDO DA TERRA

 

A actividade volcánica e a actividade sísmica poden estar relacionadas a través dos procesos que afectan a cortiza terrestre, pero non sempre ocorren ao mesmo tempo nin nos mesmos lugares. Ambos os fenómenos relaciónanse coa liberación de enerxía na Terra, (que pode ser provocada polo movemento de placas tectónicas, o ascenso de magma ou a presión no interior da Terra). Poden ocorrer por diversas razóns, poden suceder en zonas con pouca actividade volcánica ou ao revés. A conexión entre a actividade volcánica e sísmica baséase nos movementos das placasa tectónicas, pero a súa coincidencia non é universal nin constante. Hai razóns polas que poderían estar relacionadas e por que non sempre coinciden.


Nos procesos tectónicos. Tanto a actividade volcánica como os terremotos están relacionados á forma en que as capas da Terra móvense e cambian. Por exemplo, nos límites de placas tectónicas, onde estas empúxanse ou se separan, pódense producir tanto terremotos como actividade volcánica.

Tamén coinciden en que teñen a mesma fonte de enerxía. Ambos os fenómenos orixínanse pola liberación de enerxía acumulada na cortiza terrestre. Esta enerxía pode ser liberada debido á presión de magma (actividade volcánica) ou ao esvaramento de placas (terremotos).

Por outra parte, os movementos de placas tectónicas ou fallas xeolóxicas poden causar terremotos sen estar directamente relacionados coa actividade volcánica (hai áreas con alta actividade sísmica pero sen volcáns activos). Os sismos poden ocorrer debido á liberación de tensións acumuladas ao longo de fallas, sen que haxa presenza de magma ou se involucre a actividade volcánica. Un exemplo é o terremoto de San Francisco en 1906, que foi causado polo esvaramento ao longo da falla de San Andrés, sen relación directa cos volcáns.

Así, a relación entre a actividade volcánica e sísmica está asociada aos movementos das placas tectónicas. Aínda que ocorren por razóns distintas, ambas están relacionadas coa dinámica da Terra.





A CHEGADA DA PRIMAVEIRA E O GRAN CAMBIO

Ca chegada da primavera, chega a revolución dentro dos nosos organismos. Pero qué é todo isto? Como se forma a chegada da puberdade ao noso ...