O VIH é a SIDA son dous conceptos moi diferentes, o VIH é o virus da inmunodeficiencia humana, que causa infección cando entra nonoso organismo interior, e A SIDA é a síndrome de inmunodeficiencia adquirida, unha infección que aparece no noso organismo, como consecuencia de que o virus danou demasiado o noso sistema inmunitario e non somos capaz de combatelo, aínda que non sempre todas as infeccións do VIH causan SIDA, o VIH sen tratamento pode causar infeccións agudas e infeccións crónicas.
TRATAMENTOS.
O VIH non ten unha cura en específico, cando contraes unha infección dese virus o noso corpo non pode desfacerse dela, por iso existen tratamentos que controla o VIH e previr complicacións na nosa vida. Un deses tratamentos sería:
A terapia antirretroviral (TARV): Uns medicamentos que axudan a reducir o VIH no sangue ao noso corpo, non obstante, non curan a infección do virus, pero axudan ás persoas ter unha vida máis longa e saudable. Eses medicamentos son:
Inhibidores da transcriptase inversa non nucleósidos.
Inhibidores nucleósidos da transcriptase inversa.
Inhibidores da protease.
Inhibidores da integrase.
Inhibidores de entrada ou de fusión.
Profilaxis preexposición (PrEP): Son medicamentos que se toman para reducir as posibilidades de contraer a infección polo VIH a través de relacións sexuais ou do uso de drogas por inxeccións.
Profilaxis post-exposición (PEP): Son medicamentos que se debe tomar despois dunha posible exposición ao VIH, só debe usarse en situacións de emerxencia para evitar contaxio.
É neses tratamentos nos poden dar uns síntomas do máis común ao noso organismo como:
Náuseas e vómitos.
Diarrea.
Dificultade para durmir.
Sequedade da boca.
Dor de cabeza.
Sarpullido.
Mareo.
Fatiga.
MEDIDAS PREVENTIVOS.
Na nosa vida podemos evitar comportamentos que poden favorecer a infección por VIH, entre esas medidas destacan recomendacións básicas para previr o VIH e son:
Uso preservativos de relacións sexuais: Manter relacións seguras é importante utilizar protección.
Non comparta agullas, xiringas e outros materiais de inxección: É fundamental o uso de asépticos.
Realizar controis de VIH e outras ITS e infeccións de transmisión sexual.
Solicitar tratamento médico antes ou despois dun contacto arriscado.
As vacinas son un tema común actualmente, pero as vacinas non se inventaron ata 1761 por Edward Jenner. Jenner era un científico e médico inglés que descubriu a vacina da variola. Pero, como fixo este descubrimento?
A variola humana provocaba que un de cada tres afectados morreran e os que sobrevivían tiñan cicatrices e calvicies, ademáis de que algúns deles tamén acababan con cegueiras.
Aínda que se di que Jenner foi o descubridor da vacina, a primeira persoa en vacinar a alguen foi Lady Montagu aos seus fillos.
Jenner descubriu a vacina da variola por accidente, estaba atendendo a unha rapaza por uns granos e ela dixolle que sabía que non era variola porque xa tivera a variola de vaca. Esa frase fixo pensar a Jenner que observou que, efectivamente se alguén se infectaba de variola bovina non se infectaba de variola.
A variola bovina non era mortal, era unha variante procedente de vacas, de ahí provén o nome, que contaxiaba maioritariamente as mulleres que muxían vacas e a súa familia.
Jenner pensou que se alguén se contaxiaba de variola bovina non morrería se era contaxiada da variola humana e, para demostralo, inxectou pus de variola bovina a James Phipps, fillo do seu xardiñeiro. Despois de que o neno pasara pola variola bovina quedaba o máis difícil e peligroso de demostrar, que agora estaba inmunizado á variola, que era inmune a ela.
Para demostrar que agora James era inmune á variola Jenner infectouno de variola humana arriscando a vida de James. Aínda que iso é completamente inmoral, esa decisión de arriscarse e infectar a James de variola foi un invento revolucionario xa que Jenner tiña razón e James estaba inmunizado agora contra a variola e ese procedemento podía ser usado por todo o mundo.
Este procedemento, como xa se sabe, agora e usado para previr moito tipo de enfermidades e, grazas a Jenner non só se poden previr moitas enfermidades senon que grazas a el xa non existe a variola en ningunha parte do mundo.